QUENES SOMOS?
BTTNOCELO ,somos un grupo de amigos, amantes da Natureza e da bicicleta de montaña, que nos gusta sair os domingos pola mañá para facer rutas polas chairas da LIMIA. E de camiño botar unhas risas e descubrir sendeiros novos, e como non ... ao terminar, parar na Taberna máis próxima.
Todo comezou un día do mes de agosto , un tal Valerio Alvar Emigrante en Barcelona , amante da Natureza e do Deporte,invitou aos seus sobriños que tiña na aldea de Nocelo da Pena , que saíran con el na bici para coñecer as bisbarra, aquilo gustoulles aos rapaces, e estaban ansiosos que chegara o Domingo para saír de novo o monte.
Un día veu ata Nocelo un señor de Codosedo. Chamado VICENTE e dixo de sair connosco, o Valerio todo campechano dixo: - Como non... Serás benvido.. Puxemos as monturas a punto e guiados por o veterano do grupo puxemonos rumbo o Monte Perdigueiro (Nome do Monte de Nocelo). O Destino só había unha persoa que o sabía "Valerio", pero pillo de el ", non nos dixo nada ata a enfrontar o ascenso final , o destino era o Alto de San Mamede, qué ledicia, qué vistas, que sufrimento, pero qué ledos de conquerir o cume.
A xente no pobo non daba crédito a tal fazaña... Lembrando ese día tódolos anos , en agosto, faise unha xuntanza dos amantes do btt en Nocelo.
A Xuntanza cos anos foi medrando e viñeron á RUTA Xente de Trasmiras e De Xinzo de OURENSE,e a partir de aí dicidimos sair tódolos domingos. Uns anos máis tarde ,faríase a primeira Ruta Xuntanza btt "Ruta do COCIDO CONCELLO DE TRASMIRAS. Lembrar a uns dos artifices e mentor de tal ruta que nos primeiros anos colaborou acitivamente me refiro como non o
SR .JULIAN,
A día de hoxe a ruta, xa unha das referente de GALICIA e cada ano que pasa atrae a máis bikers, que para nós nos enche de orgullo e sastisfación...
E aquí seguimos, percorrendo cada Domingo novos roteiros e cada dia unindose xente nova o grupo,
Se queredes formar parte so tendes que ter gaña de
pedalear ,e pasalo ben
podédesvos pór en contacto connosco no correo bttnocelo@gmail.com
Vémonos no monte!
A NOSA PORTADA DE FACEBOOK
AS XUNTANZAS DE NOCELO
O NOSO AMIGO QUE NUNCA OLVIDAREMOS
AS PRIMEIRAS SAIDAS
RUTAS POR GALICIA
MARCHAS ORGANIZADAS POR NOS
SASIDAS DOS DOMINGOS
OS NOSOS TITAS
AS CAIDAS
AS COMIDAS
AS TOLERIAS
SAIDAS PARA ALLARIZ
Onte os amigos de BTTNOCELO ,demos un novo paso,redactar os estatutos para inscribirnos como Club.... que se denominara BTTNOCELO Alta Limia. Sarreaus Trasmiras. A XUNTA Directiva qdou composta por: Como Vocales.MINGOS, VALLEJO (Relacions Publicas), MIGUEL RIVERO, TESORERO. ROBERTO, SECRETARIO. MICHEL . VICIPRESIDENTE. JAVI. PRESIDENTE.. PEPE.. Todos aquiles que queirades formar parte de isto proxecto podedes mandar un correo a bttnocelo@gmail.com
TRASMIRAS 05/05/2019
Nova xunta directiva do Club
PRESIDENTE: PEPE ALVAR
VICEPRESIDENTE: JAVI ALONSO
SECRETARIO: JOSE FERREIRO
TESORERO: MINGOS MARTINEZ
VOCAL1: MIGUEL RIVERO
VOCAL 2: RAUL RIVERO