Domingo 6 de Novembro de 2016
Varios integrantes de BttNocelo, levantámonos á maña para
levarmos a cabo a VIII Tour da Castaña do Riós. O primeiro que fixemos foi
botar unha ollada pola ventana e ver si o “home do tempo” levaba razón niso de
que iban a baixar as temperaturas ata 10 grados! O ceo estaba despexado… había
xeada…
Vallejo, Jose, Raul, Michel, Mingos, Pepe e Javi chegamos ó
Riós sin ter ainda moi claro de si de “corto” ou de “largo”… Sabiamos que
sairía o sol pero facía un frio que pelaba. Chegamos con tempo para tomar un
cafeciño quente no bar do pobo e para coller os dorsais sin prisa. Non se
preveía unha Ruta multitudinaria pero sabíamos que o percorrido nos iba a
gustar.
Apenas 50 bikers na saída de meta. Parecía mais ben unha
quedada entre amigos… Parecía, porque nada mais dar a saida un grupiño de
participantes saliu dando lume… claro, había trofeo para os tres primeiros…
Entre eles tiñamos os mais novos do grupo, Michel e Raul que iban dando conta
dos de adiante… Os demais salimos xuntos pero co paso dos kilómetros fomos
situándonos cada un según o seu nivel e fomonos escagallando polo camino cuns
centos de metros de distancia uns dos outros. O percorrido era do que a nós nos
gusta, sendeiros e camiños antigos sen moita dificultade técnica case sempre
rodeados de castiñeiros centenarios polo que parecía que iba a ser unha ruta
tranquila para disfrutar da paisaxe… Nos primeiros kilómetros Michel xa tivo
que abandonar o grupo de cabeza por un pinchazo, axudamoslle a cambiar a cámara
e volveu arrancar a toda mecha. Pero os problemas solo fixeron mais que
empezar. Algun que outro tramo mal sinalado deu paso a algunha que outra
pérdida polo que chegamos o avituallamento un pouco revoltos na clasificación.
Un avituallamento demasiado corto, xa que se facía no km 20 e a ruta constaba
case de 50km. Ata ahí un recorrido bastante ameno pero o difícil empezaba a
partires de ahí como xa nos avisaran antes da saída. Vallejo deixounos neste
punto logo de encontrarse indisposto xa dende primeira hora debido a un sábado moi
atarefado que acabou pasandolle factura… Os demais continuamos sen saber moi
ben onde estábamos cada un xa que o que mais e o que menos se perdera en algún
tramo…
Seguimos entre castiñeiros, sendeiros e canellas pero xa
empezaban as subidas duras. Un servidor (Javi), xa levaba uns cantos kilómetros
en solitario xa pensando que sería asi o resto da ruta, cando despois dunha
gran subida ali estaban o resto do equipo cas bicis cas rodas para arriba…
outro pinchazo… Tomámolo con humor e decidimos continuar xuntos ata o final, os
trofeos podían esperar… Fotos e moito cachondeo eran os acompañantes no noso
particular Tour da Castaña.
Empezamos a subidas e baixadas continuas, rompepernas e,
logo dun pouco, rompecadeas! Increible, as averías non terminaban. Miramos os
reloxios e o tempo viñasenos encima, houbo que facer chamadas para aplazar as
comidas en familia porque xa se vía que íbamos chegar tarde… Parecía que canto
mais nos achegabamos a meta mais difícil se puña a ruta, as constantes paradas
para reparar averías facían mella nas pernas que logo lles costaba volver
entrar en calor. Uns últimos repechos e cuns golpes de bombín conseguimos
vislumbrar por fin a liña de meta, de últimos claro, pero contentos de acabar.
Unha duchiña quente e, como xa cancelaramos a comida cas familias, decidimos
comer o menú que a organización nos tiña preparado todo baseado en castaña e
cogumelo, por suposto. Entrega de trofeos cun dos nosos como segundo
clasificado (Raúl, NORABOA!), sorteos e mais fotos fixeron que o final fose un
gran dia de disfrute do btt e dos amigos. Quizais non fose das rutas mellor
organizadas das que temos participado pero sabemos que a organización fixo o
que puido, o percorrido precioso e seguramente o ano que ven mais e millor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario