martes, 8 de noviembre de 2016

Tour de Rios 2016

Domingo 6 de Novembro de 2016
Varios integrantes de BttNocelo, levantámonos á maña para levarmos a cabo a VIII Tour da Castaña do Riós. O primeiro que fixemos foi botar unha ollada pola ventana e ver si o “home do tempo” levaba razón niso de que iban a baixar as temperaturas ata 10 grados! O ceo estaba despexado… había xeada…
Vallejo, Jose, Raul, Michel, Mingos, Pepe e Javi chegamos ó Riós sin ter ainda moi claro de si de “corto” ou de “largo”… Sabiamos que sairía o sol pero facía un frio que pelaba. Chegamos con tempo para tomar un cafeciño quente no bar do pobo e para coller os dorsais sin prisa. Non se preveía unha Ruta multitudinaria pero sabíamos que o percorrido nos iba a gustar.
Apenas 50 bikers na saída de meta. Parecía mais ben unha quedada entre amigos… Parecía, porque nada mais dar a saida un grupiño de participantes saliu dando lume… claro, había trofeo para os tres primeiros… Entre eles tiñamos os mais novos do grupo, Michel e Raul que iban dando conta dos de adiante… Os demais salimos xuntos pero co paso dos kilómetros fomos situándonos cada un según o seu nivel e fomonos escagallando polo camino cuns centos de metros de distancia uns dos outros. O percorrido era do que a nós nos gusta, sendeiros e camiños antigos sen moita dificultade técnica case sempre rodeados de castiñeiros centenarios polo que parecía que iba a ser unha ruta tranquila para disfrutar da paisaxe… Nos primeiros kilómetros Michel xa tivo que abandonar o grupo de cabeza por un pinchazo, axudamoslle a cambiar a cámara e volveu arrancar a toda mecha. Pero os problemas solo fixeron mais que empezar. Algun que outro tramo mal sinalado deu paso a algunha que outra pérdida polo que chegamos o avituallamento un pouco revoltos na clasificación. Un avituallamento demasiado corto, xa que se facía no km 20 e a ruta constaba case de 50km. Ata ahí un recorrido bastante ameno pero o difícil empezaba a partires de ahí como xa nos avisaran antes da saída. Vallejo deixounos neste punto logo de encontrarse indisposto xa dende primeira hora debido a un sábado moi atarefado que acabou pasandolle factura… Os demais continuamos sen saber moi ben onde estábamos cada un xa que o que mais e o que menos se perdera en algún tramo…
Seguimos entre castiñeiros, sendeiros e canellas pero xa empezaban as subidas duras. Un servidor (Javi), xa levaba uns cantos kilómetros en solitario xa pensando que sería asi o resto da ruta, cando despois dunha gran subida ali estaban o resto do equipo cas bicis cas rodas para arriba… outro pinchazo… Tomámolo con humor e decidimos continuar xuntos ata o final, os trofeos podían esperar… Fotos e moito cachondeo eran os acompañantes no noso particular Tour da Castaña.
Empezamos a subidas e baixadas continuas, rompepernas e, logo dun pouco, rompecadeas! Increible, as averías non terminaban. Miramos os reloxios e o tempo viñasenos encima, houbo que facer chamadas para aplazar as comidas en familia porque xa se vía que íbamos chegar tarde… Parecía que canto mais nos achegabamos a meta mais difícil se puña a ruta, as constantes paradas para reparar averías facían mella nas pernas que logo lles costaba volver entrar en calor. Uns últimos repechos e cuns golpes de bombín conseguimos vislumbrar por fin a liña de meta, de últimos claro, pero contentos de acabar. Unha duchiña quente e, como xa cancelaramos a comida cas familias, decidimos comer o menú que a organización nos tiña preparado todo baseado en castaña e cogumelo, por suposto. Entrega de trofeos cun dos nosos como segundo clasificado (Raúl, NORABOA!), sorteos e mais fotos fixeron que o final fose un gran dia de disfrute do btt e dos amigos. Quizais non fose das rutas mellor organizadas das que temos participado pero sabemos que a organización fixo o que puido, o percorrido precioso e seguramente o ano que ven mais e millor.


                                                                                 Cronica: Javier  Alonso
                                                                                     Fotos: Nocelojar