VENTURA A RÉGUA
Sabado, 14 de Xuño de 2025
Outro gran día para os Nocelos, a nosa, xa consolidada ruta/aventura que traspasa fronteiras, estaba en marcha! Os días grandes de Xuño son os ideais para as rutas largas de btt, moitas horas de luz e boa temperatura fan que disfrutemos desta ruta a tope.
Xa queda marcada no almanaque a principio de ano como unha das Rutas “Oficiais” do clube na que non se pode faltar… Pero a pesar de todo é moi difícil cuadrar as axendas e non todos os socios puideron estar. Ainda así un total de 15 bikers tomamos a saída, as 7.00 da maña de Xinzo de Limia e alguns mais sobre as 9.30 en Verín.
A maña estaba fresquiña e as previsións era moi boas, unha media de 23 grados nos iban acompañar ó longo dos case 170 kms que separan Xinzo da Regua. Nas mochilas un pouco de todo: ferramentas, chuvasqueiro, chourizos, geles, licor… e sobre todo gañas de pasar un bo día de btt.
Primeiros kms de Xinzo a Verin en grupo para logo coller os demais e pola Ecovia do Támega ata a fronteira onde sería a primeira parada obligada debaixo dunhas cerdeiras localizadas xa anos atrás… Desta vez parece que non foi moi bo ano, xa que non había tanta cantidad coma en anos anteriores, quizais íbamos cuns días de retraso…
Chegados a Chaves o primeiro avituallamente líquido, xa sabedes que en rutas largas hai que hidratarse ben. Unha simpática camareira nos serviu as primeiras SuperBock do día, pero non serían estas as ultimas… Atravesamos a vila, uns kms de asfalto e xa nos adentramos na antigua vía do tren que xa non deixaríamos ata a meta. Ibamos ca idea doutra cereixeira pero tamen non houbo sorte, xa non quedaba nada… Non sei si a xente se enfadou por iso ou outra cousa porque alguns xa lles entrou a présa e xa empezamos nos primeiros kms a ritmo de contrarreloj. Había un ambiente raro no pelotón, había moitos rumores, miradas de complicidad alguns e outros ca cabeza agachada dando lume e mais lume, esto non podía acabar ben… algo se cocía…
Así pasamos por Vilapouca xa ca idea posta na seguinte parada de Pedras Salgadas, o avituallamento mais potente da ruta sin duda! Cerca de mediodía ali chegamos a nosa querida Pastelería Delicia, vella coñecida nosa que nos preparou as mesas da terraza e empezou a traer cervexas, pan e panachés coma se fose o ultimo día do mundo… Empezaron a salir chourizos e bocadillos das mochilas e aquelo convertiuse case nunha boda, de feito, alguns ata se atreveron a botar un baile tipo Tiktok e ata brindamos con viño do Porto, cortesía da taberneira… Veu a hora de marchar pero algo pasaba nos maillots, estaban moi apretados, as bicis pesaban demasiado, costaba moito pedalear, facía calor… vamos ir amodiño…
Seguinte parada en Vilapouca de Aguiar, apenas a uns poucos kms pero fixéronse eternos, os piques estaban cancelados, de momento. Como esta vila é bastante grande foi necesario 2 paradas de avituallamento e a verdade que sentaron ben, logo viña un bo tramo con algo de subida e a seguinte parada xa sería Vilarreal. Empezaban a caer unhas gotiñas pero nada de que preocuparse, empezaba a refrescar e agradecíase…
Continuamos pero empezaron outra vez as presas e os piques, algo pasaba, o noso amigo Manolo que levaba todo o ano entrenando para esta ruta non deixaba que ninguén dese un arreón, a mínima xa se enganchaba e non soltaba, coma un can de presa… Mentres tanto outros un pouco mais atrás íbamos disfrutando do paisaxe e sacando algunha que outra foto… Cada certos kms faciamos paradas para xuntarnos e ver si estaba todo ben e outra vez a pedalear. Asi foron transcorrendo os kms, o tempo ideal, os paisaxes impresionantes e bo ambiente facía que todo fose coser e cantar. Chegados a Vilareal xa solo quedaba o último tramo que pica un pouco cara abaixo e onde a pista transcorre a beira dun val cheo de viñedos impresionantes. Non para todos, alguns entroulles a presa outra vez e dudo moito que visen os viñedos, empezábase a respirar un ambiente de complot para derrocar o noso incombustible Manolo, anque él defendíase coma un gato panza arriba e non afloxaba, había labor de equipo encuberta, os mais pros non querían sucumbir ante a nova promesa do btt Nocelo e aliáronse contra él, algo inimaxinable e rastrero…
Uns kms antes da meta tuvo que afloxar por culpa dunhas molestias pero ainda así chegou a Pesso da Regua ca cabeza ben alta e loitando ata o final, perdeu unha batalla pero non a guerra e veránse outra vez as caras no monte…
Pasadas a sete da tarde terminamos a nosa aventura no precioso pobo da Regua, unha ducha fresca nas piscinas municipais e unha cervexas para recuperar a beira do Douro nun paraxe espectacular… Xa solo quedaba cenar a base de bacallau e frango no churrasco mentres comentábamos as mellores xogadas da xornada de btt que acabábamos de vivir e que, de seguro, repetiremos.
Para terminar, o nosa empresa de logística Autocares Calahorra foi a encargada de transportarnos a nos e as nosas máquinas de volta para casiña, xa ven entrada a noite, un dia ben aproveitado…
Outra aventura para recordar e para repetir mentres se poida porque cando te xuntas con GRANDES PERSONAS vives GRANDES MOMENTOS… Larga vida o BttNocelo!!!
Vémonos no monte…