lunes, 28 de octubre de 2019

II BTT Concello de Toen.

 Onte o noso clube estivo presente na segunda edición da btt Concello de Toén  .Como todo bo madrugador quedaron as 8:15 na Antela pa tomar un cafeciño e quentar o corpo,ali se xuntaron champi que traia o seu amigo fali (proximo socio do clube)Beni co seu socio e amigo do clube Miguel Lamelas e Nando ,despois de tomar o tentempié tomaron rumbo a Toén,,o chegar alí toparonse co  Higinio membro das Raposas clube amigo dos Nocelos que decidiu facer a ruta con eles.despois de coller os dorsais e saudar alguns bikers coñecidos comenzou a ruta.Empezamos cada un collendo o seu sitio os mais desesperados xa na cabeza e nin a 1km xa nos metemos o monte,pista para aqui ,pista para ala e de repente xa empezamos a entrar nos carrouchos nos que os bikers iamos en fila india coma formigas,trialera para baixo e trialera para arriba asi durante case 13km todo moi ben sinalizado.Chegando o km 14 ali estaba o primeiro avituallamento donde nos reagrupamos e repuxemos forzas, atopamonos co bo amigo Ruben e cuñado dun dos socios mais xovenes do noso clube,e preguntounos si podia ir acompañandonos o resto do traxecto,"como non foi a nosa resposta".arrincamos costa abaixo pero pouco durou a 300m xa nos metemos nunha pista hacia arriba ,cando pensamos que todo iba transcurrir asi veu un desvio por un cortafuegos hacia abaixo,baixada moi técnica podia nun carteliño e vaya si era chegamos o pe do rio case e a 50m outro cortafuegos pero esta vez era o revés hacia arriba.subimos cada un como pudo e collemos unha pista amplia sempre hacia arriba chegando case a metade outro desvio, cortafuegos hacia arriba a xente xa empezaba a queixarse,o chegar o alto reagrupamonos e ali vimos como moitos bikers collian a carretera rumbo a toén e abandonaban a proba.Nos vimonos con forzas e decidimos seguir,a 1km atopamonos co banco mais fermoso do mundo asi poñia no seu costado e a verdade e que tiña unhas vistas fermosas,sacamonos a suas respectivas fotos e seguimos.baixamos unha pista ampla pero na metade stop desvios por un cortafuegos,jjjj parece que nos querian dar tregua,baixamos ata o pe dun regato e cruzamos un par de pontes estreitas pero fermosas e chegamos o segundo avituallamento ali paramos pouco porque senos viña o tempo enrriba,salimos de ali e empezamos a subir por un camiño moi empedrado que case non eras capaz de levar a bici dereita, chegamos a unha bodega donde nos esperaba un grupo de persoas e rapaces animandonos a seguir, salimos de ali e cual foi a nosa sorpresa...atoparnos con duas pedras na metade do camiño por donde solo pasaba a bici polo medio,un camiño intransitable e pino moi pino,ali non houbo mais remedio que votar o pe o chan, e subir como se puido.daposto que dos 200bikers que habia por ali non subiprimeiro.chegamos o alto e collemos xa rumbo as antenas do repetidor a poucos km atopamonos o terceiro avituallamento ali decidimos que cada un fixera a guerra por sua conta xa que se facia tarde e algun tiña que ir traballar,arrancamos como non subindo e fomos indo desta vez todo por pistas amplas subindo e baixando ata chegar a metab.Ali esperabanos os demais bikers e un grupo nutrido de xente o pe dunha mesa ampla chea de comida e bebida.Dende o clube BttNocelo dar as grazas o clube e a organización da ruta polo recebimento e o trato con nos. VEMONOS NO MONTE






