Xa temos cartel para a XV ruta do cocido e queremos facerlle o noso pequeño recoñecemento a esa xente que no verán loitou contra o lume .
E que mellor que o nosos compañeiros Sandro (bombeiro na comarca da Limia) ,Beny e Cristian ( bombeiros forestais) para representar a ises profesionais..
O verán deixou nos montes de Ourense unha cicatriz dolorosa, unha ferida de cinsa e fume que tardará en sanar. Pero no medio da devastacion, unha luz brillou cunha intensidade inquebrentable , a valentía , a coraxe e a dedicación do personal que loitou sen descanso contra as lapas.
Este pequena homenaxe vai dirixida a todos eles :Aos bombeiros forestais, bombeiros comarcais, UME , Protección Civil,e a xente dos pobos que sen pensalo se botaron ao monte; cada quen co que puido para axudar.
Mentres as lapas avanzaban
Imparables ante unhas condiciones metereoloxicas extremas eles estiveron ali arriscando a súa propia vida enfrontándose a un lume que parecía non ter fin , actuaron cunha profesionalidade e un heroismo inmenso que merecen o noso eterno recoñecemento.
A vosa entrega foi un faro de esperanza nunhas noites moi escuras.
A paisaxe de Ourense recuperarase e cando o faga lembraremos sempre que detrás dese renacer está o voso compromiso inquebrentable.
Gracias!, gracias! Nunca esquenceremos aos nosos heroes.
Dicir que os que decidades facer a ruta longa veredes a masacre que na nosa contorna aconteceu ,para os que amamos a nosa terra foi coma se nos feriran no corazón A ruta corta (zona trialeras )pois o verde e o que predomina grazas os veciños de Nocelo que o 17 de agosto estiveron todo o dia e parte da noite no monte . NON MAIS LUMES
SI SI XA ESTAMOS TRABALLANDO NA XV RUTA DO COCIDO CONCELLO DE TRASMIRAS, A DE SEMPRE A TRADICIONAL, SIN TEMPOS DA IGUAL QUEN CHEGUE PRIMEIRO O IMPORTANTE E DISFRUTAR PASALO VEN E DESPOIS COMER UN BO COCIDO.
SERA O DIA 18 DE XANEIRO , COMO SEMPRE DUAS DISTANCIAS (ISTE ANO MAIS LEBADEIRAS QUE EN OUTRAS EDICIONS)
RUTA CORTA : SOBRE 39KMS 800 METROS DE ACUMULADO AVITUALLAMENTO NO KM 17
E ALGUN MAIS SORPRESA. AINDA QUE HABERA ALGUN TRAMO DONDE XA PASASTES EN EDICIONS ANTERIORES ,TEMOS SENDEIROS NOVOS ADEMAIS DE UNHA TRIALERA NOVA DE CASI 1 KM .
RUTA LARGA: 47 KMS .E SOBRE 900 DE ACUMULADO FARA UN BUCLE CA CORTA DE UNS 8 KMS, A MAIORIA SERA POR UNHA ZONA QUE O VERAN FOI AFECTADA POR OS LUMES.
A SALLIDA SERA AS 9:30 DA MAÑAN DE TRASMIRAS, NON FALTARA O CHOCOLATE CON BICA, LICOR E UN PEQUENO AGASALLO PARA CADA PARTICIPANTE.
PARA OS QUE QUEIRADES SEGUIR CA FESTA , POIS TEREMOS A OPCION DE APUNTARDE CON COMIDA (MAXIMO 100 BIKERS)
O MENU COCIDO COMO SEMPRE NO RESTARURANTE ""CESAR DE VILADERREY"""
PRECIOS SIN COMIDA 15 EUROS
CON COMIDA 35 EUROS
O DIA 1 DE DICIEMBRE ABRIMOS INSCRIPCIONS

Fuerza y honor, hermanos.
ResponderEliminarEsta no me la pierdo.