lunes, 23 de mayo de 2016

MARCHA BTT PADRENDA

PADRENDA 2016

Domingo 22 de mayo de 2016,
Tocaba madrugar desta vez, catro integrantes do BttNocelo tiñan unha cita cos amigos de BttPadrenda para participar, por primeira vez, na ruta que nos tiñan preparada polos montes do concello. Polos videos que tiñamos visto nas redes, a ruta prometía xa que os sendeiros e paisaxes eran expectaculares. A horiña de coche ata alá fíxose curta porque sabíamos que a ruta non nos deixaría indiferente, ainda que, “solo” fosen 30kms. Acostumbrados a rutas un pouco máis longas xa levábamos preparada unha extensión de uns 10kms a maiores no gps por si nos puñamos valientes e non nos chegaba…
Era unha ocasión especial xa que estrenábamos equipación nova e era o dia ideal para sometela as primeiras probas de calidade. Aparte algún membro do grupo tamen estrenaba oficialmente nova montura polo que había un cumulo de sensacións e un ambientillo que enseguida nos fixo olvidar o madrugón dunha maña de domingo.
Cando chegamos xa nos tiñan preparado un bo almorzo a base de café, colacao e bica que boa  conta demos del mentres facíamos cola para recoller os dorsais. Moitisimas personas da organización se deixaban ver por alí que en todo momento nos atenderon perfectamente. Empezaban a chegar coches cargados con bicis, moitas delas de doble suspensión, o percorrido iba a ser moi interesante…
Cerca dun centenar de participantes arrancamos do pabellón de deportes e logo dun pequeno tramo de asfalto comenzábamos a rodar por camiños e sendeiros acompañados dunha neboa que parecía que quería descargar algo de auga sobre nos pero que logo acabou disipándose dando paso a un precioso dia de Btt. Nos primeiros kms o noso compañeiro Michel empezou a ter problemas co aire das rodas, tivo que facer unha parada para encher polo que decidimos ir tirando xa que non tardaría en collernos xa que non ten ningún inconveniente en ir rápido. Decir que a ruta estaba perfectamente marcada con cintas e con pintura no chan e non tivemos ningún problema nese sentido.
Enseguida empezou o, que para min, é a ruta mais bonita das que levamos participado ata agora… Xa nos esperábamos algo así pero a realidade superou todas as nosas expectativas e os paraxes que íbamos atravesando ibanse superando kilómetro a kilómetro. As constantes subidas que había facíanse amenas polo disfrute da paisaxe, sobre todo pola beira do río, unha zona que non puidemos deixar de fotografiar para deixar constancia de eses colores verdes e ocres que nos ofrecía o percorrido. Asi fomos chegando a zona de avituallamento, sanwiches, bebidas, fruta e incluso gominolas a disposición dos participantes. Unhas fotos con nosos amigos da Parroira e con Francisco e Jacinta e continuamos pedaleando mentres unha voz de fondo nos decía “gardade forzas para o final”…. O percorrido ibanos dando unha de cal e outra de area… Unha baixadiña bonita para logo volver a subir… Enseguida nos demos conta da dureza da ruta e decidimos, por unanimidade, neutralizar o tramo que levábamos preparado a maiores da casa. As constantes subidas levaronnos ata o mais alto da zona, onde as antenas de telefonía coronaban o cumio da montaña. Outro mini-avituallamento nos esperaba ali que degustamos sentados nun banco disfrutando da paisaxe que se divisaba dende tanta altura. Sencillamente espectacular…
A partir de agora solo seria baixar polo que puxemos os amortiguadores en aberto para ir disfrutando da baixada. Pouco nos durou, as subidas ainda non terminaran e as continuas baixadas e subidas facian que as pernas foran pouco a pouco flaqueando.
Por fin, a chegada a meta despois de 30 kms con case 1200 mtrs de acumulado! Esperábanos unha zona de lavado de bicis digna dun campeonato do mundo, unha duchiña no pabellón e logo un bo churrasquiño para recuperar forzas.
Sobre as 5 da tarde chegabamos a casa, cansados pero contentos, moi satisfeitos de participar nunha ruta desas que deixan huella, que fan disfrutar da auténtica esencia do btt, a natureza…

Solo me queda dar a noraboa o clube Btt Padrenda pola gran organización e polo gran acollida que nos deron, facendonos sentir que estábamos como en familia e do percorrido non se pode decir moito mais con palabras, hai que vivilo, por eso xa estamos contando os días para o ano que ven volver…

                                                                                                                Cronica: Javi Alonso
                                                                                                                Fotos: Nocelojar