lunes, 1 de octubre de 2018

III MARCHA CUALEDRO 20189


III MARCHA BTT CONCELLO DE
            CUALEDRO 2018
No día de onte, domingo, o Concello de Cualedro, celebrou a súa marcha BTT, e como non ,alí tiñamos que estar. O  equipo ó completo  desprazouse ata o Concello veciño.
Estiveron: O veterano ,Manuel Montero cos seus 70 anos ,aínda segue dando pedal coma un chaval, os Juniors, Xosé e José Manuel  na que ía ser a súa primeira marcha, Gabri e o seu irmán, Javi, Mingos , Vallejo e Pepe, é dicir que había verderóns por todos os lados. Era un día moi especial para dous compañeiros do Club ,xa que estaban de cumpleanos:”Vallejo” e  “Jose Manuel” Parabéns..
A mañá presentábase fresca pero xa sabiamos que cando pasaran uns kilómetros aquilo ía cambiar, as 9:30  o sr Alcalde despois dun breve discurso deu o pistoletazo de saída. Dicir que había personal de protección civil e cruz vermella por todos os lados, impresionante organización. Bravo.
O percorrido consistía de dúas distancias: unha corta de 35 kms e outra longa de 55 ,cada un optou pola que máis lle conviña . A  cousa quedou empatada 5 para a corta, e outros cinco para a longa.
Antes do primeiro avituallamento chegou o primeiro e único contratempo da mañá, xa que  o Junior Jose Manuel nunha baixada foiselle a bici e foi o chan, uns pequenos rasguños no cóbado, un pouco de auga milagreira e para diante, …
A ruta longa chegaba case á raia, pasando pola Xironda , un pobo que no seu tempo debeu ser  importante xa que é un dos máis grandes da contorna ,iso si,   como ocorre no resto do   rural sen case poboación. Ao   fondo divísase  o Lorouco , unha montaña máxica onde as haxa,so mirar   o que había que subir xa che daban gañas de dar volta ,pero aquilo xa non tiña marcha atrás ,e entre conversa  e conversa e  algunha parrafada con algún  que outro biker da ruta os kms foron pasando,. A  xente dos pobos  mostraba ledicia de ver pasar os Bikers , non deixaban de aplaudir, algún incluso nos invitaba á súa casa, a  probar o viño novo.. así da gusto…..
 O reloxo marcaba as 13:30, o astro rei estaba no seu máximo esplendor,e  os derradeiros Bikers do BttNocelo  chegaron a meta , a organización xa nos tiña preparadas unhas cervexas ben frías que baixaron polas nosas gorxas coma se  fora a primeira vez que tal cousa bebiamos.
So quedaba despedirnos ata próxima ruta que será o vindeiro domingo no Carballiño
Vémonos no monte…..




                                                                                                          Cronica: Nocelojar
Album de Fotos









No hay comentarios:

Publicar un comentario