domingo, 19 de noviembre de 2017

Ruta magosto 2017

Eran as 9 da mañá cando uns poucos BttNocelos, terminabamos de tomar o último sorbo de café no Bar Vidal   en Trasmiras.Non estabamos todos os que desexabamos pero os que fomos disfrutamos , da ruta  , con risas , bromas ,e como non dunha boa comida,que era do que se trataba.
Alí estabamos: JAVI, MICHEL, DANI, MINGOS, ANXO  MARRA , PEPE,e o Titan PELUDO, que nos deleitou  coas súas aventuras polo deserto , que Crak..
Ninguén se quería botar fora do Bar , xa que o termómetro marcaba -2 graos,, ceo despexado, parecía mes de  maio,. Algo está pasando, non pode ser que estemos en novembro.
      Trascurriron os kms entre bromas risas, anédoctas, algún que outro pique subindo...., na trialera algún apurou de máis  e botou pé á terra, pero a cousa non  pasou a maiores, houbo tempo de retratarnos, sobre todo no Penedo grande de Nocelo onde lle contamos a lenda ós nosos amigos que non eran do lugar... ......que sabios eran os nosos antergos...
Os últimos carrouchos pola zona de Trasmiras  deixáronos a todos cunha ledicia entre os beizos, xa que a zona é impresionate. Unha duchiña en auga quente no  pavillón e por rumbo a Nocelo ó Bar Límico,  onde nos estaba esperando unha boa comida....como non as castañas non faltaron.,, e para que baixaran mellor un chupitos  caseiros de licor. O reloxio marcaba as 6 da tarde cando os últimos nos levantamos da mesa ledos, despois de pasar un gran día de btt na compaña de amigos e familia, para o ano voltaremos.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario