jueves, 26 de marzo de 2015

Ruta os Catro Picos (Pontevedra)

RUTA CATRO PICOS (PONTEVEDRA)

19 de abril de 2015. Ainda os galos estaban co seu primeiro sono cando 6 integrantes de BTTNocelo deixaban os seus aposentos para partir hacia un novo reto. Desta vez traspasarían os limites da provincia para asistiren a “Pontevedra 4 Picos Bike, Desafio Rias Baixas”.
Mingos, Vallejo, Michel, Jorge, Vicente e Javi ali se presentaron na línea de saida, acompañados de outros miles de participantes de toda a xeografia de Galicia e incluso de España. Botámos en falta a presencia do “icono” do BttNocelo, o noso querido Pepe (Nocelojar) que, debido a unha lesión, non puido acompañarnos desta vez. Solo 2 intrépidos se atreveron a afrontar os 4 Picos, Vicente e Jorge, con 120kms e uns 3500mts de acumulado,  os demais conformariamonos con ser finishers da 2 Picos cuns nada despreciables 65kms e mais de 1500mts de acumulado.
Cerca das 9hsr da maña tomamos a saída desde o centro de Pontevedra, logo dun par de kms polas rúas pontevedresas xa nos adentramos nos bosques de eucaliptos por uns sendeiros estreitos, moi bonitos pero que, debido a gran afluencia de bikers, fixo que se formara un gran embotellamento que nos levaría a facer os primeiros 6-8kms case en andaina con paradas constantes. Unha hora nos levou facer os primeiros kms!!
Logo que a pista se fixo un pouco mais ancha, xa empezou a desperdigarse o pelotón e cada un xa foi collendo o seu sitio para subir con calma o primeiro pico “Lago de Castiñeiras”, no alto estábanos esperando o primeiro avituallamento, con todo tipo de bebidas, fruta e dulces, acompañado dunha impresionantes vistas da ria. Logo empezaría a espectacular baixada, que debido as ultimas choivas, facia que as veces resultara incluso perigosa e que puña a proba o temple dos bikers. Baixada prácticamente a cero para volver a escomenzar o seguinte pico “A Fracha” que non tiña unha altura tan grande pero o desnivel tamen era para tomalo con moita calma. Como de costumbre no alto volvía estar esperándonos o premio do avituallamento e sobre todo cando nos dixeron que xa todo era baixar ata chegar a meta, xa sentimos que o reto xa staba casi conseguido. Quedaba ainda algún repecho que outro que che facian arder as pernas e un largo llaneo a beira do rio para chegar a meta donde nos entregarían o trofeo de Finisher da 2 Picos Bike. Empanada, sanwiches, fruta, e bebidas isotónicas a fartar para recuperar forzas, lavado de bicis, duchas e incluso estands de grandes marcas de roupa e bicicletas, faciannos pensar que non estábamos nunha marcha calquera…
Destacar sobre todo a actuación de Vicente e Jorge que concluiron a 4 Picos en posicións de casi profesionais e, tamen de Michel, o integrante mais novo do BttNocelo que fixo a 2 Picos a un ritmo impresionante chegando na posición 29.

Dende aquí darlles a NORABOA o clube Roda do Demo por organizar un evento de estas características cun despliegue de medios impresionante onde ninguen se sentiu defraudado, a pesar do monton de ciclistas inscritos na proba. O ano que ven volveremos, e quen sabe, igual nos atrevemos todos cos 4 Picos… 
Se ai un GRUPO  que  todos os anos son os primeiros en apuntarse  a Ruta do Cocido , ises son  os amigos da Roda do Demo  de Pontevedra.

                                                                                                                         Editor:Javi

Fotos da Ruta





                                                                                            FOTO: Carlos Javier Serrano 

                                                                                                            Foto Carlos Javier Serrano






















 Pois agora tocanos anos corresponder xa que o vindeiro  19 de ABRIL organizan unha macro Ruta de 120kms , denominada Cuatro Picos, donde a dia de  hoxe  e faltando case un mes para a sua disputa xa ai mais de 1000 inscrittos... a festa esta asegurada.

   O primeiro paso xa esta feito que e era  facer a Inscricion..Para Terras de Pontevedra iremos:

                     Vicente, o que vai facer de maestro de ceremonias xa que reside na cidade de Pontevedra, Vallejo, para tirar por o llano, Mingos, para apretar os tornillos das Bici, Javi, para non deixarnos beber moitas cervexas,
Jorge o que quere acompañar o Tio Vicente os Catro Picos , Michel, para darnos un pouca de caña, e PEPE para lebar os chourizos.