lunes, 17 de febrero de 2014

Fin de Semana Moi Activo

Iste domingo día 16 de febreiro nunha mañá fría pero soleada, saimos un pequeno grupo de  Bttnocelo a rodar pola Serra do Larouco foi unha saida francamente agradable, o rio Faramontaos baixaba formando espectaculares cascadas, por mor da auga caida todos estes dias; logo xa no Larouco ainda quedaban restos da nevada de dias pasados, unha mañá para disfrutar da bicicleta perto da casa, namentras outros colegas do gruposaian cara Chaves.








O Segundo Grupo de Bttnocelo participou en Chaves nunha proba por equipos de 2 corredores, o equipo de Bttnocelo formado por Jose Manuel Blanco e Jose Antonio Marra acadou a décima posición, sendo o mellor equipo español; o terceiro membro de Bttnocelo, Jose Manuel Oterino, acadou o undécimo posto, formando parte dun dos equipos do Grupo Duas Rodas xunto con Francisco Gil.
Noraboa por deixar o pavillón tan alto. 



domingo, 2 de febrero de 2014

Ruta da Candelaria

      O domingo 2 de febrerio de 2014 fomonos cos amigos de Os queimados en busca da neve que se esperaba na noite anterior para facer a nosa pequena aventura de btt blanco polas Serrras de Nocelo e Baldriz, pero a nevada foi mais ben escasa e soio as veiras dos camiños se podían ver algunhas folerpas, o que si había era auga polos camiños.
       Tamén ouvo moita diversión na compaña de xente moi agradable, o que fixo unha velada  amena, que
rematamos no Bar de Nocelo, enchendo os depósitos, cunha boa ración de callos que encargaramos pola maña.
       Bos amigos e bo domingo.