O domingo 2 de febrerio de 2014 fomonos cos amigos de Os queimados en busca da neve que se esperaba na noite anterior para facer a nosa pequena aventura de btt blanco polas Serrras de Nocelo e Baldriz, pero a nevada foi mais ben escasa e soio as veiras dos camiños se podían ver algunhas folerpas, o que si había era auga polos camiños.
Tamén ouvo moita diversión na compaña de xente moi agradable, o que fixo unha velada amena, que
rematamos no Bar de Nocelo, enchendo os depósitos, cunha boa ración de callos que encargaramos pola maña.
Bos amigos e bo domingo.
Bos amigos e bo domingo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario