martes, 26 de diciembre de 2023
Ruta de Nadal 2024
Ruta Nadal 2024 BttNocelo
Sabado 23.12.202
Hai rapaces! Como pasa o tempo! Inda parece que foi onte
cando nos estábamos atragantando cas uvas e xa volvemos estar terminando o ano…
Asique… coma de costumbre os Nocelos aproveitamos para
organizar unha das rutas “oficiales” do Clube. A Ruta de Navidad. Ben
abrigadiños, cos gorros de Papá Noel e cas bicis cheas de lucerío, xuntámonos
as 16.00 horas no noso cuartel general, o Bar Parque de Trasmiras, para tomar
un cafeciño e logo tirarnos ó monte…
A tarde estaba soleada, perfecta para o Btt pero eso era o
de menos, as horas de luz son poucas nesta época pero non pasa nada, esta ruta
sempre acaba en nocturna, asique xa estábamos perfectamente preparados para
todo o que nos esperaba…
Uns 15 compoñentes do clube ( cada ano somos mais), puxemos
rumbo ó monte, en grupo con tranquilidade case cantando villancicos, non había
nada que demostrar, solo pasalo ben e disfrutar da xornada.
Facía bastante fresco pero os primeiros kms son en subida
asique, pouco a pouco fomos entrando en calor. Aproveitamos para probar parte
do percorrido da vindeira Ruta do Cocido, incluidas as novas trialeras que non
defraudaron, esperemos que vos gusten! Inda tuvemos tempo de facer algunha
alternativa a unha “matahomes” que temos preparada pero bueno, non podemos dar
mais información, asique teredes que vela en persoa o 14 de Xaneiro…
Cunhas cousas e outras fíxose de noite, non pasa nada,
encendemos as luces das bicis e continuamos ata chegar a zona do merendeiro
(chámaselle “de Baldriz” equivocadamente pero é de Nocelo da Pena). Alí nos
estaba esperando outros dous membros do clube co avituallamento tradicional
destas fechas: turrón, uvas pasas, champán, sidra, etc, etc Xa empezaba a xear
pero eso non nos quitou as ganas de troula, alí brindamos con champán e pedimos
os nosos desexos para o vindeiro ano. Tamén aproveitamos para facer o video
para felicitar as festas a todos os nos@s amig@s, que sodes moitos e alégranos
moito.
Bueno, recoller todo para non deixar ningunha pegada de que
estivemos alí e baixar para Trasmiras onde nos estaban esperando uns pinchos
que nos tiña preparados a nosa amiga Vanesa para entrar en calor, porque as
temperaturas xa baixaban dos cero grados…
Aproveitamos para facer un sorteo onde ninguén quedou sen
agasallo, o mellor deles, unha cesta valorada en 120 euros foi para o benxamin
do grupo, Jose, que seguro que dará boa conta dela estes días de vacacións…
Tamen se deron os gañadores do noso concurso ó Biker
Revelación: Manoliño, o Biker mais Pro: Samuel, o biker mais en forma: Mingos e
o biker máis fotogénico: Nando. Noraboa a todos eles!
Pero esto non acabou aquí, esperábanos unha cea no
Restaurante Calahorra para rematar a noite da mellor maneira, comer, beber,
falar e rir despois dunha tarde de btt. O broche final a este 2023 que xa está
a piques de rematar. Gracias a tod@s os amigos do BttNocelo por acompañarnos no
noso deporte favorito e os mellores desexos para este 2024 no cal seguiremos
disfrutando do monte mentres o corpo aguante! Bo Nadal!
Recordade que o 14 de Xaneiro será a Ruta do Cocido, as
inscripcións están abertas a través da nosa páxina. Con novas sorpresas e moi
bo ambiente, esperámosvos!!!