lunes, 4 de febrero de 2019

Ruta da candelaria 2019

Domingo, 3 de Febreiro de 2019

O que empezou sendo unha conversa por watsap entre dous Nocelos, acabou ó final na Ruta da Candelaria 2019, unha ruta que xa fixeramos outros anos coincidindo cas festas patronais do pobo que nos viu nacer, Nocelo da Pena, e que desta vez tamen levamos a cabo en compañía duns cuantos Bikers da Limia… En total 17 valentes amantes do btt nos xuntamos as 9 da maña do domingo para desafiar as baixas temperaturas e dar unha voltiña polo monte en boa compañía. Casualmente o único día da semana onde a chuvia e a neve fixeron unha pequena tregua…
Puntuales e sen presa pero sin pausa arrancamos monte arriba, a néboa enseguida nos enguliu pero non tardou en chegar a primeira subida na que xa entramos en calor e, a pesar dos 0 grados ambientales e a néboa, xa non pasaríamos frio no resto da ruta.
Aproveitamos para facer algún que outro tramo da Ruta do Cocido para recoller algunhas cintas que ainda quedaban e todos xuntos fomos pasando os kilómetros, sempre en pelotón e falando e rindo e, por suposto, sacando fotos… Ainda tuvemos tempo de ter algún pinchazo pero nada que non se puidera solventar.
Mentres surcábamos os montes da zona, oíanse ó fondo as bombas que, case parecía que nos chamaban, supostamente había algo esperándonos no bar… Asique, non había moita gana de facer kilómetros pero a ansia de descubrir novos sendeiros fixo que os poucos que fixemos ainda foron bastante duros, sobre todo porque o terreno estaba algo pesado polas chuvias dos últimos días…
Despois duns 30 kms de bonitos sendeiros baixamos pola nosa querida trialera, que todos os  participantes da Ruta do Cocido xa conocedes, con dirección o bar onde nos esperaba unha boa pota de callos, acompañados de cervezas varias e un bo postre a base de filloas, (moitas gracias a Mari e Moncho). O broche final para unha boa maña de btt, das que fan afición, boa compañía, bo percorrido e perfecto final…
Ata a próxima! Vemonos no monte…