
Despois de unhas fotos xa que a paisaxe era de postal, seguimos a ruta ata a cruz de Camba, que continua empinándose, entre risas e fotos chegamos a cima; como manda a tradicion, deixamos unha pedra o pe da cruz, e pedimos un deseo.
O camiño ata Cerdedelo e fermosisimo trascurre a veira da via do tren, e lévounos ata o medio do pobo, onde aproveitamos para facer un alto e repor forzas.
De Cerdedelo ata estacion de Prado, ( creo que as fotos o dicen todo), cada recuncho que mirabas parecía mais fermoso, eran as 3 da tarde e por fin chegamos o punto de partida, ledos de pasar un gran dia e de descubrir uns paisaxes ineditos para nos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario