lunes, 29 de abril de 2024

 


                                       V RUTA DA AVESTRUZ


Sábado 27 de Abril de 2024


Como  amigos do BttNocelo, a estas alturas da vida, xa sabedes que o noso clube ten varias rutas programadas ó largo da tempada de carácter “oficial” onde aprobeitamos para confraternizar, andar en bici e, por suposto, papar e pasalo ben…

Desta vez tocaba a Ruta da Avestruz que xa vai pola edición numero 5 (está claro que estas rutas fan afición). Trátase dun paseo en bici pola zona de Trasmiras e Sarreaus e logo un menú degustación, neste caso, de polo criado con todo cariño polos nosos socios Angel e Sergio e logo ben cebados polo amigo Paco e o seu cuñado. A semana antes houbo que xuntarse para a matanza e para a preparación das viandas que logo se encargaría de preparar o noso restaurante de referencia Casa César de Trasmiras…  Os Nocelos sempre traballando en equipo como ten que ser.

Coma de costume, xuntanza no cuartel general do clube Bar Parque as 15.30 horas para tomar café, foto de rigor e tomar a saída ó redor das 16.00. Toda a maña case a pasou chovendo e a tarde non pintaba moi ben pero a data estaba posta e xa non se podia cambiar. Tirámonos ó monte 23 Nocelos con ganas de pasar unha boa tarde en compañía. Seguindo básicamente o percorrido da Ruta do Cocido con algún que outro desvío, sempre en busca de novos sendeiros. As nubes foronse dispersando e a choiva non nos acompañou desta vez, tarde perfecta! Como non podía faltar nunha ruta deste calibre fomos dando conta das trialeras mais que nada para que queden ben marcadas e non desaparezcan entre a maleza…

Entre risas, fotos e algún que outro despiste e bastante barro fomos acercándonos hacia a liña de meta, non sin antes descubrir uns novos sendeiros no último tramo que disfrutamos ó máximo, algún incluso, por un momento, parece que o tragou a terra! En fin, cousas do btt de aventura…

Chegamos a Trasmiras e que mellor que unha duchiña quente no pabillón para logo tomar as cervexas no Bar Parque, onde tamen nos esperaba unhas boas tortillas con cebola que estaban para lamber os dedos e para os que non querían cebola na tortilla había tamen uns tacos de queixo exquisito… Todo esto está moi ben pero ainda quedaba a cea a base de polo no Restaurante Casa César asique alá fomos. Alí apareceron alguns mais que tiñan mais ganas de comer que de andar na bici pola tarde, non pasa nada, chega para todos…

2 / 2

Empezaron a traer as bandexas de polo coma se fose unha boda! Entre plato e plato, coma de costumbre o noso gran amigo Carballal amenizaba a velada cos cantares de colleita propia que moitos xa coñecedes…

E así chegou o postre, o café, os chupitos e os Gintonics e outra tarde noite que queda para o recordo. Xuntanza con amigos, bici e paparota que mais se  pode pedir??

Solo queda esperar a próxima que será o 8 de Xuño e a que estades tod@s invitad@s!! Aventura Cais da Regua!!


Vémonos no monte…



































martes, 16 de enero de 2024

XIII Ruta do Cocido 2024

 

Eran as 7.30 da maña cando empezaba a conta atrás para a primeira ruta do ano. Si amig@s, a XIII Ruta do Cocido xa estaba aquí!

Os Nocelos nerviosiños perdidos a ver como transcurriría esta xornada. Faltaba solamente preparar o Pabellón para poder dar os dorsales ós corredores e, de paso, un chocolatiño quente que ben o merecían xa que a maña estaba ben desangelada…

Este ano, moi a pesar noso, acompañaríamos case toda a xornada a borrasca Hipólito, que de seguro oiu falar ben da Ruta do Cocido e decidiu participar. Durante toda a semana as previsións eran cada día peores e así foi… Tendo en conta as fechas nas que estamos tampouco nos debería de sorprender pero a esperanza é o último que se perde… Ainda así debemos de ser positivos, seguramente Hipólito foi o culpable de que o noso “amigo invisible” non nos quitara nin cambiara ningunha cinta nin flechas, asique nin tan mal…

O que sí nos sorprendeu moi gratamente foi que, dende moi cedo, a xente iba chegando e chegando, co bo rollo que se respira neste tipo de eventos e os ánimos estaban moi altos. Chegada a hora de saída as 9.30 non faltaban mais de 5 ou 6 bikers dos mais de 200 que estaban apuntados. Alucinante!

