XVIII Xuntanza BttNocelo2023
Un ano máis, non podía faltar a tradicional Xuntanza de
BttNocelo. Este ano, é como se do Tour de Francia se tratara, abrimos fronteiras
e a saída e a chegada fixémola dende as piscinas de Vilaseca (as mellores da
Limia ) e a verdade que foi un acerto. As 8:30 da mañá, xuntámonos alí :Javi,Ramón,Echeve,Sandro,Paco,Champi,Mikel,
Stiven,Mingos,Formoso e Pepe. A saída ata Nocelo sería neutralizada, fotiño de
rigor, e veña lume ,o de lume era broma xa que a ruta máis ven trátase de
confraternizar e ir de conversa, inda que algún pique houbo. Aínda rodamos uns
km por territorio de Nocelo, seguindo o track da Ruta do cocido de iste ano
,ata que chegando a Escorbabois tivemos as primeiras sorpresas, silvas e fentos
apoderándose do camiño, nembargantes non foi impedimento para o grupo, xa que o
noso amigo Mingos sempre ve un claro. Decir que aínda que estamos en agosto había
auga nos camiños, imaxinaivos como estarían en xaneiro.
Con media hora de adianto chegamos ao Avituallamento que
como sempre sería no bar parque de Trasmiras. Aquilo parecía un xantar porque comimos
: empanada, chourizo, salchichón, xamón e tortilla, pero que tortilla, mil grazas
a nosa amiga Vanesa.
O peor de todo, foi reanudar a marcha o astro Rei, xa facía acto de presencia e o
termómetro rondaba os 30°, encima collemos algún tramo de ruta no que
directamente, xa non había camiño e tivemos que facer un carreiro para pasar,
coas bicis Aínda que a intención era facer a ruta larga, por unanimidade
decidimos tirar para o punto de partida. O reloxo marcaba as 13 do mediodía e a
temperatura volvíase abafante por momentos.
Que gran acerto, como prestou ese baño para baixar a
temperatura,uníronse algúns compañeiros que non poideron vir a Ruta: Jose
Manuel, Carlos e Gorka. Unhas cerveciñas ven frías e rumbo a Nocelo, onde nos
esperaba un bo xantar no bar do pobo. E para rematar, calimocho! O reloxo, xa
marcaba as 17 da tarde e dimos por rematado o xantar, pero a Xuntanza aínda non
remataría aquí, cambiamos de novo o emplazamento ata as piscinas do Concello de
Trasmiras, onde seguiu a sobremesa ata as 21 da noite, e que máis decir, que ben
se está rodeados de amigos. Vémonos no monte.
El mejor club de Galicia, top, top
ResponderEliminar