martes, 15 de octubre de 2019

II RUTA BTT TERRAS do BARBANZA

Domingo, 13.10.2019 Catro dos mellores homes do BttNocelo que formaban un comando, colleron rumbo a Boiro para participar na II Ruta Btt Terras do Barbantia, non tardaron en salir primeiros na liña de saída disparados hacia a montaña, hoxe buscados ainda polo resto do equipo, sobreviven comendo marisco a esgalla…. Bueno… realmente…. non foi así… Si, eramos catro integrantes do BttNocelo os que nos demos un bo madrugón para poder acercarnos as terras do Barbanza para participar na Ruta Btt que nos tiñan preparados os nosos amigos do Barbantia Roda de Boiro. As 6 da maña sonaba o despertador, o locutor da radio falando algo sobre non sei qué dunha Cicloxénese… bueno carallo, esto é Galicia, catro jotas e listo! Logo de tomar un café rápidiño, os 4 Magnifícos puxemos rumbo a costa. Mingos, Vallejo, Pepe e Javi que xa o falaramos tantas veces e o final chegara o día… Despois de varios anos de que os amigos do Barbantia non se perdían a nosa tradicional Ruta do Cocido, por fin ibamoslle corresponder como se merecen… O ceo estaba moi encapotado e enseguida empezou a chover prácticamente durante case todo o traxecto… pintaba moi mal o día pero bueno, chegados a este punto non había volta atrás. Sobre as 8.30 da maña chegamos a Boiro, orvallaba un chis pero a temperatura era moi agradable. No pabellón de deportes estaba todo xa preparado, o espeaker falando e os bikers charlando uns cos outros. Recollida de dorsais, saludar os amigos do clube e colocados na grella de saída de corto e prácticamente sin chuvasqueiro, calquera o diría… As 9.30 en punto deron a saída e cerca de 150 bikers puxemos rumbo ó monte, logo de facer o paseo da Praia e callejear un pouco xa collemos sendeiro arriba prácticamente en fila india e así case o 90 por cento da ruta, por interminables sendeiros con trialeiras e baixadas que parecían auténticos single tracks… O percorrido era precioso pero bastante duro con subidas constantes, algunhas de botar o pé o chan, conscientes delo o clube Barbantia Roda habilitou alternativas nas subidas mais agresivas algo non moi común pero que me parece bastante mais sensato que poñer alternativas para as baixadas como se suele facer habitualmente, un dez para a organización neste sentido. Como en forma física non coincidimos moito, decidimos dividirnos e ,Mingos e Pepe tiraron co coitelo nos dentes e Vallejo e Javi decidimos disfrutar da paixaxe e levar o ritmo que se podía… De vez en cando había que parar para contemplar dende arriba as vistas da ria que eran realmente espectaculares a pesar do día gris que tiñamos. Asi fomos chegando ata o avituallamento onde nos reagrupamos para sacar unhas fotiños e repoñer forzas e, por que non, buscar algún boletus… Metémoslle un pouco de todo o corpo porque por alí xa se escoitaba decir que faltaba a subida larga… vaia aquello inda non acabara… Arrancamos os catro xuntos pero pasados uns metros volvemos cada un ca súa parella de principio para acometer a subida grande da mellor maneira posible. Seguíamos entre eucaliptos, pinos, castiñeiros, paso a paso, o terreno estaba moi blando e por momentos costaba moito avanzar, con moita calma e sufrindo fomos chegando o alto dos Chans onde nos esperaba unha boa llanura, con un terreno moi peculiar entre penedos e charcos de auga e lodo que facían que andiveses con pes de plomo para ver por onde pasabas senon querías espetar as narices no chan. Había diferentes alternativas para chegar o mesmo punto polo que ese tramo se fixo especialmente divertido. Por fin empezábamos a baixar… impresionante a cantidade de carrouchos polos que pasamos, a veces xa parecían montañas rusas… Sendeiros moi pisados con firme moi bo e prácticamente sin perigo que facían quese baixase moi rápido e disfrutando moito. Xa tiñamos Boiro ós nosos pés, xa case chegamos pero antes ainda nos tiñan preparado outro tramo a carón do río na mesma liña que os anteriores, carrouchiños estreitos con algunha que outra dificultad técnica que nos sacaba unha sonrisa constante… Os últimos metros pola nova pasarela de madeira que nos levaría a parte de atrás do pabellón de deportes para finalizar a ruta. Algo embarrados, cansados pero moi contentos e satisfeitos de pasar unha mañan que se preveía mala e resultou maravillosa… Xa dentro do pabellón nos esperaban os pinchos a base de empanada, callos, sardiñas, mexilons, cervexa, etc que nos fixeron incluso olvidarnos da ducha e cando nos demos conta empezaban a entrega de trofeos e os sorteos de agasallos. Por suposto o trofeo ó corredor e ó clube mais lonxanos viñeron para casa ,e algún que outro regalo interesante tamén… Logo de terminar todo unha ducha ben quente e a comer un marisquiño que ben o merecemos… Despois sí, empezou a chover… Un día máis satisfeitos de coñecer sitios distintos facendo o que mais nos gusta. Cando te tratan como se foras da casa estando tan lonxe sempre é gratificante e o ver que tamén hai xente noutros lugares que poñen interés en facer as cousas ben feitas fai que o madrugón se olvide e que o disfrute sexa o prato principal… GRACIAS BARBANTIA RODA!! Por algo o noso amigo Vallejo sempre fala de vos…















