Por segundo ano consecutivo o club Bttnocelo organizou a Kdd de Vilar de Santos, xunto co Concello e co patrocinio de Extintores Oterino.
A ruta diste ano pasouse o mes de octubre por razóns de calendario, e foi novamente todo un éxito, contamos coa presenza de moitos amigos do btt da provincia que nos fixeron pasar unha agradable xornada.
Saimos deVilar de Santos dende a Praza do concello e disfrutamos o longo dos 42 Km de percorrido, para termina cunha agradable comida moi ben amenizada polo compañeiro Oterino.
Agradecemos os nosos colaboradores a sua axuda, sin a cual sería difícil a realización desta ruta.
Tamén queremos rexeñar o interés do periódico La Región por facerse eco, o que sin duda fará que cada vez o deporte da bicicleta teña máis acollida na comarca da Limia.
Iste, en definitiva; é o obxectivo polo que traballamos, gozar dun deporte sano que respeta a natureza e o entorno, e que dende as posibilidades que temos, loitamos pola súa conservación.
"artigo publicado polo diario La Región"
TRACK : II Kdd Btt de Vilar de Santos
(enlace co archivo de fotos de Picasa)