viernes, 7 de agosto de 2026

20 Aniversario Xuntanza Nocelo

 XX Xuntanza BttNocelo 2026


Miércoles, 5 Agosto de 2026


Botamos a vista atrás… Tal día coma hoxe fai xa 20 anos, catro aficionados a bicicleta de montaña decidiron facer unha ruta un pouco mais larga do habitual polo monte de Nocelo, coincidindo coas festa patronais. Cas suas bicis de ferro alguns, e de aluminio algún outro e con frenos de zapata, tres platos e sin GPS puxeron rumbo o monte, charlando e botando unhas risadas foron improvisando por onde coñecían e pasaron unha maña estupenda, cando terminaron dixeron: -Hai que repetir! Así, rapaces, desta forma tan sinxela, foi como comenzou todo… A Xuntanza de BttNocelo foi colleitando mais amigos durante estes anos e convertiuse en cita obligada nestes calurosos verans da Alta Limia, sobre todo para os que teñen a sorte de estar de vacacións porque o aforo é limitado, xa que se trata dunha quedada entre amigos sin ningunha pretensión mais que a de pasalo ben… Logo duns anos de moito éxito foi cando se decidiu dar o salto a algo mais “profesional” e naceu a Ruta do Cocido que xa todos coñecedes, unha ruta un pouco mais multitudinaria pero co mismo espíritu de sempre, pasar un día estupendo con amigos e coas bicis…

Asique, día moi especial o que nos esperaba hoxe… Quedada pola maña cedo nas piscinas de Vilaseca para deixar os coches a sombra. Moitas caras coñecidas, abrazos os nosos amigos vascos que nunca fallan a cita e rumbo a Nocelo para a foto de portada. Unha vintena de bikers amigos do clube, moitos incluso dos primeiros participantes na Xuntanza ali estaban, non podían faltar por suposto…

Foto de rigor no campo da festa e callejear polo pobo dando os bos días ós mais madrugadores para logo continuar por sendeiros que xa todos coñecemos da Ruta do Cocido, aunque con algún que outro “atallo” polas carballeiras, bueno, o caso é ir pola sombra… Maña estupenda, por certo, con algo de neboa e un fresquiño que se agradecía. Non había ruta establecida, para que ninguén se despistase, solo o noso Patrón sabía por onde iba transcorrer a maña… Moita charla, pausas de hidratación (que tanto se puxeron de moda), e risas moitas risas coma sempre, iban transcurrindo os kms ata chegar o primeiro avituallamento “oficial” no bar do Peregrino en Alberguería, lugar mítico onde xa comemos nunhas cantas Xuntanzas anos atrás. Logo camiño de Santiago ata a aldea rural de Couso para continuar co reportaxe fotográfico e coa hidratación, por suposto. Xa solo quedaba baixar ata Lodoselo e unha ultima petadiña para meternos nos antiguos camiños de Nocelo que nos levarían polos arredores da Civitas Limicorum ó pé do fermoso Penedo Grande. Xa empezaba a picar o sol pero o ambiente era perfecto, xa faltaba menos para chegar a meta e darnos un baño na piscina e degustar unas cervexas frescas. E así foi, chegados a meta directos o baño e o bar para outra pausa de hidratación. Entre risas e anécdotas o noso Patrón deixounos e marchou na llama, iba preparar as viandas pa que ninguen quedase con fame. O final xa cairan 40 kms e case 800mts de acumulado.

Media hora mais tarde, chegamos a sede improvisada do BttNocelo, unha antiga casa propiedade dos ancestros do noso patron onde nos tiña preparada unha boa mesa e uns collages destes 20 anos de Xuntanza que mesmo parecía un museo, un lugar de peregrinación para calquer biker que nalgún momento da súa vida participara neste mítico evento…

A furgoneta do noso amigo Beni ateigada de churrasco e empanada, un cheiro que alimentaba, vamos o choio! Enseguida empezamos a dar conta do toda esa comida. Destacar a visita inesperada da parella do noso querido Ñaca, que decidiu levantarse a maña cedo e vir correndo dende Souteliño ata Nocelo, nada menos que 20kms correndo polo monte, se eso non é amor, xa non sei como se chamará, que afortunados… Por suposto, non lle podíamos negar participar na comida despois de semellante reto…