martes, 1 de octubre de 2019

IV Marcha Cualedro 2019

 Domingo 29.09.2019 Pois sí, hoxe corríamos en casa e notouse, Cualedro iba estar cheo de Verderons!,pero antes tiñamos que tomar café e que mellor que parar en Trasmiras onda a nosas amigas do Bar Parque para coñecer as suas novas instalacions. 15 compoñentes do clube nos xuntamos alí antes de ir ata Cualedro que chegamos nun periquete, tocou coller dorsales, e como non, xa nos fixemos notar, algún incluso se atreveu a botar un baile! e que polo visto éramos o Club mais numeroso. A ruta larga decidiron ir : Joao, Mingos, Ramón, José e Pepe, os demais a corta, mais que nada para ter representación en ambas categorías… As 9.30 en punto deron a saída, os que iban a ruta larga como lles quedaba moitas costas que subir saliron a lume de carozo, e os demais como se podía. Pronto empezaron as subidas e prácticamente foron constantes, solo de vez en cando algunha baixada pequena para facernos ilusions pero enseguida volvíamos a subir, así ata o pobo de Lamas onde nos esperaba o avituallamento con todo o necesario, menudo despliegue de medios en toda a ruta! Entre os membros de Protección Civil e voluntarios non quedou ningún cruce sin cobertura, incrible! Logo de unhas boas subidas chegou a baixada ata Rebordondo onde no fondo se separaba a Ruta Longa da Curta nun sitio ven coñecido por nos, xa que varias veces pasou por ahí a nosa Ruta do Cocido. Ali os da corta voltaban a subir ata arriba outra vez ata chegar a Curbaceiras atravesar o pobo en dirección a Penaverde e chegar asi, despois de 30kms e case 800 metros de acumulado, ó punto de partida. Os da ruta Larga continuaron dende Rebordondo con dirección a Baldriz cunha boa subida, decidiron ir os 5 Nocelos xuntos ,a subida nos primeros kms era tendida, uniuselles ò grupo dous grandes amigos do clube como son Oterino e Carlos, foron de parloteo ata Baldriz donde os esperaba o 2º avituallamiento, algún paisano do pobo quixo decirlles por donde transcurría a ruta, e todos cheos dixéronlle: - Se somos de Nocelo ,isto coñecemolo ben!!,a seguinte parada o Lago de Nocelo donde quitaron uns retratos para inmortalizar o momento, nun periquete chegaron a Sta María e, sin facer moito ruido, cruzaron o pobo para adentrarse no termino do Santo, para pronto entrar no noso gran coñecido Carreiro Ladron, algún ainda viña con forzas e quería facer a trialera do Cocido, que bonitos paraxes…,ei rapaces pero se xa estamos en Atas! o pobo botouse a rúas e non paraban de animar, falta facía xa que a subida ata Penaverde fixose moi dura. Os kms xa pesaban nas pernas, pero piano a piano cómo diría o noso Tío Valerio foron caindo os kms e, os 5 Nocelos entraron na meta xuntiños con 60kms e 1300mts de acumulado nas pernas. Alí os esperaban o resto do equipo, que non paraban de aplaudir, sería porque xa lebavan un par de cervexas… De tertulia cos demais Bikers da Ruta fomos contándonos as anécdotas da misma ,e sorpresa! por megafonía chamában os BttNocelo o pódium, xa que eramos a escuadra mais numerosa, posamos pos reporteiros gráficos, e outra cervexa, pero outro Nocelo subiu ó pódium tamén , o Junior J. Manuel quedou primero na súa categoría, parabens…Bueno era hora de despedirnos cunha ledicia entre os beizos xa que, unha vez máis os nosos queridos amigos do BttVerín, non defraudaron e nos regalaron unha gran mañan de btt… Bo traballo!! Vémonos no monte…


























Resto do reportaje fotográfico ' CLIK"