martes, 8 de noviembre de 2016

Tour de Rios 2016

Domingo 6 de Novembro de 2016
Varios integrantes de BttNocelo, levantámonos á maña para levarmos a cabo a VIII Tour da Castaña do Riós. O primeiro que fixemos foi botar unha ollada pola ventana e ver si o “home do tempo” levaba razón niso de que iban a baixar as temperaturas ata 10 grados! O ceo estaba despexado… había xeada…
Vallejo, Jose, Raul, Michel, Mingos, Pepe e Javi chegamos ó Riós sin ter ainda moi claro de si de “corto” ou de “largo”… Sabiamos que sairía o sol pero facía un frio que pelaba. Chegamos con tempo para tomar un cafeciño quente no bar do pobo e para coller os dorsais sin prisa. Non se preveía unha Ruta multitudinaria pero sabíamos que o percorrido nos iba a gustar.
Apenas 50 bikers na saída de meta. Parecía mais ben unha quedada entre amigos… Parecía, porque nada mais dar a saida un grupiño de participantes saliu dando lume… claro, había trofeo para os tres primeiros… Entre eles tiñamos os mais novos do grupo, Michel e Raul que iban dando conta dos de adiante… Os demais salimos xuntos pero co paso dos kilómetros fomos situándonos cada un según o seu nivel e fomonos escagallando polo camino cuns centos de metros de distancia uns dos outros. O percorrido era do que a nós nos gusta, sendeiros e camiños antigos sen moita dificultade técnica case sempre rodeados de castiñeiros centenarios polo que parecía que iba a ser unha ruta tranquila para disfrutar da paisaxe… Nos primeiros kilómetros Michel xa tivo que abandonar o grupo de cabeza por un pinchazo, axudamoslle a cambiar a cámara e volveu arrancar a toda mecha. Pero os problemas solo fixeron mais que empezar. Algun que outro tramo mal sinalado deu paso a algunha que outra pérdida polo que chegamos o avituallamento un pouco revoltos na clasificación. Un avituallamento demasiado corto, xa que se facía no km 20 e a ruta constaba case de 50km. Ata ahí un recorrido bastante ameno pero o difícil empezaba a partires de ahí como xa nos avisaran antes da saída. Vallejo deixounos neste punto logo de encontrarse indisposto xa dende primeira hora debido a un sábado moi atarefado que acabou pasandolle factura… Os demais continuamos sen saber moi ben onde estábamos cada un xa que o que mais e o que menos se perdera en algún tramo…
Seguimos entre castiñeiros, sendeiros e canellas pero xa empezaban as subidas duras. Un servidor (Javi), xa levaba uns cantos kilómetros en solitario xa pensando que sería asi o resto da ruta, cando despois dunha gran subida ali estaban o resto do equipo cas bicis cas rodas para arriba… outro pinchazo… Tomámolo con humor e decidimos continuar xuntos ata o final, os trofeos podían esperar… Fotos e moito cachondeo eran os acompañantes no noso particular Tour da Castaña.
Empezamos a subidas e baixadas continuas, rompepernas e, logo dun pouco, rompecadeas! Increible, as averías non terminaban. Miramos os reloxios e o tempo viñasenos encima, houbo que facer chamadas para aplazar as comidas en familia porque xa se vía que íbamos chegar tarde… Parecía que canto mais nos achegabamos a meta mais difícil se puña a ruta, as constantes paradas para reparar averías facían mella nas pernas que logo lles costaba volver entrar en calor. Uns últimos repechos e cuns golpes de bombín conseguimos vislumbrar por fin a liña de meta, de últimos claro, pero contentos de acabar. Unha duchiña quente e, como xa cancelaramos a comida cas familias, decidimos comer o menú que a organización nos tiña preparado todo baseado en castaña e cogumelo, por suposto. Entrega de trofeos cun dos nosos como segundo clasificado (Raúl, NORABOA!), sorteos e mais fotos fixeron que o final fose un gran dia de disfrute do btt e dos amigos. Quizais non fose das rutas mellor organizadas das que temos participado pero sabemos que a organización fixo o que puido, o percorrido precioso e seguramente o ano que ven mais e millor.


