Domingo, 12 de Xaneiro de 2025
No momento de escribir estas liñas, estamos a día Martes. Todo segue igual, a terra sigue xirando arredor do sol e sobre sí mesma, pero o pasado Domingo a mediodía algún comía cocido coma se se fora acabar o mundo! Afortunadamente non foi así…
Amigos, se non sabedes do que estou falando e que vos perdestes o primeiro gran evento deste ano 2025, a ruta máis mediática da Limia, da provincia e incluso do país que calquer biker que se precie ten que probar 1 vez na vida, anque moitos repiten unha e outra vez e xa vamos pola 14 edición! A XIV Ruta do Cocido tuvo lugar este fin de semana en Trasmiras.
Como xa temos unha longa traxectoria , vamos collendo “poder” e abríronnos as portas da casa do amigo Pemán e sentámonos a negociar… Chegamos ó acordo de que chovería a semana antes do evento (tampouco queremos que se faga polvo) pero o domingo tiña que estar solleiro, xa que nos quedou unha espiña clavada do ano pasado que cairon chuzos de punta e aínda así os amigos do BttNocelo non nos abandonaron polo que este ano eso tiña que cambiar e así foi…
As 8.00 da maña abríronse as portas do pabillon de Trasmiras e o amigo Rivero xa se puxo a preparar o chocolate para recibir os 200 participantes inscritos de todas as partes de Galicia e parte do extranxeiro. Decir que tivemos que cerrar inscripcións antes de tempo, xa que, dende a organización decidimos que non temos infrastructura nin medios suficientes para atender a mais de 200 inscritos con garantías polo que nos parece un numero mais que suficiente para que todo poida transcurrir con normalidade.
Pouco a pouco foi chegando a xente, moitas caras coñecidas que sempre alegra ver e algún que outro de primeira vez que por suposto tamén é de agradecer. Entre 5-6 grados de temperatura, algo de neboa pero o sol xa saíndo, o día prometía…
As 9.30 da maña demos o pistoletazo de saída polas calles de Trasmiras para xa adentrarnos nas canellas e carrouchos que tanto nos gustan e que estaban ideales para desfrutar das bicis. En principio, unha ruta longa de 42 km e uns 800 mts de acumulado e logo unha curta que se abriría no primeiro avituallamento a partires das 11.15 da maña solamente para os mais rezagados que neste caso aforrarían 6 ou 7 kms e uns 200 mts de acumulado.
Atravesamos os pobos de Seixas, San André e o Castelo para logo ir cara Penaverde onde cruzarían a N525 para pasar por Atás e chegar o primeiro avituallamento que estaría na entrada do Carreiro Ladrón, sempre por camiños antigos e carrouchos, moitos recuperados para a ocasión. Logo do primeiro avituallamento adentraronse no monte do Nocelo (cuna do clube) onde estaban os case 10km de single track entre pinos que sabemos que tanto gustan que remataría nun par de trialeiras, algunha con alternativa recén arranxadas para este día.
Pero no medio do percurso entre os pinos estaba o segundo avituallamento que este ano contaba con sorpresa, a nosa incansable compañeira Banesa do Bar Parque fixo unha boa pota de callos pa degustar e facer un paréntesis porque como sabedes, non hai premio para o que chega primeiro asique non metemos presa a ninguén, aínda así había un grupiño de bikers que sí levaban presa e nin para os callos miraron, en fin, seguro que se arrepentiron…
Con todo isto o sol xa fixera acto de presencia (como acordaramos) e o día estaba espectacular para andar na bici e para degustar os callos, por suposto.
Terminadas as trialeras xa colleron dirección Escornabois e Rabal e volta a liña de saída. Visto así parece pouca cousa pero ainda quedaban repeitos e algo de todo para chegar a Trasmiras, incluso unha ponte feita a pefeito para esta ruta pero que xa quedará para sempre, xa que foi todo un éxito tanto nos bikers coma nos veciños da contorna, A Ponte de Samu que así foi como a bautizamos en nome do seu creador Samuel que quixo facer un calco da Ponte de Rande e vaia se o conseguiu…
A partires das 12.00 da maña foron chegando os bikers con mais présa e os demais foronse repartindo según podían pero as caras de felicidade era o predominante, ninguén se mancou, case non houbo averías e ninguén se perdeu… bueno si, solo se perdeu un pero era do noso clube, asique non pasa nada, se o vedes por ahí xa lle decides que a ruta rematou…
Bueno, xa solo quedaba unha ducha, lavar as bicis e vamos a festa! O Restaurante César de Viladerrey a rebosar coma sempre o cas bandexas de cocido a tope, a disfrutar… Coma sempre o noso amigo Carballal tiña unha canción feita expresamente para este día e ca sua pandeireta amenizou a comida como solo él sabe… Bica, cafés e chupito e entrega de trofeos e sorteo de regalos puxeron o punto e final a este día inolvidable para o clube BttNocelo.
Pois así foi, unha pandilla de amigos que saen na bici os fines de semana, xúntanse e con moita ilusión e gañas traballan durante meses para facer unha ruta onde o primordial e pasalo ben, xuntarse con amigos, dar unha voltiña na bici, comer, cantar, rir… Facendoo todos os anos ata que isto se converte na Ruta do Cocido. Gracias a todos os colaboradores, Concello de Trasmiras, Raul, Celia, Papá Rivero (chocolateiro oficial), Protección Civil de Laza e Sarreaus, o spiker Nando que se lle oe igual con micrófono que sin el, o construtor da ponte Samu, o amigo Vallejo artesán dos trofeos, Esteban e Beni que aportaron os seus quads, a Banesa por estar sempre disposta, a todos o membros do clube que puxeron parte do seu tempo para marcaxe, desbroce, cruces e avituallamentos, o noso Patrón Pepe pola súa paciencia ca burocracia, etc, etc, etc pero sobre todo, sobre todo GRAZAS A VÓS, BIKERS DO MUNDO por acompañarnos todos estes anos, con choiva, con neve, con xeada e facer que esta ruta sexa tan grande, sin vos esto non sería posible… Se queres chegar rápido vai solo, se queres chegar lonxe vai acompañado… Grazas amigos do BttNocelo!
Non sabemos o ano que ben como será asique mentres tanto, vémonos no monte e… nos bares tamén!
PARA VER TODO O REPORTAXE FOTOGRAFiCO. CLIK