Demos a saída acompañados dunha orballada típica galega, eso sí, a temperatura boa asique alá fomos!

Salida neutralizada para callejear por Trasmiras e logo lume polo monte adiante. 45kms por diante para a ruta larga e 38 para a corta. Cun acumulado bastante levadeiro se non fose polo barro acumulado durante as choivas dos días anteriores que multiplicaba o esforzo por 2 ou incluso por 3.

Tivemos que movilizarnos rápidamente para preparar os diferentes puntos de avituallamento xa que os primeiros levaban moita presa. A chuvia iba a mais e con vento nalgunhas zonas. Os primeiros kilómetros e xa non se recoñecían as caras dos bikers, menuda maña…

Nos primeiros kms xa lles tiñamos preparada unha especial Matahomes (con alternativa) para os mais valientes e para ir entrando en calor. Eso sí, perfectamente amenizada con música variada, licor e gominolas. O azúcar é un bo aliado para os grandes esforzos… empezaba a festa…

O plato principal estaba no km 17 no primeiro avituallamento, un lugar desolador, entre pinos, con néboa. Alí esperaban o home da gadaña e os irmans Sawyer da matanza de Texas ca súa motoserra chea de gasolina, invitados especiales nesta ocasión… buhh!! Que medo!! Que maneira de dar pedal eses bikers. Non sabemos si polo medo ou polo xamón que os esperaba na carpa, que tamén pode ser, xa había fame… Alí puideron repoñer forzas co xamón e co licor e tamén barritas, naranxas e plátanos para os veganos… algún tamen aproveitou para facer algunha reparación para poder continuar con garantías e os que non puideron arreglar, non pasa nada, alí estaba o noso gran amigo Montero ca sua pick-up para rescatar a quen faga falta. A pesar da choiva todo estaba transcurrindo estupendamente ben.

Había que continuar, ainda quedaba moita tela que cortar ata chegar ó cocido. Non sin antes pasar polo seguinte avituallamento no merendeiro de Nocelo da Pena. Logo xa empezarían a baixar hacía Trasmiras pola zona, quizais mais bonita pero neste caso mais embarrada. A cara dos bikers xa o decía todo, sobraba barro e os kms pesaban, pero cando pasaban polos controis sempre nos dedicaban unha sonrisa e eso enchíanos de orgullo…

Sin prácticamente incidencias sobre as 14.30 da tarde xa non quedaba ninguén no monte, solamente os Catro Jinetes do Apocalipsis, os escobas, os mais pros do grupo que nesta ocasión decidiron ir atrás cerrando e controlando para que ninguén se quedase tirado no monte. Unha grandísima labor levada a cabo por Joao, Julio, Sergio e Samuel que, de paso, xa foron quitando cintas…

Xa solo quedaba ducharse e dar conta do cocido no Restaurante César que, coma de costumbre enchemos ata a bandeira. Festa e mais festa, amenizada coma de costumbre polo gran Carballal e a súa pandeireta ata ven entrada a tarde. Cocido a fartar, viño, postre e café acompañado de grandes amigos da bici. Un día redondo a pesar das inclemencias meteorolóxicas.

Terminamos cos sorteos de agasallos donados polos patrocinadores e entrega de trofeos xentileza do noso artesán particular Vallejo.

Dar as grazas o Concello de Trasmiras, Rivero polo chocolate, protección civil de Sarreaus, Celia e demais familia por prestar a sua axuda desinteresada para que todos puidésemos disfrutar deste día, a pesar de todo.

Pero sobre todo, GRAZAS a vos, amigos do BttNocelo. Mentres escribo esta crónica, estou oíndo polos medios que hoxe é Blue Monday, o parecer o día máis triste do ano… Pero non para os Nocelos, para nós é dos mais felices porque, unha vez mais organizamos unha ruta e non nos fallastes. Fixestes o esforzo de madrugar e levantarvos da cama, desplazarvos e vir a mollarse e embarrarse a Trasmiras. Todo ese esforzo voso nos compensa a nós o noso con creces a hora de organizar esta VOSA Ruta do Cocido, e que nos dá mais forza para seguir organizando nos vindeiros anos.

Despois disto queda de manifesto que no mundo hai duas clases de personas, os CICLISTAS e os demais… BttNocelo sempre con vos e para vos…. GRAZAS MIL!!!

Video dende a cámara de Ramón Mella