Páginas

viernes, 7 de agosto de 2026

20 Aniversario Xuntanza Nocelo

 XX Xuntanza BttNocelo 2026


Miércoles, 5 Agosto de 2026


Botamos a vista atrás… Tal día coma hoxe fai xa 20 anos, catro aficionados a bicicleta de montaña decidiron facer unha ruta un pouco mais larga do habitual polo monte de Nocelo, coincidindo coas festa patronais. Cas suas bicis de ferro alguns, e de aluminio algún outro e con frenos de zapata, tres platos e sin GPS puxeron rumbo o monte, charlando e botando unhas risadas foron improvisando por onde coñecían e pasaron unha maña estupenda, cando terminaron dixeron: -Hai que repetir! Así, rapaces, desta forma tan sinxela, foi como comenzou todo… A Xuntanza de BttNocelo foi colleitando mais amigos durante estes anos e convertiuse en cita obligada nestes calurosos verans da Alta Limia, sobre todo para os que teñen a sorte de estar de vacacións porque o aforo é limitado, xa que se trata dunha quedada entre amigos sin ningunha pretensión mais que a de pasalo ben… Logo duns anos de moito éxito foi cando se decidiu dar o salto a algo mais “profesional” e naceu a Ruta do Cocido que xa todos coñecedes, unha ruta un pouco mais multitudinaria pero co mismo espíritu de sempre, pasar un día estupendo con amigos e coas bicis…

Asique, día moi especial o que nos esperaba hoxe… Quedada pola maña cedo nas piscinas de Vilaseca para deixar os coches a sombra. Moitas caras coñecidas, abrazos os nosos amigos vascos que nunca fallan a cita e rumbo a Nocelo para a foto de portada. Unha vintena de bikers amigos do clube, moitos incluso dos primeiros participantes na Xuntanza ali estaban, non podían faltar por suposto…

Foto de rigor no campo da festa e callejear polo pobo dando os bos días ós mais madrugadores para logo continuar por sendeiros que xa todos coñecemos da Ruta do Cocido, aunque con algún que outro “atallo” polas carballeiras, bueno, o caso é ir pola sombra… Maña estupenda, por certo, con algo de neboa e un fresquiño que se agradecía. Non había ruta establecida, para que ninguén se despistase, solo o noso Patrón sabía por onde iba transcorrer a maña… Moita charla, pausas de hidratación (que tanto se puxeron de moda), e risas moitas risas coma sempre, iban transcurrindo os kms ata chegar o primeiro avituallamento “oficial” no bar do Peregrino en Alberguería, lugar mítico onde xa comemos nunhas cantas Xuntanzas anos atrás. Logo camiño de Santiago ata a aldea rural de Couso para continuar co reportaxe fotográfico e coa hidratación, por suposto. Xa solo quedaba baixar ata Lodoselo e unha ultima petadiña para meternos nos antiguos camiños de Nocelo que nos levarían polos arredores da Civitas Limicorum ó pé do fermoso Penedo Grande. Xa empezaba a picar o sol pero o ambiente era perfecto, xa faltaba menos para chegar a meta e darnos un baño na piscina e degustar unas cervexas frescas. E así foi, chegados a meta directos o baño e o bar para outra pausa de hidratación. Entre risas e anécdotas o noso Patrón deixounos e marchou na llama, iba preparar as viandas pa que ninguen quedase con fame. O final xa cairan 40 kms e case 800mts de acumulado.

Media hora mais tarde, chegamos a sede improvisada do BttNocelo, unha antiga casa propiedade dos ancestros do noso patron onde nos tiña preparada unha boa mesa e uns collages destes 20 anos de Xuntanza que mesmo parecía un museo, un lugar de peregrinación para calquer biker que nalgún momento da súa vida participara neste mítico evento…

A furgoneta do noso amigo Beni ateigada de churrasco e empanada, un cheiro que alimentaba, vamos o choio! Enseguida empezamos a dar conta do toda esa comida. Destacar a visita inesperada da parella do noso querido Ñaca, que decidiu levantarse a maña cedo e vir correndo dende Souteliño ata Nocelo, nada menos que 20kms correndo polo monte, se eso non é amor, xa non sei como se chamará, que afortunados… Por suposto, non lle podíamos negar participar na comida despois de semellante reto…

Non tardou o noso gran Carballal en botar man da pandeireta e da gaita para amenizarnos a comida como el ben sabe, cantando e tocando, mentres dabamos conta da empanada e do churrasco, que mais se pode pedir?? Ainda así, o noso Patron, que está en todo, tamen nos tiña guardado un postre a base de sandía, e tarta de chocolate, café e chupito!! Esto xa parecía unha boda…

Así ata ben entrada a tarde, para rematar uns caldeiros de cinz cheos de calimocho para calmar a sede e hidratar a garganta para poder continuar coas cantigas. Tamen houbo tempo de facer un curso expres de gaita para os nosos amigos vascos, creo que se lles da mellor a bicicleta…

Así amigos transcurriu un día que se fixo corto, xa viña o solpor e ninguen quería marchar, bueno algún tiña prisa por ir a piscina e marchou antes de tempo… os demais ali o pé do cañon, dando todo e deixando os caldeiros secos completamente.

Terapias destas precisanse moitas, neste mundo cheo de guerras e conflictos, estas xuntanzas fan que ainda teñamos esperanza nun mundo mellor, un mundo cheo de amigos que veñen de todas partes, que comparten aficións, papatorias, cancións, risas… Un mundo BTTNOCELO!!

Quero deixar unha mención especial para a persona culpable de todo esto, que a pesar dos anos non perde a enerxía nin as ganas de facer cousas, cos amigos e coa bicicleta, un auténtico apaixoado, sempre pensando “nalgo mais” e que, antes de acabar esta, xa está pensando na próxima, sempre tirando do carro, non coma un xefe, senon coma un auténtico LIDER durante 20 anos! GRAZAS PEPE NOCELOJAR, non cambies nunca…


Vémonos no monte….









































1 comentario: