II RUTA DOS LÁZAROS (VERIN)
Domingo, 02.04.2017
Os raios do sol xa entraban pola persiana cando sonou o
despertador. Desta vez non foi necesario madrugar moito xa que a ruta que nos
esperaba estaba cerquiña da casa e, ademáis decidiron dar a saída as 10 da
mañan… Perfecto! Ceo despexado e a xeada aínda brillando nas herbas… maña
fresquiña pero soleada, o día perfecto para o Btt.
Unha gran participación por parte do noso clube xa que 10
integrantes colleron camiño de Verín para realizar a II Ruta dos Lázaros. Unha
mágoa que o noso presidente Pepe (Nocelojar) non puidese acompañarnos xa que
estaba moi ilusionado de participar pero unha pequena lesión de última hora
impediulle estar en Verín co resto do grupo. Polo que o grupo quedou así:
Mingos, Michel, Raúl,Gabri, Adrián, Camilo, Jose, Dani, Roberto, un servidor (Javi) e
un compañeiro de Jose (primeira vez con nos).
Alí estábamos de primeiriños collendo os dorsais na Praza
García Barbón listos para salir, colocados en primeira fila para “salir na
foto”… Pasados uns minutiños das 10 da maña tomamos a salida detrás do coche da
organización polas calles de Verín pasando, como non, polo barrio de San Lázaro
e empezando xa a subida con dirección ó Castelo de Monterrey. A xente con
moitas ganas de dar pedal xa comenzaron dando lume nada máis apartarse o coche
da organización. Xa para empezar esperábanos unha boa subidiña para entrar en
calor, asique, pouco a pouco fomos collendo cada un o seu sitio porque quedaban
moitos kms. Os primeiros kms foron transcurrindo pola faixa do monte por pistas
forestais en perfecto estado que invitaban a rodar e o mesmo tempo a disfrutar
da paisaxe que nos ofrecía o Val de Laza, algo de trialera entre os pinos e
baixamos ata Matamá e Retorta onde, ó cruzar o río nos esperaba a subida a Bola
do Mundo, pouco máis dun kilòmetro onde poñer as pulsacións a tope xa que
aquelo era mais parecido a unha parede que a unha pista forestal… Nada máis
comenzar a subida uns letreiros con frases de ánimo postas estratéxicamente
pola organización, xa nos facían intuir o que nos esperaba… e, xusto na
cúspide, alí nos estaba esperando o mellor amigo do ciclista: o avituallamento!
Falta facía, xa empezaba a apretar o calor e despois da subida ainda mais.
Logo de coller folgos dispuxémonos a proseguir a ruta ca
idea de que o peor xa estaba feito. Chegamos ó cruce da corta e larga pero,
como non podía ser doutra maneira, collemos pola larga, iamos ben de tempo… Uns
cantos kms de pisteo polo que eu acostumbro a chamar “falso llano” fixo que nos
subirán as pulsacións de novo xa que aquello seguía tirando cara arriba,
terreno éste moi propicio para as 29ER polas maiores calidades rodadoras.
Pasados uns kms comenzamos, por fin, a baixada ata Castrelo
do Val onde nos esperaba outro avituallamento pero visto que xa quedaba pouco e
o peor xa pasara xa nin paramos. Chegamos abaixo e xa solo quedaba algo de
llaneo para pasar ó lado da Igrexa dos Remedios para logo chegar a altura do
Hospital Provincial onde estreamos o recente Carril Bici pola carretera de Laza
que nos levou ata a ansiada meta, cansos pero satisfeitos de participar. Decir
que non chegamos todos xuntos xa que os “pros” (Michel, Raúl e Jose) xa levaban
un bo anaco cando chegamos os demais.
Solo añadir cousas positivas sobre esta ruta que cada vez
aumenta en participantes (este ano mais de 300), cousa lóxica por outro lado xa
que é unha ruta moi ben estructurada que che vai ofrecendo un pouco de todo,
pisteo, trialera, unha boa subida, unha boa baixada… e por suposto unha
organización fora de toda dúbida.
As 17.00hrs da tarde puidemos asistir ó sorteo de infinidade
de cousas e de moi boa calidade que puxeron o broche final a esta II Ruta dos
Lázaros que de seguro repetiremos o ano que ben… Chapeau!
Cronica: Javi
No hay comentarios:
Publicar un comentario