Domingo 9 de Outubro de 2016,
Outro domingo mais houbo que botar man do despertador para
madrugar, ainda que, desta vez xa nos facíamos a idea do día que nos esperaba
por diante. Ibamos asistir a VI Ruta Mtb O Carballiño organizada polos amigos
do clube de Os Mosqueteiros, que como en anos anteriores, sabíamos que non nos
ía defraudar.
Debido a que estamos nunha época de moito traballo na zona
da Limia, o noso clube viuse bastante
mermado en canto a participantes e o final Vallejo, Michel e Javi fomos os
únicos que puidemos poñer rumbo O Carballiño. En apenas 40min de autovía xa nos
encontrábamos os pés do precioso Templo de Veracruz para tomar a salida
puntuales e acompañados, eso si, de mais de 500 bikers.
Un pequeno “callejeo” polo centro da vila e enseguida nos
adentramos no que eu chamaría O paraíso de calquer amante do btt, sendeiros e
mais sendeiros entre carballeiras, pasos de río, pontes encima da vía do
tren, pobos recónditos… todo
perfectamente sinalado con cintas e flechas pintadas no chan e, por suposto un
gran despliegue de Protección Civil e Axentes de Autoridade no cruces de
carretera mais perigosos. Non cabe duda que a orografía da zona é a idónea para este tipo
de rutas pero hay que recoñecer que é moi difícil facer un percorrido de 40km e
outro de 60km con tanto sendeiro e camiños antigos perfectamente limpos de
maleza con baixadas espectaculares pero sen apenas perigo, trialeras,
subidas…moi completa, realmente unha ruta para DISFRUTAR ó grande…
Eso foi o que fixemos Vallejo e mais un servidor (Javi), que
nos apuntamos a ruta corta e fomos deleitándonos ca paisaxe o mesmo tempo que
facíamos amistades co resto dos participantes e aproveitando para facer un
pouco de publicidade da nosa Ruta do Cocido que xa estamos matinando… O noso
compañeiro Michel, acostumbrado a dar “lume”, mandámolo a ruta larga porque
sabíamos que non tería escesivo problema en deixar o pabellón ben alto.
Dous avituallamientos para a ruta corta e tres para a larga
con bebidas e comida a fartar fixo que non fose necesario levar nada encima
para repoñer forzas. Lástima dun pequeno tramo que tiña moi boa pinta que tivo
que ser neutralizado pola presenza dun niño de Avispas Asiáticas. Outro dez
para a organización que enseguida se deron conta e movilizáronse para que non
houbese problemas para os participantes.
Un último recorrido pola preciosa beira do Rio Arenteiro nos
avisaba que xa quedaba pouco para a meta e logo de pasar por algunhas rúas
céntricas de O Carballiño cortadas ó trafico, por suposto, chegamos outra vez o
punto de partida. Lavado de bicis nada mais chegar, O Templo de Veracruz, un dia soleado, uns comentarios sobre a ruta
cos amigos comendo uns bocatas de lomo e unha cerveciña… A combinación perfecta
para un dia perfecto…
Dar as gracias e a mais sincera noraboa a todas as persoas
que fixeron posible esta ruta por demostrar unha vez mais, a gran afición que
hai en O Carballiño polo btt e polas cousas ben feitas. O ano que ven mais…
No hay comentarios:
Publicar un comentario