miércoles, 18 de noviembre de 2026

XVI RUTA DO COCIDO 2027

                           DIA 01/12/2026 ABRIMOS INCRIPCIONS




Un ano mais o Clube BTTNocelo xunto co Concello de Trasmiras organizamos  a festa da btt da Comarca da Limia  xa coñecida  como   """ Ruta  do cocido""".

  En todas edcións sempre temos algo novo que ofrecervos pois  en esta non ia ser menos estamos a

traballar nunha nova  trialera de 1,4kms para baixo,😄😄😄 que creo que  a ides a difrutar  .

Non faltaran os single track iste ano algun en sentido inverso, como non...., algunha petadiña pa quentar o corpo  , sendreiros,etc etc  e decir un pouco de todo para que disfrutedes  ,e pasedes unha mañan diferente. 

O percorrido  da ruta corta seran uns 35 kms  e uns 800m de acumulado positivo , teremos dous

avituallamentos solido liquido  no kms 13 e 22 mais ou menos , ademais de algun sorpresa mais . A ruta larga consta de uns 50 kms  separase da corta sobre o km 25 pa facer un bucle de uns 15 kms para enlazar de novo ca corta., habera un tramo de uns 2 kms que a faran 2 veces. Coma sempre teremos chocolate con bica antes da saida,  lavado de bicis , duchas , agasallo a cada participante,licorrrr, e para rematar un gran cocido con moita festa , plazas limitadas

PRECIO CON COMIDA 36 EUROS (100 PLAZAS)

SEN COMIDA :16 EUROS (100 PLAZAS)





lunes, 9 de noviembre de 2026

Ruta do magosto 26

 Domingo, 8 de Novembro de 2026 


 


Tempo de choiva e de castañas amigos, xa estamos metidos de cheo no inverno pero os Nocelos non abandonamos a paixón polas 2 rodas. No calendario xa había tempo que esta fecha estaba tachada. Como de costumbre non podíamos deixar pasar a oportunidade de facer unha paparota ca escusa do Magosto. A maña estaba nublada pero morna e as posibilidades de choiva foran desaparecendo según se viña acercando o fin de semana.  


As nove da mañan 12 Nocelos tomando un cafeciño na sede do clube o Bar Parque de Trasmiras para tomar rumbo ó monte que xa tan ben coñecemos pero que ainda nos sorprende de vez en cando descubrindo novos recunchos. Na cabeza de algún ainda estaba a dúbida da choiva que podía aparecer, xa que na anterior aventura ó Padornelo non nos deu tregua e houbemos de morrer conxelados… Pero nada mais lonxe da realidade, este día xa pintaba bastante mellor, nada que ver cas faldas do Trevinca… 


Arrancamos as 9.30 despois da foto de rigor cara a zona de Escornabois coa idea de sacar da cama o noso socio mais veterano, o amigo Valerio, que nesta ocasión non estaba pola labor de acompañarnos na bici anque logo viría dar conta do churrasco con nós. Continuamos cara o monte de Nocelo, o paraíso do Single Track e das trialeras que xa todos coñecedes… ou non… xa que estreamos outro novo tramo de mais dun km que estará totalmente acondicionado e limpo para a próxima Ruta do Cocido, si, si amig@s, o tempo pasa e a nova edición xa está a volta da esquina e o equipo de loxística do clube xa leva uns días dando lume co sacho… Como sabedes, non nos gusta repetir trazado dun ano para outro asique xa temos novos camiños e novos tramos Strava… 


A maña estaba realmente estupenda, ameazando chuvia pero sin caer unha gota e unha temperatura ideal para a práctica do noso deporte favorito. Ainda así a media maña houbo que repoñer forzas no improvisado avituallamento que nos tiña preparado o noso querido Patron a base de licor, frutos secos, cervexa e incluso unha Caixa de bombons que, según se falaba por ali, eran de cando fixo a primeira comunión. Acabamos con todo! E puxémonos outra vez ca segunda parte da ruta que nos levaría por un camiño antigo que trascorre ó lado dos Penedos grandes, e que cruza o antigo enclave da Civitas Limicorum, capital da Limia no tempo dos romanos. Logo de algo de historia tocaba a subida ó Viso que nos faría entrar en calor ata chegar o Marco dos Valentes. Outro cachiño de trialeras e xa baixamos dirección a Trasmiras para ducharnos antes de ir xantar. Cervexiña de rigor e logo ducha rápida, tan rápida que case non deu tempo de mollarse, xa que, alguén se olvidou de enchufar o quentador da auga e foi entrar e salir… 


As 14.30 todos na Parrillada Sport de Trasmiras para dar conta do pulpo e do churrasco, comentar as xogadas da xornada e botar unhas risadas coma sempre, todo amenizado como non podía ser doutra maneira pola pandeireta de amigo Carballal que xa está ensaiando para traer novos temas para a Ruta do Cocido.  


Outro día mais para enmarcar, bicicleta, monte, amigos e churrasco… sempre é unha boa mezcla. A nós gustanos tanto que xa temos as datas marcadas no almanaque dun ano para outro, se algún dia queredes participar solo tedes que estar atentos as redes sociais do BttNocelo. Estades tod@ invitados!! 

Vemonos no monte....


