Ainda non rompera o día, mentras 14 bikers, xa estaban preparados na praza Maior de Xinzo para disfrutar dunha xornada de puro mountainbike. Ao lonxe na rua da movida limian ainda quedaban algúns festeiros que non tiñan gañas de ir a cama, mirabannos como se fósemos bichos raros.
Mestre de ceremonias o Sr Vallejo, para chistes o Sr Roberto, de lebre o Sr. Marras, fotógrafo o Sr. Pepe, non faltaron a cita, os novos do grupo: Alberto,Javi,e Mingos; Tamén nos acompañaron Ricardo, Oscar, Manu, Fran, David, Pio e lucindo perna Carballal.
Pronto iban a chegar os pinchazos, e coa mente en todo momento posta na impresionante subida do 25% , que según nos decía o Vallejo , so a deu subido dúas veces.
Rumbo o monte de Penamá, a primeira baixada do día; algún quixo limpar o camiño e levou por diante un silveiro; como consecuencia fíxo unha tatuaxe na perna, pero nisto da improvisación non hai quen nos gañe e cosémolo sen anestesia, cun pincho de toxo (é broma ja ja ).
A baixada ata San Salvador foi expectacular, ainda que parecía a Gran Via Madrileña, con xente as setas, facendo senderismo, en bici; e velahí...nun lóstrego chegamos a Vila de Allariz, onde por uns carrouchiños cheos de auga puxémos rumbo a Xinzo, alí esparaban as respectivas parellas e fillos , pa disfrutar dun bo xantar , e dunha fermosa sobremesa.
Xa ven entrada a tarde despedímonos coa proposta de repetilo máis a cotio.
O RESTO DO REPORTAXE FOTOGRAFICO NO SEGUINTE ENLACE
https://picasaweb.google.com/115416671672166871764/SaidaAllariz#
No hay comentarios:
Publicar un comentario