Non tardou o noso gran Carballal en botar man da pandeireta e da gaita para amenizarnos a comida como el ben sabe, cantando e tocando, mentres dabamos conta da empanada e do churrasco, que mais se pode pedir?? Ainda así, o noso Patron, que está en todo, tamen nos tiña guardado un postre a base de sandía, e tarta de chocolate, café e chupito!! Esto xa parecía unha boda…

Así ata ben entrada a tarde, para rematar uns caldeiros de cinz cheos de calimocho para calmar a sede e hidratar a garganta para poder continuar coas cantigas. Tamen houbo tempo de facer un curso expres de gaita para os nosos amigos vascos, creo que se lles da mellor a bicicleta…

Así amigos transcurriu un día que se fixo corto, xa viña o solpor e ninguen quería marchar, bueno algún tiña prisa por ir a piscina e marchou antes de tempo… os demais ali o pé do cañon, dando todo e deixando os caldeiros secos completamente.

Terapias destas precisanse moitas, neste mundo cheo de guerras e conflictos, estas xuntanzas fan que ainda teñamos esperanza nun mundo mellor, un mundo cheo de amigos que veñen de todas partes, que comparten aficións, papatorias, cancións, risas… Un mundo BTTNOCELO!!

Quero deixar unha mención especial para a persona culpable de todo esto, que a pesar dos anos non perde a enerxía nin as ganas de facer cousas, cos amigos e coa bicicleta, un auténtico apaixoado, sempre pensando “nalgo mais” e que, antes de acabar esta, xa está pensando na próxima, sempre tirando do carro, non coma un xefe, senon coma un auténtico LIDER durante 20 anos! GRAZAS PEPE NOCELOJAR, non cambies nunca…


Vémonos no monte….









































lunes, 15 de junio de 2026

Xinzo & A Regua 2026

 RUTA A REGUA 2026

Sábado, 13.06.2026


Empeza o calor, sinal de que o verán está a chegar, e con el, as vacacións, as escapadas, o terraceo, as cervexas cos amigos… Os Nocelos metemos todo iso nunha cocteleira e remexemos e sae a inigualable, a mais grande, a mais esperada ruta oficial de btt de todo o ano! A Aventura a Regua.

Xa levamos unhas cuantas edicións pero as ansias de que chegue o gran día, seguen sendo as mesmas de sempre… Tocaba madrugar pero nada que non fixesemos toda a semana para ir a traballar, asique se é para ir de ruta en bici non conta como madrugar…

Este ano foi a mais multitudinaria de todas as edicións, coas prazas limitadas agotadas dende fai semanas. Eso quere decir que lle queda moita vida a esta aventura anual do clube.

Nin mais nin menos que 170 kms dende Xinzo de Limia ata Pesso da Regua (Portugal) ós pes do rio Douro. A maioria dos bikers con salida as 7.00 da maña do Bar Mundial de Xinzo, para recoller ó resto en Verin sobre as 9.30 para facer un total de 22 Nocelos perfectamente ataviados cos colores do club, que por certo íbamos estrenando a nova equipación do 20 aniversario… Con moitas ganas de bici e de pasar o día en compañía e cas mochilas cheas de víveres para afrontar un desafío de tanta magnitude. Case todo avituallamento sólido, xa que o liquido afortunadamente temos bastante durante o percurso. O día estaba radiante e xa a esas horas non facía falta chaqueta o que nos facía pensar en que non había mais remedio que pasar algo de calor o longo da xornada.

Agrupamento en Verin e dirección fronteira portuguesa polo Ecovía do Támega ca idea posta nas cerdeiras que xa temos xeolocalizadas duns anos pa outros pero que desta vez xa estaban algo pasadas, asique non perdemos moito tempo con iso. Nada mais cruzar a fronteira xa sufrimos a primeira parada por temas técnicos, un pinchazo. O noso amigo Manolo por quitar uns gramos de peso da bici decidiu levar a ruta unha roda das mais lixeiras do mercado, tanto que eran delgadas coma o papel de fumar e que tantos quebradeiros de cabeza nos daría o largo da xornada. Logo de debatir sobre si meter mechas ou meter cámara nova, decidimos meter varias mechas para tapar o furo que tiña e que non era pequeno. Arreglado emprendemos a marcha, de momento todo en orden, un contratempo sin mais…

