IV Ruta da avestruz
Un dos eventos do
Club que cada ano que pasa ten máis aceptación é a “ Ruta da avestruz”.
Dar as grazas aos irmáns
Ángel e Sergio que nos doaron os polos, así como a Paco que os criou na súa
finca.
Este ano o Concello elixido para facela, foi Vilar
de Barrio. Director da Ruta: “Roberto”Loxística “Formoso” alias ( Pepiño). Agradecer ao
Alcalde polo detalle que tivo con nós
así como a propietaria do bar da Bóveda.
Marcaba o reloxo as catro
da tarde cando 25 Bikers estabamos preparados para disfrutar dunha tarde entre amigos,
e como non, coñecer novos sendeiros.
Os primeros kilómetros foron levadeiros entre risas e bromas.
Fomos adentrándonos carrouchos e corredoiras que é o que máis nos gusta, non sen
antes facer unha pequena parada, xa que o amigo Samuel tivo un pinchazo, nada que
non se puidera arreglar. A primeira dificultade montañosa estaba cerca do alto da
Farria, onde cada un foi subindo ao seu ritmo, as vistas dende a cima ,
espectaculares. Despois dunha pequena baixada por un cortalumes outra petadiña onde
o que máis e o que menos tivo que apretar os machos. Adentrámonos tamén por
algún sendeiro do camiño de Santiago que nesta época do ano a vexetación ten unha cor especial. Que ledicia.
Cando xa tiñamos a meta á vista , o amigo Roberto ainda nos
tiña unha sorpresa. Un xantar sen postre non é comida, e unha ruta sen unha petada
final tampouco, pero mereceu a pena xa que o sitio é para repetir, aproveitamos
tamén para percorrer o novo roteiro que fixeron na zona.
As 19:30 foi a hora de chegada á meta ,Bar de Bóveda, onde
nos estaban esperando unhas cervexas ( 1906) ben frías , acompañadas por unhas
empanadas e un lacón, algún aínda dixo que non se quería ir duchar a casa polo
que collimos unha mangueira e xa lle
fixemos o traballo, despois dunha duchiña con auga (morna) no pabellon de Vilar
de Barrio, emprendemos camiño para O Restaurante César onde degustamos unha paella así como un estofado de polo. Que
bonita xornada entre amigos, rutas das que fan afeción
Próximo destino Cais da Regua. Vémonos no monte.