                                                                                 Cronica: Javier  Alonso
                                                                                     Fotos: Nocelojar




















jueves, 27 de octubre de 2016

Ruta magosto 2016

O  domingo dia 13 de Noviembre faremos  a tradicional saida para celebrar  a festa do magosto.

A sallida sera as 9:00 da maña do Bar Vidal  "Trasmiras", .  Sobre as 14:00 acompañados das nosas
mulleres noivas, achegados, e fillos , iremos todos a comer a  Parrillada a Trasmiras e como non comer as castañas....

Se Alguien nos quere acompañar que nos avise antes do VENRES 11 ,para encargar a comida

PARA  APUNTARSE OS QUE NON SON SOCIOS ,  ENVIAR  UN CORREO A
     
                             bttnocelo@gmail.com




martes, 11 de octubre de 2016

Marcha de Carballiño 2016


Domingo 9 de Outubro de 2016,

Outro domingo mais houbo que botar man do despertador para madrugar, ainda que, desta vez xa nos facíamos a idea do día que nos esperaba por diante. Ibamos asistir a VI Ruta Mtb O Carballiño organizada polos amigos do clube de Os Mosqueteiros, que como en anos anteriores, sabíamos que non nos ía defraudar.
Debido a que estamos nunha época de moito traballo na zona da Limia, o  noso clube viuse bastante mermado en canto a participantes e o final Vallejo, Michel e Javi fomos os únicos que puidemos poñer rumbo O Carballiño. En apenas 40min de autovía xa nos encontrábamos os pés do precioso Templo de Veracruz para tomar a salida puntuales e acompañados, eso si, de mais de 500 bikers.
Un pequeno “callejeo” polo centro da vila e enseguida nos adentramos no que eu chamaría O paraíso de calquer amante do btt, sendeiros e mais sendeiros entre carballeiras, pasos de río, pontes encima da vía do tren,  pobos recónditos… todo perfectamente sinalado con cintas e flechas pintadas no chan e, por suposto un gran despliegue de Protección Civil e Axentes de Autoridade no cruces de carretera mais perigosos. Non cabe duda que  a orografía da zona é a idónea para este tipo de rutas pero hay que recoñecer que é moi difícil facer un percorrido de 40km e outro de 60km con tanto sendeiro e camiños antigos perfectamente limpos de maleza con baixadas espectaculares pero sen apenas perigo, trialeras, subidas…moi completa, realmente unha ruta para DISFRUTAR ó grande…
Eso foi o que fixemos Vallejo e mais un servidor (Javi), que nos apuntamos a ruta corta e fomos deleitándonos ca paisaxe o mesmo tempo que facíamos amistades co resto dos participantes e aproveitando para facer un pouco de publicidade da nosa Ruta do Cocido que xa estamos matinando… O noso compañeiro Michel, acostumbrado a dar “lume”, mandámolo a ruta larga porque sabíamos que non tería escesivo problema en deixar o pabellón ben alto.
Dous avituallamientos para a ruta corta e tres para a larga con bebidas e comida a fartar fixo que non fose necesario levar nada encima para repoñer forzas. Lástima dun pequeno tramo que tiña moi boa pinta que tivo que ser neutralizado pola presenza dun niño de Avispas Asiáticas. Outro dez para a organización que enseguida se deron conta e movilizáronse para que non houbese problemas para os participantes.
Un último recorrido pola preciosa beira do Rio Arenteiro nos avisaba que xa quedaba pouco para a meta e logo de pasar por algunhas rúas céntricas de O Carballiño cortadas ó trafico, por suposto, chegamos outra vez o punto de partida. Lavado de bicis nada mais chegar, O Templo de Veracruz,  un dia soleado, uns comentarios sobre a ruta cos amigos comendo uns bocatas de lomo e unha cerveciña… A combinación perfecta para un dia perfecto…

Dar as gracias e a mais sincera noraboa a todas as persoas que fixeron posible esta ruta por demostrar unha vez mais, a gran afición que hai en O Carballiño polo btt e polas cousas ben feitas. O ano que ven mais…