Eran as 7.30 da maña cando empezaba a conta atrás para a
primeira ruta do ano. Si amig@s, a XIII Ruta do Cocido xa estaba aquí!
Os Nocelos nerviosiños perdidos a ver como transcurriría
esta xornada. Faltaba solamente preparar o Pabellón para poder dar os dorsales
ós corredores e, de paso, un chocolatiño quente que ben o merecían xa que a
maña estaba ben desangelada…
Este ano, moi a pesar noso, acompañaríamos case toda a
xornada a borrasca Hipólito, que de seguro oiu falar ben da Ruta do Cocido e
decidiu participar. Durante toda a semana as previsións eran cada día peores e
así foi… Tendo en conta as fechas nas que estamos tampouco nos debería de
sorprender pero a esperanza é o último que se perde… Ainda así debemos de ser
positivos, seguramente Hipólito foi o culpable de que o noso “amigo invisible”
non nos quitara nin cambiara ningunha cinta nin flechas, asique nin tan mal…
O que sí nos sorprendeu moi gratamente foi que, dende moi
cedo, a xente iba chegando e chegando, co bo rollo que se respira neste tipo de
eventos e os ánimos estaban moi altos. Chegada a hora de saída as 9.30 non
faltaban mais de 5 ou 6 bikers dos mais de 200 que estaban apuntados.
Alucinante!
Demos a saída acompañados dunha orballada típica galega, eso
sí, a temperatura boa asique alá fomos!
Salida neutralizada para callejear por Trasmiras e logo lume
polo monte adiante. 45kms por diante para a ruta larga e 38 para a corta. Cun
acumulado bastante levadeiro se non fose polo barro acumulado durante as
choivas dos días anteriores que multiplicaba o esforzo por 2 ou incluso por 3.
Tivemos que movilizarnos rápidamente para preparar os
diferentes puntos de avituallamento xa que os primeiros levaban moita presa. A
chuvia iba a mais e con vento nalgunhas zonas. Os primeiros kilómetros e xa non
se recoñecían as caras dos bikers, menuda maña…
Nos primeiros kms xa lles tiñamos preparada unha especial
Matahomes (con alternativa) para os mais valientes e para ir entrando en calor.
Eso sí, perfectamente amenizada con música variada, licor e gominolas. O azúcar
é un bo aliado para os grandes esforzos… empezaba a festa…
O plato principal estaba no km 17 no primeiro
avituallamento, un lugar desolador, entre pinos, con néboa. Alí esperaban o
home da gadaña e os irmans Sawyer da matanza de Texas ca súa motoserra chea de
gasolina, invitados especiales nesta ocasión… buhh!! Que medo!! Que maneira de
dar pedal eses bikers. Non sabemos si polo medo ou polo xamón que os esperaba
na carpa, que tamén pode ser, xa había fame… Alí puideron repoñer forzas co
xamón e co licor e tamén barritas, naranxas e plátanos para os veganos… algún tamen
aproveitou para facer algunha reparación para poder continuar con garantías e
os que non puideron arreglar, non pasa nada, alí estaba o noso gran amigo
Montero ca sua pick-up para rescatar a quen faga falta. A pesar da choiva todo
estaba transcurrindo estupendamente ben.
Había que continuar, ainda quedaba moita tela que cortar ata
chegar ó cocido. Non sin antes pasar polo seguinte avituallamento no merendeiro
de Nocelo da Pena. Logo xa empezarían a baixar hacía Trasmiras pola zona,
quizais mais bonita pero neste caso mais embarrada. A cara dos bikers xa o
decía todo, sobraba barro e os kms pesaban, pero cando pasaban polos controis
sempre nos dedicaban unha sonrisa e eso enchíanos de orgullo…
Sin prácticamente incidencias sobre as 14.30 da tarde xa non
quedaba ninguén no monte, solamente os Catro Jinetes do Apocalipsis, os
escobas, os mais pros do grupo que nesta ocasión decidiron ir atrás cerrando e
controlando para que ninguén se quedase tirado no monte. Unha grandísima labor
levada a cabo por Joao, Julio, Sergio e Samuel que, de paso, xa foron quitando
cintas…
Xa solo quedaba ducharse e dar conta do cocido no
Restaurante César que, coma de costumbre enchemos ata a bandeira. Festa e mais
festa, amenizada coma de costumbre polo gran Carballal e a súa pandeireta ata
ven entrada a tarde. Cocido a fartar, viño, postre e café acompañado de grandes
amigos da bici. Un día redondo a pesar das inclemencias meteorolóxicas.
Terminamos cos sorteos de agasallos donados polos
patrocinadores e entrega de trofeos xentileza do noso artesán particular
Vallejo.
Dar as grazas o Concello de Trasmiras, Rivero polo
chocolate, protección civil de Sarreaus, Celia e demais familia por prestar a
sua axuda desinteresada para que todos puidésemos disfrutar deste día, a pesar
de todo.
Pero sobre todo, GRAZAS a vos, amigos do BttNocelo. Mentres
escribo esta crónica, estou oíndo polos medios que hoxe é Blue Monday, o
parecer o día máis triste do ano… Pero non para os Nocelos, para nós é dos mais
felices porque, unha vez mais organizamos unha ruta e non nos fallastes.
Fixestes o esforzo de madrugar e levantarvos da cama, desplazarvos e vir a
mollarse e embarrarse a Trasmiras. Todo ese esforzo voso nos compensa a nós o
noso con creces a hora de organizar esta VOSA Ruta do Cocido, e que nos dá mais
forza para seguir organizando nos vindeiros anos.
Despois disto queda de manifesto que no mundo hai duas
clases de personas, os CICLISTAS e os demais… BttNocelo sempre con vos e para
vos…. GRAZAS MIL!!!
Video dende a cámara de Ramón Mella
Noraboa, pasamos un gran día
ResponderEliminarPena do tempo🌧️
ResponderEliminar