Levantámonos cedo para quedar en Xinzo as 7.45 horas, xa amañecia e o día prometía; ainda que facía frío a esas horas, parecía que iba a ser un día soleado. Despois de preparar o material, partimos cara Riós; canda chegamos, atopámonos con outros colegas de aventuras aos que saudamos, e deseguida o primeiro contratempo, “Julian viña sin roupa de recambio”; como sempre alguén tiña que esquecer algo, pero a roupa… , afortunadamente o amigo Oterino ten solucións para todo e conseguiu un pantalón e una camiseta de Proteccion Civil que lle viñeron de maravilla.
As 9.30, comezou a ruta, saímos; deseguida una forte baixada , que non auguraba nada bó, “si baixas, logo subes; si baixas moito logo subes máis” efectivamente, foi así toda a ruta.
Chegamos o posto de avituallamento, despois dunha dura subida e outra longa baixada; e alí separábanse a ruta corta e a larga; moitos que tiñan previsto facer a longa cambiaron de idea; nós, coma non, decidimos tirar pola longa…, “inconscientes, ainda non sabíamos o que nos quedaba”.
Outra subida, outra baixada, outra subida… e asi hasta oito, vamos que unha maravilla, eso sí o paisaxe de ensono, castiñeiros como nunca víramos na nosa vida, moitos e centenarios, todo elo acompañado dun día maravilloso.
Por fin despois de moito sufrimento, e con algunha intentona de abandoar a ruta, ainda que o final non se consumou, coma jabatos chegamos a Riós; alí comezou a festa , comida a esgallo, boa compañía e música de fondo; vamos , que pagou a pena tanto sofrimento. A comida compartimola xinto co Clube de Santiago Btt Ultreia, boa xente; e aos que convidamos a sair con nós, cando queiran, unha aperta.
Felicitamos dende esta páxina a organización do 3º Tour da Castaña, e a xente de Riós que nos fixo pasar un día maravilloso, esperamos que se repita.
Lembranzas, para o amigo Valerio, que anda polas terras de Cataluña, esperámolo ver pronto.
A continuación mostrase o perfil da ruta e un enlace o track da mesma, que foi subido polo amigo Marra, tamén aproveitar para felicitar a todos por ter realizado a ruta a pesar do tremendo trazado da mesma , como se aprecia na imaxe. Noraboa.
Ainda me temblan as pernas,!!!!!!!!!!!!!, Pero mira que foi dura a marcha.
ResponderEliminarCuando un se propón algo,si non o consigue,non pasa nada, pero si o alcanza, a satisfación e máxima.O fín vale o esforzo.
ResponderEliminar