 










































viernes, 7 de agosto de 2026

20 Aniversario Xuntanza Nocelo

 XX Xuntanza BttNocelo 2026


Miércoles, 5 Agosto de 2026


Botamos a vista atrás… Tal día coma hoxe fai xa 20 anos, catro aficionados a bicicleta de montaña decidiron facer unha ruta un pouco mais larga do habitual polo monte de Nocelo, coincidindo coas festa patronais. Cas suas bicis de ferro alguns, e de aluminio algún outro e con frenos de zapata, tres platos e sin GPS puxeron rumbo o monte, charlando e botando unhas risadas foron improvisando por onde coñecían e pasaron unha maña estupenda, cando terminaron dixeron: -Hai que repetir! Así, rapaces, desta forma tan sinxela, foi como comenzou todo… A Xuntanza de BttNocelo foi colleitando mais amigos durante estes anos e convertiuse en cita obligada nestes calurosos verans da Alta Limia, sobre todo para os que teñen a sorte de estar de vacacións porque o aforo é limitado, xa que se trata dunha quedada entre amigos sin ningunha pretensión mais que a de pasalo ben… Logo duns anos de moito éxito foi cando se decidiu dar o salto a algo mais “profesional” e naceu a Ruta do Cocido que xa todos coñecedes, unha ruta un pouco mais multitudinaria pero co mismo espíritu de sempre, pasar un día estupendo con amigos e coas bicis…

Asique, día moi especial o que nos esperaba hoxe… Quedada pola maña cedo nas piscinas de Vilaseca para deixar os coches a sombra. Moitas caras coñecidas, abrazos os nosos amigos vascos que nunca fallan a cita e rumbo a Nocelo para a foto de portada. Unha vintena de bikers amigos do clube, moitos incluso dos primeiros participantes na Xuntanza ali estaban, non podían faltar por suposto…

Foto de rigor no campo da festa e callejear polo pobo dando os bos días ós mais madrugadores para logo continuar por sendeiros que xa todos coñecemos da Ruta do Cocido, aunque con algún que outro “atallo” polas carballeiras, bueno, o caso é ir pola sombra… Maña estupenda, por certo, con algo de neboa e un fresquiño que se agradecía. Non había ruta establecida, para que ninguén se despistase, solo o noso Patrón sabía por onde iba transcorrer a maña… Moita charla, pausas de hidratación (que tanto se puxeron de moda), e risas moitas risas coma sempre, iban transcurrindo os kms ata chegar o primeiro avituallamento “oficial” no bar do Peregrino en Alberguería, lugar mítico onde xa comemos nunhas cantas Xuntanzas anos atrás. Logo camiño de Santiago ata a aldea rural de Couso para continuar co reportaxe fotográfico e coa hidratación, por suposto. Xa solo quedaba baixar ata Lodoselo e unha ultima petadiña para meternos nos antiguos camiños de Nocelo que nos levarían polos arredores da Civitas Limicorum ó pé do fermoso Penedo Grande. Xa empezaba a picar o sol pero o ambiente era perfecto, xa faltaba menos para chegar a meta e darnos un baño na piscina e degustar unas cervexas frescas. E así foi, chegados a meta directos o baño e o bar para outra pausa de hidratación. Entre risas e anécdotas o noso Patrón deixounos e marchou na llama, iba preparar as viandas pa que ninguen quedase con fame. O final xa cairan 40 kms e case 800mts de acumulado.

Media hora mais tarde, chegamos a sede improvisada do BttNocelo, unha antiga casa propiedade dos ancestros do noso patron onde nos tiña preparada unha boa mesa e uns collages destes 20 anos de Xuntanza que mesmo parecía un museo, un lugar de peregrinación para calquer biker que nalgún momento da súa vida participara neste mítico evento…

A furgoneta do noso amigo Beni ateigada de churrasco e empanada, un cheiro que alimentaba, vamos o choio! Enseguida empezamos a dar conta do toda esa comida. Destacar a visita inesperada da parella do noso querido Ñaca, que decidiu levantarse a maña cedo e vir correndo dende Souteliño ata Nocelo, nada menos que 20kms correndo polo monte, se eso non é amor, xa non sei como se chamará, que afortunados… Por suposto, non lle podíamos negar participar na comida despois de semellante reto…

Non tardou o noso gran Carballal en botar man da pandeireta e da gaita para amenizarnos a comida como el ben sabe, cantando e tocando, mentres dabamos conta da empanada e do churrasco, que mais se pode pedir?? Ainda así, o noso Patron, que está en todo, tamen nos tiña guardado un postre a base de sandía, e tarta de chocolate, café e chupito!! Esto xa parecía unha boda…

Así ata ben entrada a tarde, para rematar uns caldeiros de cinz cheos de calimocho para calmar a sede e hidratar a garganta para poder continuar coas cantigas. Tamen houbo tempo de facer un curso expres de gaita para os nosos amigos vascos, creo que se lles da mellor a bicicleta…

Así amigos transcurriu un día que se fixo corto, xa viña o solpor e ninguen quería marchar, bueno algún tiña prisa por ir a piscina e marchou antes de tempo… os demais ali o pé do cañon, dando todo e deixando os caldeiros secos completamente.

Terapias destas precisanse moitas, neste mundo cheo de guerras e conflictos, estas xuntanzas fan que ainda teñamos esperanza nun mundo mellor, un mundo cheo de amigos que veñen de todas partes, que comparten aficións, papatorias, cancións, risas… Un mundo BTTNOCELO!!

Quero deixar unha mención especial para a persona culpable de todo esto, que a pesar dos anos non perde a enerxía nin as ganas de facer cousas, cos amigos e coa bicicleta, un auténtico apaixoado, sempre pensando “nalgo mais” e que, antes de acabar esta, xa está pensando na próxima, sempre tirando do carro, non coma un xefe, senon coma un auténtico LIDER durante 20 anos! GRAZAS PEPE NOCELOJAR, non cambies nunca…


Vémonos no monte….