lunes, 11 de junio de 2018

Reportaxe de BttNocelo no periodico o Sil

Temos que dar as gracias o periódico o Sil por incluimos no seu especial sobre os Clubes de BTT da provincia.

miércoles, 6 de junio de 2018

GRAN FONDO GERES 2018

GÊRES GRAN FONDO 2018
Domingo 3 de Xuño de 2018
Toca levantarse cediño como xa case estamos acostumados para facer o que mais nos gusta, sair na bici… Pero esta vez era diferente… Ibamos estrenarnos nunha marcha cicloturista. Como vos amantes da bici que somos, de vez en cando tamen facemos algo de carretera polo que decidimos aceptar un novo desafío por primeira vez cas nosas “flacas”. E non era un desafío calquera, nada mais nin nada menos que o Gêres Granfondo. Dende o primeiro momento que oímos falar del non o pensamos dúas veces e apuntámonos e así xa non había volta atrás. Desta vez solamente dous integrantes do Clube, Pepe Nocelojar e Javi, moi ben acompañados polos nosos amigos, Angel de Verín e Freire de Monforte. Pouco máis de unha hora de camiño nos separaba de Vila do Gêres e a ventaxa de ser unha hora menos por ser en Portugal fixo que o madrugón non fose moito.
Pero, o día pintaba moi mal, as previsións eran de choiva e a auga mezclada ca bici de carretera non é nada recomendable… Pero en fin, ala fomos, de todas formas o Xurés ten microclima, dixemos…
Logo de pasar a fronteira pola zona de Lobios, concretamente Portela do Home, empezamos a baixar hacia o pobo portugués onde sería a saída. A nevoa era cada vez mais pechada e seguía chovendo. Aparcamos os coches e o sair xa nos demos conta que a cousa iba ser pasada por auga, asique recollemos os dorsais e, por suposto, os chubasqueiros… O pobo estaba totalmente colapsado polas bicicletas e todo xiraba en torno a marcha, as calles cortadas e a principal ocupada totalmente pola liña de saída e tampouco había moitas mais. Os coches aparcados por todas as esquinas e unha chea de coches de apoio, guardias motorizados, bombeiros, ambulancias… parecía que estábamos na Volta a España!
As 10 da maña, hora española, deu comezo a proba. Seguia chovendo e a neboa non levantaba. Os primeiros kms neutralizados ata sair do pobo e baixando… todos en pelotón e chovendo había que levar moito coidado de non cometer errores xa que a cousa estaba moi perigosa, os freos apenas funcionaban e o chan estaba moi esbaradizo. Moi malas sensacións nos primeiros kilómetros… Afortunadamente parou de chover e ainda que seguía moi encapotado a chuvía deunos un respiro e, pouco a pouco, a carretera foise secando e o pelotón espallándose e as sensacións empezaron a mellorar.
Asi foron transcurrindo os primeiros 50 kms, sen apenas subidas, case parecía un paseo. Pero todos íbamos gardando forzas porque xa sabíamos que a cousa cambiaría en breve… Chegamos así o primeiro avituallamento onde nos esperaba unha charanga con música para amenizar aquela “orxía” de comida. Dúas persoas cortando xamon, frutas, dulces, membrillos, sanwiches, e bebidas de todo tipo. Enchemos ben a barriga e ala fomos, empezaba o Gran Fondo… Nos primeiros kms fixemos un acumulado de apenas 500 mts e logo na ascensión o Monte de Sta Isabel de 9 kms coronamos con mais de 1200mts de acumulado…duro, duro… Un porto cunha pendiente media dun 7% pero que por momentos chegaba a 9, 10 e incluso 14, cousa que xa se encargaba a organización de ir decindo cada kilómetro con sinais que non facían mais que agobiarte pensando no que che quedaba. Cada un fomos collendo o seu ritmo
e eu incluso tiven que facer a técnica do “ciclista borracho”, subir en zig-zag para poder coller algo de cadencia e poder aguantar ata arriba.
Logo de coronar quedábanos o consolo de que había unha boa baixada para poder descansar as pernas e así foi, polo que se podía oir, este era o puerto mais difícil polo largo que era, agora os que quedaban eran mais curtos pero moi intensos tamén. Quedaba moito por diante…
O final da baixada, sen tempo de nada mais xa comezamos a subida as Cerdeiriñas, desta vez eran “solo” 5 kms con un desnivel medio de 6.6% casi nada… Aquelo parecía unha procesión de Semana Santa, as caras da xente empezaban a denotar moito cansancio e moitos incluso botaron pé o chan para poder subir. Non foi o caso de ningún de nos xa que todos conseguimos subir na bici, eso si, cada un o seu ritmo… No alto estaba esperándonos outro descanso con comida para repoñer forzas e continuamos durante uns 10 kms con lixeira baixada e falso llano, atravesamos cantidades de povos onde a xente se amontonaba nas aceras para animar, dende o povo mais grande ata o mais pequeno sempre había alguén disposto a dar ánimos, increíble.
Outro repecho máis, o Fafiao, uns 2 kilómetros con un 10% de desnivel, sin tregua, sin descanso… con rampas no medio que en algún caso alcanzaban o 17%... era como subir o Everest , canto sufrimento en tan pouco tramo. As pernas cargadas de tanto esforzo e o corazón a mil e inda quedaba máis!
Ainda así había tempo de disfrutar das vistas espectaculares que nos ofrecía o lugar, atravesando varios embalses nas baixadas e logo nas subidas as impresionantes vistas do Xurés e daquelas maravillosas terras portuguesas…
Outro avituallamento no alto do Fafiao e baixadiña para relaxar as pernas e prepararse para o último pico, a Hermida, desta vez eran 3 kms con un desnivel medio de 6.6%. Despois do que levábamos subido case parecía llano, aquí si que aproveitamos para sacar algunha que outra foto xa que as vistas merecían pararse a contemplar un ratiño e descansar. Coronamos no km 104 e agora xa solo quedaban 10 para a meta, algo de baixada e volvemos para o punto de partida no que os últimos dous kilómetros eran en falso llano e fixéronse ainda bastante longos despois de que como viña o corpo. Entrada espectacular en meta onde a xente aplaudía e animaba a todo o mundo e co speaker dando os últimos folgos os bikers, recollemos por fin, a medalla de Finishers do Gêres Granfondo 2018, despois de 6 horas, 113 kms e mais de 2400 metros de acumulado, case nada tratándose dunha cicloturista.
Xa solo quedaba comer para repoñer forzas, facer as fotos de rigor pola zona de pódium, darse unha boa ducha e disfrutar do ambiente de mais de 1800 participantes que había neste ano nunha das marchas que quedará grabada nas nosas retinas. Todo o que nos contaran era certo, solo queda quitarse o sombreiro ante unha organización tan sorprendente como ésta nun paraxe expectacular que solo invita a voltar o ano que ben. Alí nos vemos!