PADRENDA 2016
Domingo 22 de mayo de 2016,
Tocaba madrugar desta vez, catro integrantes do BttNocelo
tiñan unha cita cos amigos de BttPadrenda para participar, por primeira vez, na
ruta que nos tiñan preparada polos montes do concello. Polos videos que tiñamos
visto nas redes, a ruta prometía xa que os sendeiros e paisaxes eran
expectaculares. A horiña de coche ata alá fíxose curta porque sabíamos que a
ruta non nos deixaría indiferente, ainda que, “solo” fosen 30kms. Acostumbrados
a rutas un pouco máis longas xa levábamos preparada unha extensión de uns 10kms
a maiores no gps por si nos puñamos valientes e non nos chegaba…
Era unha ocasión especial xa que estrenábamos equipación
nova e era o dia ideal para sometela as primeiras probas de calidade. Aparte
algún membro do grupo tamen estrenaba oficialmente nova montura polo que había
un cumulo de sensacións e un ambientillo que enseguida nos fixo olvidar o
madrugón dunha maña de domingo.
Cando chegamos xa nos tiñan preparado un bo almorzo a base
de café, colacao e bica que boa conta
demos del mentres facíamos cola para recoller os dorsais. Moitisimas personas
da organización se deixaban ver por alí que en todo momento nos atenderon
perfectamente. Empezaban a chegar coches cargados con bicis, moitas delas de
doble suspensión, o percorrido iba a ser moi interesante…
Cerca dun centenar de participantes arrancamos do pabellón
de deportes e logo dun pequeno tramo de asfalto comenzábamos a rodar por
camiños e sendeiros acompañados dunha neboa que parecía que quería descargar
algo de auga sobre nos pero que logo acabou disipándose dando paso a un
precioso dia de Btt. Nos primeiros kms o noso compañeiro Michel empezou a ter
problemas co aire das rodas, tivo que facer unha parada para encher polo que
decidimos ir tirando xa que non tardaría en collernos xa que non ten ningún
inconveniente en ir rápido. Decir que a ruta estaba perfectamente marcada con
cintas e con pintura no chan e non tivemos ningún problema nese sentido.
Enseguida empezou o, que para min, é a ruta mais bonita das
que levamos participado ata agora… Xa nos esperábamos algo así pero a realidade
superou todas as nosas expectativas e os paraxes que íbamos atravesando ibanse
superando kilómetro a kilómetro. As constantes subidas que había facíanse
amenas polo disfrute da paisaxe, sobre todo pola beira do río, unha zona que
non puidemos deixar de fotografiar para deixar constancia de eses colores
verdes e ocres que nos ofrecía o percorrido. Asi fomos chegando a zona de
avituallamento, sanwiches, bebidas, fruta e incluso gominolas a disposición dos
participantes. Unhas fotos con nosos amigos da Parroira e con Francisco e
Jacinta e continuamos pedaleando mentres unha voz de fondo nos decía “gardade
forzas para o final”…. O percorrido ibanos dando unha de cal e outra de area…
Unha baixadiña bonita para logo volver a subir… Enseguida nos demos conta da
dureza da ruta e decidimos, por unanimidade, neutralizar o tramo que levábamos
preparado a maiores da casa. As constantes subidas levaronnos ata o mais alto
da zona, onde as antenas de telefonía coronaban o cumio da montaña. Outro
mini-avituallamento nos esperaba ali que degustamos sentados nun banco
disfrutando da paisaxe que se divisaba dende tanta altura. Sencillamente
espectacular…
A partir de agora solo seria baixar polo que puxemos os
amortiguadores en aberto para ir disfrutando da baixada. Pouco nos durou, as
subidas ainda non terminaran e as continuas baixadas e subidas facian que as
pernas foran pouco a pouco flaqueando.
Por fin, a chegada a meta despois de 30 kms con case 1200
mtrs de acumulado! Esperábanos unha zona de lavado de bicis digna dun
campeonato do mundo, unha duchiña no pabellón e logo un bo churrasquiño para
recuperar forzas.
Sobre as 5 da tarde chegabamos a casa, cansados pero contentos,
moi satisfeitos de participar nunha ruta desas que deixan huella, que fan
disfrutar da auténtica esencia do btt, a natureza…
Solo me queda dar a noraboa o clube Btt Padrenda pola gran
organización e polo gran acollida que nos deron, facendonos sentir que
estábamos como en familia e do percorrido non se pode decir moito mais con
palabras, hai que vivilo, por eso xa estamos contando os días para o ano que
ven volver…
Cronica: Javi Alonso
Fotos: Nocelojar
No hay comentarios:
Publicar un comentario