Chegados a Chaves, primeira parada para hidratación, xa empezaba a picar o sol e os que viñan dende Xinzo xa merecían un refrigerio. Sin prisa acompañamos as cervexas con algo de avituallamento sólido, algún incluso se sacou de taper e tenedor e deu conta duns espaguetis nun abrir e cerrar de boca, En marcha outra vez a caron do rio Tamega en dirección da ruta do Corgo que nos levaría ata o destino a través dunha vía de tren antiga e rehabilitada para disfrute a pe ou en bici. Antes de deixar Chaves, xa tivemos o seguinte contratempo, o noso amigo Manolo despistouse do pelotón e tivemos que esperar un bo anaco por el, xa empezábamos a retrasarnos e ainda estábamos empezando…

A seguinte parada sería en Pedras Salgadas a uns 30km de distancia, pasando por Vidago e, sin moitas dificultades técnicas pero si de temperatura, xa facía calor, e ata coronar o pico mais algo de toda a ruta pasamos por momentos moi duros, xa que as temperaturas achegabanse por momentos os 40 grados, a cousa pintaba dura. Chegamos xa o noso bar de referencia, con moita sede e xa con retraso pero cos ánimos intactos. Ali demoslle unha boa limpeza as mochilas e deixamos a taberna escasa de bebidas porque a sede que levabamos era moita. Tamen aproveitamos para lavarnos un pouco a cara xa que parecía que viñamos da mina e algún xa nin se conocía. Xa íbamos tarde pero tomámolo con calma, ainda quedaba moito que pedalear e a hidratación é fundamental…

Xa volvíamos estar preparados por seguinte tramo, agora todo sería un pouco mais fácil xa que os avituallementos xa estarían mais xuntos e sería difícil desidratarse… O sol empezaba a esconderse e ameazaba tormenta polo que o sol xa non picaba pero había bochorno, había que seguir. Próxima parada Vilapouca de Aguiar, con 2 paradas de avituallento líquido para logo xa coller o último tramo en baixada ata a Regua pasando por Vilareal e logo polos cañons dos viñedos e oliveiros debaixo dos impresionantes pontes da autovía. Quixeron caer unhas gotas pero non chegou a cousa a mais, eso si, refrescou o ambiente, algo que agradecemos moito. Entre tanto de vez en cando parar a dar aire a roda averiada. As horas pasaban e sin prisa pero sin pausa ibamonos acercando a destino. Como de costumbre uns kms antes empezan os piques, a pista pica cara abaixo e a xente entralle ganas de dar lume, asique cada un vai como pode ata xuntarnos nos sitios habituales da foto. Decir que este ano tamen nos acompañou un dron que fai uns videos e unha fotos caralludas e non nos perdeu de vista en todo o día, como están as tecnoloxias…

Antes de chegar ainda houbo que solucionar outro pinchazo mais e non tivemos mais remedio que meter cámara na que xa viña mal dende a maña. En fin, xa sabedes que non lle pasa a quen non anda con elas… Entre lusco e fusco fomos chegando a destino, xa empezaba a baixar o sol pero ainda nos deu tempo de sacar a foto de rigor e o mellor de todo, ainda puidemos lavarnos e asearnos o aire libre no rio Douro que tiña unha temperatura que invitaba a quedar ali toda a noite, un chapuzón rápido pero moi refrescante axudounos a repoñer forzas despois dun longo día de calor e pedaleo, en fin, sarna con gusto…

Logo da exhibición na playita de xóvenes e non tan xóvenes pero con esculturales corpos para deleite dos guiris do lugar, fómonos rápidamente a cear que xa nos estaban esperando: Había que comer e comentar a xornada, xa estábamos na meta, cansados pero contentos e , sobre todo limpos, tocaba comer e repoñer forzas. Logo aida houbo tempo de tomar un refrigerio antes de empaquetar 22 bicicletas nun autobús rumbo a España, parecía difícil pero conseguímolo con relativa facilidade, debe ser pola experiencia adquirida durante este anos.

E asi amigos terminou unha gran xornada, planeada e esperada durante meses polos Nocelos que, como xa sabedes, nos gustan as bicis e as festas por igual e así tratamos de organizar estes eventos que nos unen e tamen nos fan sufrir un pouquiño…

Seguramente o ano que ven mais pero non mellor xa que é imposible…


Vémonos no monte..