lunes, 10 de junio de 2024

III Ruta Xinzo & ARegua (Portugal)

 

III RUTA DO CORGO, A REGUA 2024 BTTNOCELO

 

Sábado, 8.06.2024

 

Chegou o gran día! Unha das rutas oficiales do clube xa estaba aquí, a mais larga, a mais bonita, a mais esperada por todos… A Ruta do Corgo que, como xa sabedes transcurre pola vía do tren con destino A Regua… Salida dende Xinzo, con parada en Verín e continuación ata o país veciño donde se topan os avituallamentos mais importantes…

Xa facía un ano dende a anterior edición e o número de participantes chegou desta vez os 20. E que todo son boas palabras para definila e cada vez mais xente quere vivir a experiencia… Aunque a dificultade non é moita compre algo de forma física para facela en condicións, xa que son 160km dende Xinzo e 120 dende Verin con 1000mts e 600 mts de desnivel respectivamente…

Pois as 7.00 da mañan en punto saída dende o bar Mundial de Xinzo cas mochilas ben cargadas de provisións e de ánimos. O calor da semana anterior deu paso a un fin de semana de amenaza de tormenta e o venres pola noite xa lle deu duro. Non había que facerlle, xa estaba todo organizado e a Ruta estaba en marcha. Pintaba bastante mal, as nubes ameazantes deixaban caer unha orballeira que nos acompañou na saída pero sen mais… case se agradecía o fresco, temperatura sobre os 18 grados, perfecta para o btt…

Decir tamén que un dos nosos socios mais Pro, decidiu a última hora probar con esto do “Gravel” que tan de moda está e apareceu ca bici de paseo da súa nai, moi gravel non parecía pero para transportar os víveres era perfecta porque dispuña de cesta e de portabultos, en fin, a ver como chega o final…

Primeira subida ata Baldriz para logo baixar ata Verín, a metade do acumulado xa quedou atrás. En Verín incorporáronse ó grupo os que faltaban e dirección fronteira pola Ecovía onde quitamos as primeiras fotos todos xuntos… Xa no país veciño, empezaron a entrar as présas por chegar ó primeiro avituallamento “natural” a base de cereixas da Freguesía de Chaves (localizadas xa de anos anteriores). Pero había suficiente para todos, fresquiñas polo rocío estaban boísimas. E así continuamos ata atravesar por Chaves ó longo do río para coller a entrada da Ruta do Corgo que xa non deixariamos ata chegar a Cais da Regua… Outra paradiña na “frutería” para repoñer forzas e sen prisa pero sin pausa fomos indo, o ceo seguía ameazante pero a temperatura era perfecta e non chovía, de momento… Pouco a pouco pasamos Vidago e encaramos a subida o Apeadeiro de Loivos, ainda que cun desnivel máximo dun 5 por cento vai bordeando o monte e fomos entrando en calor xa que o ritmo que levabamos era bastante rápido. Chegados a este punto non quedaba mais que disfrutar das vistas, tomar uns geles e continuar ata Pedras Salgadas, había que almorzar! Chegamos nun plis plás ó noso bar de referencia e alí abrimos as mochilas e puxémonos a almorzar coma a xente, nas rutas largas non pode faltar a comida nin a bebida. Chourizo, salchichón, xamón e pan e por suposto, cervexa e panachés, eso sí, con tranquilidad, chegaba o tempo. A todo esto o amigo Samuel ca sua Moma de paseo xa empezaba a dar que falar, traía un ritmo endiablado e xa estábamos todos mais que sorprendidos do rendimento da gravel improvisada…

O ceo seguía ameazante pero nós ó noso, puxemos ritmo a seguinte parada; Vilapouca de Aguiar, no seguinte avituallamento, había que hidratarse claro. Alguns decidiron neste momento quedarse atrás para, facer festa por sua conta, e o grupo dividiuse. Non pasa nada, en Vilapouca xa nos xuntamos… Os primeiros  chegaron xustiños o bar antes de caer o gran chaparrón que pillou os demais atrás. Cando chegaron viñan coma pingos, anque eles insistían en que viñan sudando… pois vale. Aquí xa tuvemos que relaxarnos porque estaban caíndo chuzos de punta! A temperatura tamén baixou de repente e case que facía frío, empezaban a rondar ideas de abandono… Nun alarde de valentía decidimos continuar, estábamos estreando chubasqueiros novos que eran Full Waterproff, que nos podía pasar?? Un par de kms mais adiante non houbo mais remedio que parar no seguinte bar, agora sí que chovía, algún incluso tuvo que nadar para cruzar polo paso de peóns!

Cando parecía que quería escampar, arrancamos, facía frío e estábamos mollados asique os seguintes kms fomos en pelotón para cortarnos o aire e non pasar tanto frío. Pouco a pouco deixou de chover e chegamos a Vilareal, xa non quedaba nada, empezábamos a baixar e a temperatura empezaba a subir, xa collemos temperatura outra vez, perfecto! Ultimo avituallamento e os últimos kms para chegar a meta, hidratación, fotos e lume. Nos últimos kms picaba cara abaixo e a xente entroulles a présa outra vez, supoño que non querían coller frío e foi case unha contrareloj, lume e mais lume para desentumecer os músculos, case non deu tempo de disfrutar das espectaculares vistas dos viñedos e das pontes impresionantes que por alí hai… O fondo xa se vía a liña de meta e eso da moito ánimo. Entramos en Cais da Regua, cansados, contentos e secos! Anque parecía difícil, incrible ruta un ano mais! Xa solo quedaba foto de familia na ponte e asearnos no río ó estilo indio para ir a cear. Algun inda se deu un bo chapuzón, traía moita gana de mollarse… Mención especial para Samu que terminou a ruta na “gravel” improvisada sen ningún percance e dando lume do bo, en fin, a bici non o é todo, fan falta mais cousas…

Cena no Restaurante Moleiro a base de churrasco e bacallau e xa non quedaba máis que charlar e contar as anécdotas do día, un día para rir, un día para disfrutar, un día para volver a repetir, para eso estamos aquí non??

As 11.00 da noite xa tiñamos o transporte esperando, solo quedaba desmontar as bicis e intentar mételas no bus da mellor maneira posible. Dar as gracias a Carlos de Autocares Calahorra polo servicio prestado e, sobre todo pola paciencia a hora de transportarnos a nos e as bicis. Na viaxe de volta as forzas xa flaqueaban pero gracias o amigo Nando, non nos quedamos durmidos, había que acompañar o conductor e facerlle o camiño mais ameno. Os Nocelos sempre pensando nos demais…

Ata aquí amigos, remata outra ruta das que nos gustan, das que fan afición, das que unen mais ainda se cabe a un grupo de loucos pola bici que un día fomos tropezando uns con outros ata formar esta gran familia… Larga vida BttNocelo!!!

Vémonos no monte…