martes, 15 de mayo de 2018

4 PICOS (PONTEVEDRA) 2018


DESAFIO PONTEVEDRA 4 PICOS
12.05.2018
Fai pouco máis dun ano, cando varios componentes do BttNocelo fomos a Ponferrada a participar na mítica 101 Peregrinos. Acórdome que rematamos aquela faena moi cansados e co, Nunca Mais, grabado nas nosas cabeciñas… Pero aquelo durounos apenas unha semaniña, logo empezamos a buscar algunha experiencia parecida para poder facer o seguinte ano e, cando nos demos conta, xa estábamos apuntados a Pontevedra 4 Picos 2018. Sabiamos que iba a ser duro xa que 130kms polo monte e coronando 4 montes da zona non iba ser un paseo… Pasamos un inverno duro de entrenamento, cada un como puido, xa que o tempo non acompañou moito para poder sair a rodar. Algúns fóronse quedando polo camiño por diversas circunstancias e chegado o momento alí nos plantamos en Pontevedra: Pepe, Mingos, Vallejo e Javi e para ter representación en ambas categorías repartímonos Pepe e Javi para facer a 4 Picos e Mingos e Vallejo para facer a 2 Picos.
Chegamos o día antes a Pontevedra e chovía a cántaros e as previsións, según que móbiles, eran moi malas para o día da carreira… En fin, chegados a este punto, non podíamos botarnos atrás…Recollemos os dorsais e aproveitamos para facer algo de turismo pola zona vella da cidade, cenamos por alí un bo entrecot para levar os depósitos cheos para o día seguinte e fómonos cediño para cama. O tempo seguía revolto e de noite oíanse os chaparróns de cando en vez, tocaría mollarse…
 As 7 da maña tocou o despertador anque podía perfectamente tocar unha hora antes xa que xa todos estábamos mais que despertos, os nervios estaban a flor de pel, coma de costumbre. Primeira cousa mirar pola ventana, a cousa seguía bastante fea aínda que non chovía. Despois de debatir sobre a indumentaria mais apropiada para aquel día, fomos desayunar o bar, recollemos os bártulos e fomos hacia o Pazo da Cultura de Pontevedra onde era a salida. Impresionante o ambiente que alí se respiraba,  a saída sería dentro do Pazo, algo de agradecer xa que o día estaba fresco. A saída para a 4 Picos era as 8.30 da maña e a de 2 Picos sería media hora mais tarde. Colocados na grella de saída uns minutos antes para coller un bo sitio, vimos que o sol asomaba polas ventas do edificio, incrible parecía que o día se iba arranxar.
Con puntualidade inglesa, deu comezo a proba, mais de 1400 bikers espallados polas calles de Pontevedra. O primeiro kilometro e medio neutralizado e logo de terminarse o asfalto cada un ó seu… Non tivemos moito tempo de relajarnos xa que comezamos a subida  o primeiro pico Castrove. Brillaba o sol e comezamos a sudar pronto, había bastante aglomeración de bikers  pero sin chegar a facer tapón.  Debido a que todo o mundo estaba “fresco” o ritmo que se imprimiu na primeira subida foi considerable, o pulsómetro marcaba xa as pulsacions máximas xa nos primeiros kms, eso non podía ser bo, quedaba moito por diante… A verdade que enseguida chegamos á cima, apenas 14 kms e o primeiro pico conquistado, impresionantes a vistas dende ali arriba pero o aire era frío e non podíamos pararnos moito, unha boa baixada moi rápida pero sen perigo levounos o primeiro avituallamento. Impresionante a variedade de comida que podías encontrar: Bebidas isotónicas, auga, coca cola, sanwiches, naranxas, plátanos, sandía, donuts e incluso gominolas, menuda festa! Continuamos cos depósitos cheos llaneando e atravesando algún que outro pobo e xa, un pequeño percance, un biker que iba adiantándome tranquilamente foiselle a roda dianteira nunha rama e embolcou encima de min, era unha zona non moi rápida e non houbo consecuencias, unha risadiña e continuamos. Enseguida tocou ascender o segundo pico: Acibal, dende abaixo vianse unha antenas de telefonía que mesmo rozaban coas nubes… pois alí había que ir según decían. Empezamos a subir por pista relativamente boa ainda que as veces puñase moi moi para arriba. Menos mal que na metade da subida había outro avituallamento para repor as forzas, apenas uns minutos de descanso