lunes, 13 de mayo de 2024

4 Picos Pontevedra 2024

 

Fin de Semana 10/11 de Maio de 2024

PONTEVEDRA 4 PICOS BIKE 2024

Se sodes amantes do Btt xa saberedes que este fin de semana se celebrou unha ruta das xa míticas no noso país, nada mais e nada menos que a Pontevedra 4 Picos Bike e, como non podía ser menos, os Nocelos acudimos en masa o evento. O bo sabor de boca de edicións anteriores fixeron que desta vez fósemos 17 compoñentes do clube a participar nas distintas categorías. O normal, dada a nosa forma física, sería participar na categoría reina, a 4 Picos pero como eramos moitos queríamos ter representación nas outras categorías tamén asique decidimos que os nosos socios mais pro fosen a 4 Picos e os demais a 2 Picos e incluso tiñamos un na categoría de E-bike que se nos colou a última hora… Asique Samuel, Champi, Jose e Ramón foron os elexidos para representarnos na etapa reina (130kms) e os demais participamos na media distancia (67kms).

Como nos gusta o turismo e para non madrugar moito o día da ruta tivemos que ir o día antes para Pontevedra, alugamos un albergue enteiro para nós no mesmiño centro da cidade e cun nivel de hotel de 3 ou 4 estrelas! Trátase do Albergue Acolá Hostel situado na calle Arzobispo Malvar 15 moi ben situado si queres callejear polo casco vello de Pontevedra. E eso foi o que fixemos, a media tarde cargamos 2 furgons coas bicis cortesía dos amigos Beni e Joao e alá fomos. Chegamos a Pontevedra a tarde-noite do venres e despois de recoller os dorsais e  acomodarnos no albergue salimos a coñecela cidade, cenar e dar un paseo polo casco antiguo. Ambiente espectacular e unha noite con temperatura agradable fixo que a cousa se alargara un pouco, xa sabedes que cando se está agusto o tempo pasa sin darte conta… incluso encontramos un local onde había un concerto que foi onde nos deixamos levar pola música e démolo todo ata que algún mirou o reloxio e nos avisou que se estaba facendo tarde… en fin, había que ira cama, o dia seguinte ía ser duro… Chegados o albergue tardou ainda en collernos o sono, supoño que polos nervios de participar nun evento tan importante, algún incluso decidiu facer de imaginaria, recordando os tempos da mili!

As 7.00 da maña empezaron a tocar os primeiros despertadores, buff que sono! Había que almorzar, vestirse, lavarse,dar crema de sol, evacuar e recoller todo intentando non deixar nada, a saída era as 9.00 e non había tempo que perder… Os da larga distancia tiñan a saída as 8.30 e decidiron vir directamente dende as suas casas porque nas camas alleas non se descansa coma na de un…

Pero alí estábamos as 8.30 na liña de saída para darlle ánimos os primeiros participantes e para ir collendo sitio para sair nos despois. Nada menos que 1200 participantes se esperaban nesta edición, o ambiente era brutal coma de costumbre e un despliegue de medios acorde co nivel, a cidade estaba prácticamente cortada para nós, impresionante!

Salida puntual as 9.00 da maña, un día espectacular de sol que nos acompañaría todo o día. Algo de callejeo por  Pontevedra e enseguida deixamos o asfalto para adentrarnos nos montes de eucaliptos para encarar o primeiro pico Xaxán que está por enriba dos 600mts de altitude e tendo en conta que saímos do nivel do mar, quedaba moito que subir… Nos primeiros kms xa nos fomos desfacendo dos manguitos, xa non facía falta, xa entramos en calor. Todo moi ben sinalizado con cintas e flechas, non había maneira de perderse, bueno si que había porque algún así o fixo pero bueno,  sin maiores consecuencias…

