jueves, 17 de julio de 2014

VIII XUNTANZA NOCELO 2014

Un ano mais teño o pracer de invitarvos a Xuntanza que organizo  en Nocelo da Pena , iste ano  sera o MARTES  12 DE AGOSTO,hora de saida 9:00 da mañan , sera un percorrido de 70km ampliaba os que esten moi fortes a 80 , cunha dificultade tecnica baixa , e fisica  Alta,  percorreremos terras de Laza,  e a serra de san Mamed, como sempre  o regreso ,pararemos en ALBERGUERIA para repor forzas, as plazas sera limitadas, e como isto e unha Xuntanza de amigos cada un sera responsable dos seus propios actos que no trascurso sa ruta poda acontecer,


PLAZAS AGOTADAS.

TRAK 

RUTA CORTA 70 KM

RUTA LARGA 85 KM


  FOTOS DA RUTA








RESTO DO REPORTAXE FOTOGRAFICO


martes, 1 de julio de 2014

BTTNOCELO na VI Marcha Cocello de Monterrey

Ainda viña a Xuventude de Xinzo de festa, cando 7 valentes de BTTNOCELO emprendian camiño pa terras de Monterrey.VALLEJO.ROBERTO,JOSE,MINGOS,JAVI,POLDO,PEPE.

  A primeira parada pa ir con bandullo cheo no bar " Vidal " de Trasmiras,.Nun  lostrego chegamos a Albarellos , donde ainda tivemos tempo para retratarnos  para o periodico a REGION,e saludar os amigos da bisbarra.
Como a nosa meta non era chegar primeiros , na saida  puxemonos nas derradeiras posicions,,e asi trascurriron os primeiros kilometros da ruta, entre  risas e bromas chegamos o primeiro avituallamlento no pobo abandonado de Paradiña,"lugar que coñecemos ven",.A subida de Guimarei a Cualedro e dura , pero entre facer algun retrato e contar  algun que outro chiste fixose mais lebadeira.
Chegamos a Cualedroe fixemos a parada de rigor no avituallalmento, o peor xa estaba feito.Cando baixabamos endemoniados hacia Albarellos , no medio do pobo de Santa Baia de Montes , unha voz coñecida estaba a berrar por nos ,"vamos a tomar unhas cervezas",, e como non... baixamos das nosas monturas e.... para taberna fomos, que gran detalle "Gracias gracias gracias,.o  ultimo tramo precioso sobre todo pos que nos gustan baixar.
 Decir que a comida estivo estupenda, e por encim tocounos a todos regalos,, despedimonos cun soriso de orella a orella por  pasar unha xornada tan estupenda . Co proposito de repetir para a vindeira edicion.











 R


RESTO DO REPORTAXE FOTOGRAFICO: VI MARCHA CONCELLO DE MONTERREY

lunes, 23 de junio de 2014

A Mina das Sombras

Por Jose e Julian
Lobios, 22 de Junio 2014

Partimos da zona dos baños do Rio Caldo, comenzando a ascensión a Serra do Xurés polo vieiro da calzada romana; ascendendo pouco a puco ata chegar perto da fronteira Portuguesa, alí desviamonos a esquerda pra comenzar a verdadeira ruta, percorrido espectacular, polas vistas que do Parque Natural se  ofrecen a cada revolta do camiño; pequenas cascadas, pozas de augas cristalinas e acantilados espectaculares van conformando a paisaxe desta ruta, convertíndose nun regalo para os sentidos.
Por fin chegamos a altura da mina, pero dende alí ata alcanzala ainda había que sufrir un pouco mais, os grandes momentos precisan de maior esforzo e dedicación...
A Mina das Sombras é un vestixio da actividade industrial que dende a época da 2ª Gran Guerra e ata a década dos setenta, se levaba a cabo na zona de Lobios, as minas están abandoadas pero ainda conservan os restos das edificacións e da maquinaria que se utilizaba na actividade extractiva do Wolframio.
O camiño que nos vai levar ata a ubicación da mina, nos últimos km está totalmente impracticable, as pedras que o forman, son un atranco para calquer tipo de vehículo, ainda que este sexa unha bicicleta, subimos andando e gracias o esforzo, conquerimos unha preciosa estampa da actividade que alí se realizaba, admiramos a  dureza da laboura de aqueles homes, que se ganaban a vida con extraordinario esforzo.
Despois de descender das minas, calzamos as zapatillas de pedalear, e voltamos a toda  presa caro os baños, dandonos un reconfortante chapuzon nas augas termais, para acercarnos a continuación o Cubano de Lobios onde, xunto coa familia demos conta dun espectacular churrasco.













martes, 13 de mayo de 2014

Ruta a o Larouco

Ainda estaban as rúas da Vila de Xinzo en silencio, cando 8 amigos de BTTNOCELO, puxéronse rumbo  a Serra  do Larouco, por diante esperábanos unha ruta intensa e longa de Montain BIKE.Os primeiros kilómetros foron moi amenos , xa que había que contar  o trascurrir da semana..En Faramontaos comezaba a primeira petada, iso si; cunha paraxe espectacular a veira do rio, ata  a presa de Gudin, onde nos agardaban o amigo Roberto e Raul.
Os primeiros kilometros da ascensión son levadeiros , a  saída trascurría con  armonia e algunha que outra broma, que e do que se trata,  pasalo ben e rirnos un pouco.
 Xa nos metros finais a algun quíxolle entrar a páxara, pero  pronto recobrou folgos e  recuperouse.No cima ainda habia forzas pa quitar fotos e subirse os cumios dos penedo. A baixada polos eólicos  impresiona  e fíxose nun lóstrego, ata chegar a Niñodaguia, onde fixemos a última parada para coller auga, a próxima  parada xa seria a meta en XINZO , con 70 KM  nas pernas.







                             

                                 Pinchar para ver o resto do Reportaxe Fotografico