e continuamos e no km 42 coronamos o 2º pico. Logo tocaba baixar outra vez e disfrutar das fermosas vistas do impresionante Lago Castiñeiras e xa con dirección a Pontevedra, a ruta pasaba polo Pazo da Cultura onde nos deran a saída, os participantes da 2 Picos xa rematarían alí e os demais terían outro avituallamento e continuarían en busca dos picos que faltaban. Sorte para Mingos e Vallejo que xa poderían descansar, logo de 4 horas xa case se agradecía pero as sensacións a esas alturas eran bastante boas e nin sequera nos plantexamos retirarnos, había que terminar como fose. Levabamos case 60km e faltaban case 70 pero nós ó noso… Despois de llanear por unha fermosa senda a beira do rio fomos deixando atrás outra vez a cidade para empezar de novo a ascensión en busca de mais antenas concretamente o monte de A Fracha. Pasamos por uns pobos con unhas calles empinadas de cemento que quitaban o alento para logo seguir monte arriba, agora si, unhas cantas veces houbo que botar o pe o chan para non facer moitas valentías, había que reservar forzas porque ainda quedaba outro pico, e alguns decían  que era o peor! Na subida encontramos a un compañeiro dos Biciclistas  que nos acompañou un bo anaco ata chegarmos a metade da subida onde había outro avituallamento. O cansancio xa era moito, debido a que nas baixadas as pernas enfriaban e logo había que volver a subir, eu xa levaba un bo anaco con calambres, a cousa non pintaba ben. Pepe iba diante a uns 50-60 metros e, sin querer, iba tirando de min e, pouco a pouco cheguei o avituallamento. Pero o estómago xa estaba un pouco asqueado de comer sempre o mesmo e non apetecía comer nada daquilo anque algo habría que meterlle o corpo. Uns trozos d sandía, plátano, algo de chocolate… e vámonos que fai frio, non podíamos enfriar moito máis senon sería peor. Por fin coronamos no km 75, cansados pero contentos por que tiñamos unha baixada onde relaxar as pernas. Baixada bastante perigosa xa que tiña moita pedra solta e había que ir moi atentos.
Pero chegados o final da baixada, apenas uns metros de llaneo e outra vez para arriba, esta vez a antena víase demasiado lonxe… atravesamos varios pobos con pendientes impresionantes que case non se daban subido a pe, a forzas xa flaqueaban pero chegamos a metade da subida, outro avituallamento. A idea era parar aquí un bo cacho para descansar en condicions xa que eran moitas horas de pedaleo pero o aire era moi frio e non podíamos estar moito tempo parados asique continuamos. A pista era bastante boa, algo rota por momentos pero con unha inclinación constante pero non moi agresiva. Ibamos un grupo duns 15 ou 20 bikers mais ou menos o mesmo ritmo cousa que fixo a subida moito mais levadeira do que se esperaba, e case sen darnos conta coronamos o monte Xaxán no km 104. Agora si que as vistas merecían unhas fotos, impresionante o que dende alí se pode ver nun día claro como o que tiñamos. Todo o esforzo merecera a pena solo por divisar esa paisaxe. Dende alí apenas 20 kms de baixadas técnicas,  moitos sendeiros entre eucaliptos e algún que outro repecho de postre. Como eramos uns poucos, houbo un momento que nos deixamos levar por unha baixada e perdémonos, menos mal que o gps púxonos outra vez no rumbo os poucos kms. Pontevedra estaba os nosos pes, despois de facer uns sendeiros o longo do río e callejear polas calles da cidade entramos, por fin, no Pazo de Congresos, despois de 9 horas e 10 min e 125kms. Parecía incrible pero ali estábamos…Reto Conseguido!!
Recuperamos forzas a base de pasta e fruta e a disfrutar dunha ducha quentiña, cousa de agradecer despois de tantas horas de esforzó. Algo incrible cando se trata de tanta xente e ter ese nivel de atención tanto nos avituallamentos, na liña de meta, nos cruces de carretera, no percurso con quads e motos… simplemente xenial… Noraboa a toda a organización! Unha ruta que fará historia tanto nas nosas vidas como na de moitos amantes do Btt.
Un placer e vémonos na próxima.























No hay comentarios:

Publicar un comentario