No  km 17 na metade da subida xa nos esperaba o primeiro avituallamento, amenizado cun música de Dj disfrazado de león e un espectacular surtido de frutas, pastelitos, auga, zumos, frutos secos, isotónicos… había para todos os gustos e incluso un coche taller para facer pequenas reparacións. Repoñer forzas e encarar o ultimo tramo ata as antenas, cada un o seu ritmo fomos acercándonos e alí paramos para xuntarnos todos e disfrutar das espectaculares vistas da ría, o mellor pico en canto a vistas, sen dúbida… Bueno, quedaba a baixada que nos poría os sorrisos na cara, sendeiros e mais sendeiros entre eucaliptos onde cada un se deixaba levar según o valor que tiveras, aínda así as baixadas eran aptas para todo tipo de públicos sen moitos perigos, outro dez para a organización…

Chegados abaixo xa estaba media ruta feita, quedaba a ultima subida o monte Fracha que non está tan alto coma o anterior pero había que chega atar ali… o calor xa empezaba a apretar e cando tocaba pista aberta cara arriba xa pesaba, pero paso a paso e con paradas intermedias fomos dar co segundo avituallamento onde nos cruzamos cos compis que iban facendo a ruta larga. Retomamos forzas con algo de todo e continuamos cara arriba. Como íbamos ben de tempo inda tivemos que axudarlle alí a un albañil a facer un pouco de masa, xa sabedes que os nocelos somos moi serviciales e alí onde vamos gústanos botar unha man ó que sexa… Pouco a pouco fomos levando como se podía, o sol apretaba con forza e as sombras eran escasas pero disfrutando da paisaxe e da compañía que nos íbamos atopando polo camiño, xa sabíamos a que viñamos asique resignación e para adiante que xa faltaba menos…

Chegados arriba, xa solo quedaba baixar, ou eso parecía. Chegamos o tercero avituallamento e xa case de festa porque xa non quedaba nada! Solamente a baixado mais espectacular da ruta o Bike Park Coliseo 4 Picos, un circuito permanente onde podes practicar o DH dependendo do valor que teñas… Sin incidencias chegamos a un polígono e xa parecía que se acaba a festa pero ainda quedaban os últimos 10 kms de sendeiros cuns repeitos que aquelas horas do día xa se facían interminables… Logo xa solo nos quedaba un sendeiro o lado do río para disfrutar e entrar na cidade con cara de satisfacción cando o DJ nos anunciou a entrada do pabillón. Chegamos! Fotos, medallas e a comer que xa había fame, un buffet con frutas, bebidas, pizza, pasta e incluso café, que mais se podía pedir?? E logo unha duchiña en auga quente xa foi a repera. Despois de tantos corredores e encontrarte auga quente non é fácil asique outro dez mais para organización.

Xa recuperados solo nos quedaba ir esperar os compañeiros da ruta larga, o primeiro en chegar Samuel despois de 8 horas de puro lume, noraboa! E os tres restantes unha hora mais tarde pasaban pola meta, menudos valentes todos! Noraboa a todos eles.

Antes de marchar os amigos de Pontevedra nos tiñan reservado un trofeo ó segundo equipo mais numeroso. Foto de familia, últimas compras nas tendas do pabillón e fin de semana de pedaleo finiquitada.

Dar a noraboa un ano mais a organización por todo o traballo que supón facer unha ruta destas características e onde non houbo ningún detalle que necesitase de mellora. Xa son moitos anos organizando e iso nótase. Todo o mundo cansado pero contento. Un evento que ningún biker pode deixar de visitar polo menos unha vez na vida… GRANDES!!

 

Vémonos no monte!

















.












4 comentarios:

  1. Boa crónica... Non vos vi, saín atrás..

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois festa ainda fixemos alguha ,😀😀

      Eliminar
  2. Gracias por vir sodes uns cracks ,mui agradecidos

    ResponderEliminar
  3. Camilo Lopez Valencia13 de mayo de 2024, 6:14

    Moi grandes máquinas!!!. Vemonos na próxima

    ResponderEliminar