martes, 8 de mayo de 2012

I RUTA FRANCISCANA
Dende BTNOCELO queremos dar as gracias a todos cuantos panticipastedes nesta ruta, tanto andarins, coma Bikers; pois sin todos vós non sería posible a celebración diste evento.
Esperamos que todos quedasedes satisfeitos e vos levasedes unha boa impresión, en definitiva esa era a nosa máxima aspiración, asi como a de poder gozar dun día de natureza, xunto con todos aquiles que teñen as mesmas inquietudes que todos nós.
Tamén pedirvos perdón por todolos fallos que poidesedes atopar, non e fácil a organización dun evento deste tipo.
Agradecer a cuantos participaron na organización; Concello de Xinzo de Limia a traves da concellalía de deportes,  Asociación Limia Activa e especialmente o grupo de sendeirismo SendaLimia que foron os que tiveron a idea da realización da ruta.

domingo, 11 de marzo de 2012

Ruta Laza Marroqui Laza

Soa o despertador, toca levantarse, o primeiro que facemos é  sacar a man fóra da ventá para ver que tempo vai. Se non soubéramos que estamos no inverno, ninguén o diría,  o ceo está  todo azul e a temperatura ás 9 da mañán  non é fria. Decidimos coller   a equipacion de verán, almorzamos nun abrir e cerrar de ollos, e con puntualidade  Inglesa partimos cara terras de Laza. 

jueves, 26 de enero de 2012

Iª Xuntanza Btt do cocido de Trasmiras

Empezar agradecendo a todolos amigos do Btt que o día 22 de xaneiro quixeron acompañarnos nesta  "nosa primeira experiencia, organizando probas",  foi para nós todo un placer, dende que nacemos como un club; fai agora escasos meses tiñamos gañas de presentarnos en sociedade, e como facía pouco que, recibíramola equipación, pois que mellor ocasión, xa que tíñamolo traxe de ceremonias.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Ruta de Allariz por Penama

Esta era unha ponte para disfrutar do monte, e decidimos sair a unha zona que sabíamos, lles iba a satisfacer a todos. Saimos de Xinzo as 9.30h. un total de 14 roteiros, dos grupos BttVerin; Btt Os Xabatos e unha nutrida representación de BttNocelo; despois dun paseo pola Lagoa, deseguida chegamos a Vilar de Santos o día ainda que fresco estaba perfecto para rodar.