lunes, 29 de abril de 2024

 


                                       V RUTA DA AVESTRUZ


Sábado 27 de Abril de 2024


Como  amigos do BttNocelo, a estas alturas da vida, xa sabedes que o noso clube ten varias rutas programadas ó largo da tempada de carácter “oficial” onde aprobeitamos para confraternizar, andar en bici e, por suposto, papar e pasalo ben…

Desta vez tocaba a Ruta da Avestruz que xa vai pola edición numero 5 (está claro que estas rutas fan afición). Trátase dun paseo en bici pola zona de Trasmiras e Sarreaus e logo un menú degustación, neste caso, de polo criado con todo cariño polos nosos socios Angel e Sergio e logo ben cebados polo amigo Paco e o seu cuñado. A semana antes houbo que xuntarse para a matanza e para a preparación das viandas que logo se encargaría de preparar o noso restaurante de referencia Casa César de Trasmiras…  Os Nocelos sempre traballando en equipo como ten que ser.

Coma de costume, xuntanza no cuartel general do clube Bar Parque as 15.30 horas para tomar café, foto de rigor e tomar a saída ó redor das 16.00. Toda a maña case a pasou chovendo e a tarde non pintaba moi ben pero a data estaba posta e xa non se podia cambiar. Tirámonos ó monte 23 Nocelos con ganas de pasar unha boa tarde en compañía. Seguindo básicamente o percorrido da Ruta do Cocido con algún que outro desvío, sempre en busca de novos sendeiros. As nubes foronse dispersando e a choiva non nos acompañou desta vez, tarde perfecta! Como non podía faltar nunha ruta deste calibre fomos dando conta das trialeras mais que nada para que queden ben marcadas e non desaparezcan entre a maleza…

Entre risas, fotos e algún que outro despiste e bastante barro fomos acercándonos hacia a liña de meta, non sin antes descubrir uns novos sendeiros no último tramo que disfrutamos ó máximo, algún incluso, por un momento, parece que o tragou a terra! En fin, cousas do btt de aventura…

Chegamos a Trasmiras e que mellor que unha duchiña quente no pabillón para logo tomar as cervexas no Bar Parque, onde tamen nos esperaba unhas boas tortillas con cebola que estaban para lamber os dedos e para os que non querían cebola na tortilla había tamen uns tacos de queixo exquisito… Todo esto está moi ben pero ainda quedaba a cea a base de polo no Restaurante Casa César asique alá fomos. Alí apareceron alguns mais que tiñan mais ganas de comer que de andar na bici pola tarde, non pasa nada, chega para todos…

2 / 2

Empezaron a traer as bandexas de polo coma se fose unha boda! Entre plato e plato, coma de costumbre o noso gran amigo Carballal amenizaba a velada cos cantares de colleita propia que moitos xa coñecedes…

E así chegou o postre, o café, os chupitos e os Gintonics e outra tarde noite que queda para o recordo. Xuntanza con amigos, bici e paparota que mais se  pode pedir??

Solo queda esperar a próxima que será o 8 de Xuño e a que estades tod@s invitad@s!! Aventura Cais da Regua!!


Vémonos no monte…