Páginas

jueves, 25 de marzo de 2021

Ruta do Lazaro 2021

 Ruta dos Lázaros 2021 (VERIN) Domingo 21.03.2021

Xa facía tempo que non se nos vía ós Nocelos nunha ruta organizada. Debido a toda esta pandemia as saídas en bici reducíronse bastante e sobre todo en compañía e xa había ganas.

Logo do éxito da Ruta do Cocido de este ano nun formato totalmente adaptado as novas circunstancias, os nosos amigos do BttVerín, acostumbrados a organizar diferentes rutas ó largo do ano, tamén decidiron facer a Ruta dos Lázaros da única forma posible agora mesmo pero que tamén ten o seu aquel, asique os Nocelos alí tiñamos que estar, por suposto!

A semana antes, as conversas a través do watsap facían presaxiar unha ruta das de verdade, das que xa facía tempo que non facíamos e así foi… As 8.30 da maña, todos no Bar Parque de Trasmiras para tomar café para logo ir cara o Val de Monterrey a disfrutar dun soleado día de bici.

A maña estaba ben fresca pero uns chupitos de licor fixéronnos entrar en calor rápidamente… As 9.30 da maña alí estábamos na Praza do Concello dispostos a dar a saída. Carlos, Roberto, Mingos, Nando, Champi, Miguel, Yerai, Javi, Joao, Ruben, Pepe e Angel e un servidor que xa estábamos esperando… Arrancamos dirección Cabreiroá en grupos de 4 ou 5 ca debida distancia e pronto empezaríamos a entrar en calor nas primeiras subidas unha vez que deixamos atrás as calles asfaltadas, antes tivemos que facer un curso intensivo de gps xa que era a única forma de seguir a ruta e non estamos moi habituados…

Todos tranquilos e sin correr moito puxemos rumbo o monte cas mochilas ben cargadas de alimento, xa que como non había avituallamento había que tráelo da casa porque un ciclista necesita comer e os Nocelos inda mais… Fomos acercándonos a zona da Capilla do San Antón onde nos esperaba o primeiro paso dun regato, a esas horas con esa temperatura non había moita gana de mollar os pes polo que cada un pasou por onde puido… Como de costumbre saliu un “Valente” que se meteu ca bici e por suposto aproveitou para lavar os pés…

Enseguida se foron compoñendo os grupos segundo o nivel de forma física dos ciclistas ainda que sempre esperábamos uns polos outros porque non importaba chegar antes ou despois, importaba pásalo ben en compañía. A ruta foi transcurrindo por debaixo do impresionante viaducto de Sta. Marta para logo ir acercándonos a Fonte do Sapo e a zona dos Remedios en dirección a Castrelo do Val alternando entre algo de pista, algo de carroucho e disfrutando da temperatura agradable dun día de primavera.

Chegados a Castrelo do Val, na metade da ruta, o gps marcaba por unha calle a dereita pero as nosas mentes estaban postas no avituallamento e, sin darnos conta, xa estábamos sentados na terraza do bar para dar conta das barritas enerxéticas con forma de chourizo e queixo e pan que enchían as nosas mochilas… todo eso acompañado das correspondentes cervexas frescas… o tempo corría pero non importaba, había que repoñer forzas! E vaia se o fixemos!

Lástima polo noso compañeiro Nando que non se encontraba ben do estómago e solo puido disfrutar dun plátano e do noso amigo Angel, que viña con intención de competir pero non elixiu ben o día… e botaba as mans a cabeza mentres os Nocelos comían e bebían como se fora unha boda…

Unha hora despois decidimos continuar ca ruta, agora esperabanos un llaneo ata a zona de Vences onde tivemos unha boa subida que nos levaría a unha trialera entre pinos onde poder demostrar as habilidades ca bicicleta xa que tiña unha curvas de case maniobrar. Logo un bo pisteo para dar lume ata a zona do Castelo onde volvemos apretar os dentes para subir unha pequena calzada de pedra que nos levaría rodeando o Castelo e disfrutando dunha boas vistas de Verin. Xa solo quedaba baixar ó pé do Parador por un sendeiro que nos levaría ata o cuartel da Garda Civil e logo polo paseo o longo do río ata o punto de partida. 38kms e varias horas de disfrute da bicicleta nun estupendo día de btt que nos brindaron os compis de Verín e que queremos agradecer enormemente, xa que nestas circunstancias que nos tocou vivir sempre se agradece que siga o interés pola nosa afición e poder seguir disfrutándoa anque nos tiñamos que adaptar as novas circunstancias… Noraboa!

Sentidiño e vémonos no monte!