RUTA MAGOSTO BTTNOCELO 2024
Domingo, 10 de Novembro de 2024
Xa había ganas dunha rutiña “oficial” do clube, unha ruta desas que non se pode perder onde, primeiro se anda na bici e logo, se vai a papar… Desta vez era xa a clásica Ruta do Magosto. Unha ruta onde aproveitamos para testear novos camiños e sendeiros para a Ruta do Cocido que xa está en marcha.
As 8.30 da maña quedamos na sede do clube Bar Parque en Trasmiras para tomar café e logo poñer rumbo ó monte. O día amenceu con neboa e caianunha gotas pero ainda así 15 bikersalí nos plantamos para rutear e disfrutar do noso vicio favorito. As previsións decían que sobre as 10 da maña pararía de orballar, asique alá fomos…
Os primeiros metros polas calles de Trasmiras dirección Seixas entre as carballeiras que tanto nos gustan. Ainda que non facía frío decidimos meternos de cabeza nun cortafogos deses que fan sair o corazón pola boca, para entrar en materia. As risas que levabamos fóronse convertindo en caras encarnadas e cheas de sudor, así nada mais empezar, que se llevai facer… Chegados ó alto mentres colliamos folgos cada uncomo podía, decidimos por unanimidade que ese cortafogos non estaría presente nanosa lexendaria Ruta do Cocido, menos mal…
Continuamos dirección ó Castelo e logo hacia Penaverde para logo cruzar hacia o pobo de Atás. O tempo iba pasando pero seguía orvallando e os camiños xa se puñan pesados, tocaba resignarse e seguir. Fomos chegando a zona de Trialeras ou Single Tracks que, os mais veteranos ,xa coñecedes ben. Estan todas en perfecto estado e perfectas para disfrutar pero ainda así pode que aumentemos algún tramo mais porque sabemos que eso “mola”.
Así pasaron os kms a ritmo de orballo e de barro pero sen perder o sorriso, todos xuntos en pelotón. Inda houbo que solventar algún pinchazo e tamén houbo quen fixo algún invertido pero sen maiores consecuencias.
O final tuvemos que acortar un pouco porque estábamos bastante mollados e o tempo corría e tiñamos gañas de chegar porque logo había que celebrar o Magosto, por suposto. Asique os últimos Single Trackspola zona de Rabal e rápidiño para Trasmiras para ducharse no Pabellón, tomar a cerveciña e poñer rumbo a Parrillada Sport de Trasmiras, o paraíso do Churrasco ben feito famoso xa dende fai anos por toda a comarca. Estaba a reventar pero a mesa dos Nocelos estaba reservada para os ciclistas. Ali unironse algún que outro mais para comer porque pola mañan decidiran que non querían mollarse pedaleando…
Por suposto primeiros platos variados, e churrasco a fartar e chupitos e castañas, todo amenizado polo gran Carballal que, aparte da pandeireta, agoraxa se atreve coa gaita! Asique seguro que para a Ruta do Cocido xa terá novos temas preparados.
En fin, rapaces,outro día para enmarcar, bicicleta, amigos e churrasco nun borralleiro domingo de Novembro, que mais se pode pedir??
A Ruta do Cocido 2025 xa está en marcha!!!!
Vémonos no monte…
No hay comentarios:
Publicar un comentario