101 PEREGRINOS 2017 VIII EDICION.
Venres, 28 de Abril de 2017
Desta
vez tocaba facer as maletas xa que nos esperaban un par de horas de
camiño ata Ponferrada. Facía xa uns cantos meses que, cinco “Nocelos”
decidimos apuntarnos a mítica 101 Peregrinos. Un desafío ó que non
estábamos acostumbrados pero que xa oiramos falar e que sempre tiñamos
no pensamento, asique un bo día apuntámonos e, agora chegado o momento,
xa non había volta atrás. A verdade é que botamos unha tempada
preparándonos para esta azaña anque non sabíamos como sería xa que unha
ruta tan larga e con tanto acumulado nunca a fixeramos. Pero para todo
hai unha primeira vez…
Arredor das 7 da tarde xa estábamos
recollendo os dorsais para participar na Ruta de referencia do Norte de
España, era inevitable non sentir cóxegas no bandullo. O despliegue que
había nos arredores do Pabellón de Deportes de Ponferrada xa nos facía
presaxiar que algo grande estaba a piques de comenzar… A saída sería o
sábado as 8.30 da maña polo que buscamos un sitio para cear e fomos
pronto para o aloxamento, un tranquilo e romántico Motel de carretera,
cerquiña do evento, non sin antes botarnos unha boas risas, claro, o
lugar daba pé a infinidade de bromas…
As 7 da maña xa stabamos
vestidos ca indumentaria do clube e tomando un bo almorzo para coller
forzas, esperábanos un día longo por diante. Raúl, Michel, Pepe, Mingos
e Javi plantámonos puntuales na líña de saída, acompañados duns case
3000 participantes entre Trail e Btt de toda España e de diferentes
partes do mundo. Arredor do campo de futbol fómonos colocando por zonas,
dependendo das horas previstas para a realización da proba. As 8.30
comenzaron a dar saída por grupos separados entre sí un minuto para
evitar os apelotonamentos, cousa difícil debido a cantidade de
corredores congregados alí. O noso participante máis intrépido (Raúl),
decidiu colocarse nos primeiros grupos xa que iba intentar dalo todo e
deixar o listón de Btt Nocelo o máis arriba que poidera. Os demáis
decidimos sair xuntos a ver como transcurría a cousa.
Os
primeiros kms eran un sube-baixa constante, con atascos nas subidas mais
duras polo que comezamos a pedalear costa abaixo e a ir a pé polas
subidas. Pero pouco a pouco os corredores fómonos espallando xa que o
terreo estaba moi duro e rodador. Nas baixadas o polvo case non deixaba
ver e había que andar con moito tino para non acabar polo chan. Pronto
empezaron os primeiros pinchazos que iban deixando xente polas beiras da
ruta, afortunadamente non afectaban os membros do noso equipo. Os
avituallamentos eran abundantes durante todo o percurso, case en tódolos
pobos había onde beber e comer, todo o mundo se involucra o máximo cos
corredores e incluso había zonas de taller para solventar averías que
poidesen ocorrer. Sin prisa pero sin pausa chegamos a metade do
recorrido, onde había un avituallamento a base de pasta para repor
forzas para a gran subida que nos esperaba pola tarde. O exército era o
encargado da cociña e tiñan verdadeiros campamentos montados e
organizados para que todo o mundo poidese comer, beber e descansar da
mellor maneira posible. Aquí aproveitamos para facer un descanso mais
largo do normal para comer, descansar un pouco, quitarlle o polvo as
bicis e engrasar as cadeas nos talleres improvisados
que había
polo campamento. De novo a pedalear, a gran subida esperábanos, polo
camiño íbamos encontrándonos con algún que outro conocido, alguns que xa
conocían o percurso e outros que coma nos, era a primeira vez… A cousa
non debía de ser moi dura xa que moitos repiten, comentábamos entre nos.
A primeira metade da carreira rompepernas empezaba a pasar factura,
Michel e Mingos encontrábanse cómodos a esas alturas e foron collendo
distancia mentres Pepe e Javi o tomamos con máis cautela. Xa facía calor
e a subida empezaba a complicarse, según iban transcurrindo os kms e te
encontrabas con xente, predominaba o silencio absoluto, cada un
afrontando a subida da mellor maneira posible e sufrindo “en silencio”.
A paisaxe que nos íbamos encontrando eran impresionantes, as vistas
invitaban a sacar fotos sin parar pero o problema era cando mirábamos
hacia o alto da montaña, por moito que levaramos de subida sempre se vía
unha pista ala no alto chea de bikers, interminable… Moitos repechos
non había mais remedio que subilos andando, xa que intentar subir
pedaleando era un suicidio. Canto máis arriba subíamos, máis refrescaba,
o aire soplaba forte, a veces a favor, cousa de agradecer pero non
había forma de chegar o cumio, os kms transcurrían moi lentos. Cada vez
que chegabamos a un avituallamento e preguntábamos polo que quedaba,
sempre nos decían o mesmo: una pequeña subida y ya está… Entre
calambres, paradas, fotos e moito sufrimento, culminamos, por fin a mais
de 1400mts de altura. Paramos a facer unhas boas panorámicas e vemos
que chega o que debía ser o primeiro corredor de Trail! Increíble!
Agora
si, unha boa baixada, por fin as pernas podían descansar. Estabamos no
km 75 e xa quedaba menos para o final e, o mais duro, xa quedaba atrás…
Baixamos a todo meter disfrutando da baixada a tope. Sabíamos que parte
do recorrido da maña iba ser o de volta, asique volvíamos ó sube-baixa
rompepernas e co que xa levábamos nas pernas preveíase un final de ruta
moi duro. Tamén sabíamos que estes últimos avituallamentos daban moi ben
de comer asique decidimos convertir o final de carreira nunha ruta
gastronómica, o importante era chegar… Paramos rigurosamente en todos os
campamentos que fomos encontrando, degustando un exquisito guiso de
jabalí, chourizo asado, ovos cocidos, etc, etc En todos os pobos había
unha festa arredor da ruta das bicicletas, todos aplaudían ó paso dos
bikers, amenizaban con música e con todo tipo de bebidas e comidas, para
sentirse coma en casa. Incluso pasamos a beira dun Castelo onde os
Templarios nos cantaban según pasábamos ca bici, increíble o ambiente
que case che facía olvidar o cansancio acumulado nas pernas.
Pero
para impresionante a chegada a meta. Un montón de xente aplaudindo a
todo o que pasaba e o DJ felicitando a todo o mundo, facíate sentir un
verdadeiro héroe. Cousa de agradecer, sobre todo despois de estar case
11 hrs pedaleando polo Bierzo… Unha aventura non apta para calquera pero
sí ó alcance de quen lle guste o Btt e teña un mínimo de preparación
tanto física como psicolóxica porque hai que estar moi fortes e un pouco
“tolos” para meterse nun fregao destes… Pero como sarna con gusto non
pica, de seguro que volveremos… RETO CONSEGUIDO!!
RESTO DE REPORTAXE FOTOGRAFICO
No hay comentarios:
Publicar un comentario