Soa o despertador 6:30 da mañan,toca levantarse.Iste día está marcado no calendario pois o Club tiñamos planeado unha rutiña ata Chandrexa de Queixa ,o Track sería de 80 kms e 1500 m de acumulado.
Peroo !!!!….. que pasa na rua….., que ruido tan extraño, pois si amigos as prediccións non se equivocaron non chovia ,botaban auga a caldeiros,pero quen dixo medo…….a vestirse coller a montura e un día grande nos espera.
7:30 Hora acordada da saida ,impresionante pero naide lle meteu medo o tempo, ainda era noite pecha cando puxemos rumbo a Sarreaus,donde nos estaba esperando o Pepiolo do Grupo J.Manuel.
E veña chover chegando a paradiña xa parecíamos pitiños,algún ainda dixo por o baixo “vamos pa casa”, pero xa non había volta atras lumeeeee,na metade da Ruta do Marroquí ,primeira parada pa tomar un bo licor que traia o amigo Roberto…isto fixo que os ánimos se viñeran arriva e xa nos daba igual a choiva.A única avería produciuse en Correchouso un pinchazo na roda do Paco pero nada que non poderamos arreglar,.
Nun abrir e cerrar de ollos plantamonos en Toro,e veña subir as forzas xa se ian resintindo, cambionos ,a cara cando chegamos a famosa rotonda eso significaba que nos esperaba unha boa baixada, que paisaxes impresionantes veña fotos,o Val da Edreira e fascinante. ,O famoso “” mal paso”” segue como sempre parece q o tempo non pase por iste lugar,.
Xa non queda nada para chegar, pasamos por as Ferrerias coma lostregos,un par de Kms e xa divisamos a meta,Casa Gerardo, recomendable cen por cen, .Como nos trataròn top top comida a fartar cocido,sopa fabada, cabrito,carne o caldeiro,carne estofada, pementos postres chupitossss,,,,eran as 6 da tarde e algún ainda seguía comendo….que gran día día rodeado de boa compañía e disfrutando do no noso deporte preferido.
20:00 chegada o punto de partido so quedaba despedirnos ,e coa intención de volver a repetila..Vemonos no monte.