Páginas

martes, 12 de noviembre de 2024

XIV RUTA DO COCIDO 2025

 UN ANO  MAIS E XA VAN 14 EDICIONS ,A FESTA DO BTT DA ALTA LIMIA ESTA EN MARCHA.

TRANQUILOS QUE  MAIS CHOIVA QUE O ANO PASADO E IMPOSIBLE QUE CAIA.

 SERA O DIA 12 DE  XANEIRO , COMO SEMPRE DUAS DISTANCIAS  (ISTE ANO MAIS LEBADEIRAS QUE EN OUTRAS EDICIONS)

RUTA CORTA : SOBRE 36KMS 700 METROS DE ACUMULADO AVITUALLAMENTO NO KM 16 MAIS ALGUN MAIS SORPRESA.


RUTA LARGA: 44 KMS .E SOBRE 900 DE ACUMULADO  FARA UN BUCLE CA CORTA DE UNS 8 KMS

A SALLIDA SERA AS 9:30 DA MAÑAN DE TRASMIRAS, NON FALTARA O CHOCOLATE CON BICA, LICOR E UN PEQUENO AGASALLO PARA CADA PARTICIPANTE.

PARA OS QUE QUEIRADES SEGUIR CA FESTA , POIS  TEREMOS A  OPCION DE APUNTARDE CON COMIDA (MAXIMO 100 BIKERS)

 O MENU COCIDO COMO SEMPRE NO RESTARURANTE ""CESAR DE VILADERREY"""

PRECIOS SIN COMIDA 15 EUROS

CON COMIDA 32 EUROS

O DIA 1 DE DICIEMBRE ABRIMOS INSCRIPCIONS



domingo, 10 de noviembre de 2024

Ruta do magosto 2024

 

RUTA MAGOSTO BTTNOCELO 2024

 

Domingo, 10 de Novembro de 2024

 

Xa había ganas dunha rutiña “oficial” do clube, unha ruta desas que non se pode perder onde, primeiro se anda na bici e logo, se vai a papar… Desta vez era xa a clásica Ruta do Magosto. Unha ruta onde aproveitamos para testear novos camiños e sendeiros para a Ruta do Cocido que xa está en marcha.

As 8.30 da maña quedamos na sede do clube  Bar Parque en Trasmiras para tomar café e logo poñer rumbo ó monte. O día amenceu con neboa e caianunha gotas pero ainda así 15 bikersalí nos plantamos para rutear e disfrutar do noso vicio favorito. As previsións decían que sobre as 10 da maña pararía de orballar, asique alá fomos…

Os primeiros metros polas calles de Trasmiras dirección Seixas entre as carballeiras que tanto nos gustan. Ainda que non facía  frío decidimos meternos de cabeza nun cortafogos deses que fan sair o corazón pola boca, para entrar en materia. As risas que levabamos fóronse convertindo en caras encarnadas e cheas de sudor, así nada mais empezar, que se llevai facer… Chegados ó alto mentres colliamos folgos cada uncomo podía, decidimos por unanimidade que ese cortafogos non estaría presente nanosa lexendaria Ruta do Cocido, menos mal…

Continuamos dirección ó Castelo e logo hacia Penaverde para logo cruzar hacia o pobo de Atás. O tempo iba pasando pero seguía orvallando e os camiños xa se puñan pesados, tocaba resignarse e seguir. Fomos chegando a zona de Trialeras ou Single Tracks que, os mais veteranos ,xa coñecedes ben. Estan todas en perfecto estado e perfectas para disfrutar pero ainda así pode que aumentemos algún tramo mais porque sabemos que eso “mola”.

Así pasaron os kms a ritmo de orballo e de barro pero sen perder o sorriso, todos xuntos en pelotón. Inda houbo que solventar algún pinchazo e tamén houbo quen fixo algún invertido pero sen maiores consecuencias.

O final tuvemos que acortar un pouco porque estábamos bastante mollados e o tempo corría e tiñamos gañas de chegar porque logo había que celebrar o Magosto, por suposto. Asique os últimos Single Trackspola zona de Rabal e rápidiño para Trasmiras para ducharse no Pabellón, tomar a cerveciña e poñer rumbo a Parrillada Sport de Trasmiras, o paraíso do Churrasco ben feito famoso xa dende fai anos por toda a comarca. Estaba a reventar pero a mesa dos Nocelos estaba reservada para os ciclistas. Ali unironse algún que outro mais para comer porque pola mañan decidiran  que non querían mollarse pedaleando…

Por suposto primeiros platos variados, e churrasco a fartar e chupitos e castañas,  todo amenizado polo gran Carballal que, aparte da pandeireta, agoraxa se atreve coa gaita! Asique seguro que para a Ruta do Cocido xa terá novos temas preparados.

En fin, rapaces,outro día para enmarcar, bicicleta, amigos e churrasco nun borralleiro domingo de Novembro,  que mais se pode pedir??

A Ruta do Cocido 2025 xa está en marcha!!!!

 

Vémonos no monte…