Ruta Magosto 2018
Domingo 11 de Noviembre de 2018
Unha mañan caralluda…. para durmir porque non valía para outra cousa… en cambio, varios componentes do BttNocelo decidiron levar a cabo a tradicional ruta do Magosto, rutiña pola zona con xantar a base de churrasco despois para repoñer forzas. A ruta estaba xa planificada dende hai tempo polo que non podíamos botarnos atrás, polo que, facendo caso omiso de todalas prediccións meteorolóxicas que marcaban un 100% de choiva durante todo o día, ali nos plantamos as 8.30 da maña no Bar Vidal de Trasmiras para tomar cafeciño e arrancar… Ali nos fomos xuntando: Paco, Vallejo, Mingos, Pepe, Xosé, Gabriel, Jose Manuel,Miguel, Camilo e Javi e, aproveitando un momentiño que parou de chover, puxemos rumbo ó monte. Esta ruta iba servir tamen para marcar a Ruta Corta do Cocido 2019 que xa andamos argallando e da que pronto teredes noticias…
Cinco minutos despois de sair empezou a chover e xa non parou en todo o día! Por momentos chovía menos, outros chovía mais pero sempre chovía… ainda que algún non puxo o chuvasqueiro ata ven entrada a maña. O terreno estaba bastante pesado pero a temperatura era bastante boa ainda que a medida que iba pasando a maña nas baixadas xa empezaba a facer fresquiño, asique case que agradecíamos cando nos puñamos a subir. Ainda asi os novos camiños que descubrimos eran espectaculares e por momentos nos facían olvidar a que estaba caíndo. Algun tamen aproveitou para recoller algún que outro boletus. A ruta transcorreu sen incidencias, todos xuntos, sen presas pero sin pausas porque senon enfriaban as pernas, moitas risas a pesar de todo pero todos con ganas de chegar de volta porque aquello parecía o diluvio universal.
O final 40 kms en pouco mais de 3 horas e chegamos a meta. Menos mal que o pabellón de Trasmiras tiña as suas duchas a nosa disposición con auga quente que nos deixou coma novos. Logo xa nos fomos para a Parrillada Sport onde nos esperaban as parellas, que esta vez, sí estaban invitadas. Os camareiros empezaron a encher a mesa de proteína para recuperar os músculos e de bebidas isotónicas e empezou a festa! Fora seguía chovendo pero os Nocelos xa staban ó acollido, agora si que non había fame, nin frio… Así ata ben entrada a tarde botando unhas risadas entre bocado e bocado e disfrutando coma sempre dun día de Btt entre amigos…
Atentos todos que se acerca a Ruta do Cocido, con percorrido totalmente novo que non defraudará…
No hay comentarios:
Publicar un comentario