lunes, 31 de marzo de 2025

VI Ruta da Avestruz

 VI RUTA DA AVESTRUZ

Sábado, 29 de Marzo de 2025

Amigos, chega a primavera e, con ela, as Rutas Oficiales do clube. Anque as fechas xa están marcadas no almanaque dende moito antes, o feito de que esté bo tempo alegra mais si cabe este tipo de encontros…

Xa vamos pola sexta edición da Ruta da Avestruz! Xa sabedes que nos gusta moito a bici e o monte pero si logo hai paparota entón arde Troia! Neste caso, dende o clube apostamos polo “autoconsumo” e a comida sana polo que, nós mesmos criamos, sacrificamos e comemos os nosos propios alimentos… Fai uns meses que o noso socio Roberto nos cedeu uns polos para engordar para este día e vaia se engordaron! O noso socio Paco foi o encargado de cebar e coidar os animaliños e a semana antes fixose unha matanza como marca a lei para preparar as viandas que logo degustaríamos no restaurante César.

Coma de costumbre, quedada no bar de referencia Bar Parque de Trasmiras para tomar un cafeciño e as 16.00 hrs salida cara o monte duns 15 bikers, socios do Clube. Expléndida tarde a que nos esperaba, lucía o sol, temperatura agradable para a práctica do Btt… A idea era unha ruta “suave” coma de costumbre. Puxemos rumbo cara Atás, Baldriz, Carreiro Ladrón e polos aledaños de Carraxo e o Santo que xa facía tempo que non visitábamos. Disfrutando das vistas dunha tarde de auténtico verán. Pronto empezou o cachondeo e cada vez que aparecía un cortalumes alá iba algún valiente de cabeza e os demais, detrás, claro. Así varias veces, houbo momentos de moito calor e non era precisamente do sol… en fin, a xente entrenou moito no inverno e agora desbócanse…

Así foi transcurrindo a tarde ata que, de postre, nos metemos nas trialeras que tanto nos gustan para disfrutar e soltar as pernas despois do acumulado que xa levabamos. Xustamente cando o sol se escondía detrás do horizonte, os Nocelos chegaron de volta a Trasmiras. Cerca de 40km e case 1000mts de acumulado xa era mais que suficiente.

Unha duchiña quente no pavillón e cerveciña de rigor onda a amiga Banesa, desta vez sin pincho porque logo nos esperaba unha boa “polada”… As 22.00 hrs coma clavos no Restaurante César para degustar o polo da casa, criado e mimado por nós. A cociñeira Julia non defraudou e fíxonos un polo con arroz e un guisado para chupar os dedos…

De postre o noso maestro de ceremonias particular, o amigo Carballal, sacouse de gaita (a de tocar), e deleitounos cun popurrí de cancións típicas galegas que nos fixo cantar e case bailar… Un crack, coma sempre, que ademáis de cantar, compoñer cancións, agora tamen se atreve coa gaita, que grande!

Bueno, pois así rematou a xornada, para alguns, que outros non tiñan tanto sono e continuaron de festa ata ben entrada a madrugada. Eso sí, ningún deles saliu ó dia seguinte na bici, facía moito sono…

Pois outra xornada mais de confraternización, de convivencia, de risas e de paparotas… Así é o noso club que tan ben subimos un cortalumes imposible como xogamos uns gintonics ós chinos, hai tempo para todo, o caso é disfrutar e deso, os Nocelos sabemos un cacho…

E xa organizando a próxima, Aventura a Cais Da Régua!! Xa queda menos…

Vémonos no monte…




































viernes, 7 de marzo de 2025

3 Horas de Resistencia Btt

 La segunda sede de la  𝘽𝙏𝙏 𝙍𝙀𝙎𝙄𝙎𝙏𝙀𝙉𝘾𝙄𝘼 𝘿𝙀𝙋𝙐𝙏𝘼𝘾𝙄Ó𝙉 𝙊𝙐𝙍𝙀𝙉𝙎𝙀 será en Xinzo de Limia, el 25 de mayo de 2025.


El Concello de Xinzo de Limia apuesta por el BTT y con el apoyo del 𝐁𝐓𝐓 𝐍𝐎𝐂𝐄𝐋𝐎, serán los encargados de diseñar el circuito de resistencia.


El 𝐁𝐓𝐓 𝐍𝐎𝐂𝐄𝐋𝐎 es otro de los club referentes en la provincia de Ourense, organizan una de las rutas BTT más queridas de la provincia, donde se mezcla perfectamente el deporte y la gastronomía: “𝔸 𝕣𝕦𝕥𝕒 𝕕𝕠 ℂ𝕠𝕔𝕚𝕕𝕠”; ha atraído a ciclistas de toda Galicia y otras regiones de España, consolidándose como una cita ineludible en el calendario ciclista. Al finalizar la ruta, los participantes disfrutan de un cocido tradicional gallego, fortaleciendo lazos sociales y promoviendo la gastronomía regional. 


Además cuentan con un blog donde publican noticias, eventos y actualizaciones sobre sus actividades. https://bttnocelo.blogspot.com/ y cuyo mensaje claro es “Pedaleando pola Limia”.


Cabe destacar, que la pasada edición da Ruta do Cocido 2025 ha sido la décimo cuarta edición, garantía más que suficiente de la capacidad organizativa de los 𝐁𝐓𝐓 𝐍𝐎𝐂𝐄𝐋𝐎 para llevar a buen puerto la segunda sede de nuestra 𝘽𝙏𝙏 𝙍𝙀𝙎𝙄𝙎𝙏𝙀𝙉𝘾𝙄𝘼 𝘿𝙀𝙋𝙐𝙏𝘼𝘾𝙄Ó𝙉 𝙊𝙐𝙍𝙀𝙉𝙎𝙀.