martes, 15 de octubre de 2019
II RUTA BTT TERRAS do BARBANZA
Domingo, 13.10.2019
Catro dos mellores homes do BttNocelo que formaban un comando, colleron rumbo a Boiro para participar na II Ruta Btt Terras do Barbantia, non tardaron en salir primeiros na liña de saída disparados hacia a montaña, hoxe buscados ainda polo resto do equipo, sobreviven comendo marisco a esgalla…. Bueno… realmente…. non foi así…
Si, eramos catro integrantes do BttNocelo os que nos demos un bo madrugón para poder acercarnos as terras do Barbanza para participar na Ruta Btt que nos tiñan preparados os nosos amigos do Barbantia Roda de Boiro. As 6 da maña sonaba o despertador, o locutor da radio falando algo sobre non sei qué dunha Cicloxénese… bueno carallo, esto é Galicia, catro jotas e listo! Logo de tomar un café rápidiño, os 4 Magnifícos puxemos rumbo a costa. Mingos, Vallejo, Pepe e Javi que xa o falaramos tantas veces e o final chegara o día… Despois de varios anos de que os amigos do Barbantia non se perdían a nosa tradicional Ruta do Cocido, por fin ibamoslle corresponder como se merecen…
O ceo estaba moi encapotado e enseguida empezou a chover prácticamente durante case todo o traxecto… pintaba moi mal o día pero bueno, chegados a este punto non había volta atrás. Sobre as 8.30 da maña chegamos a Boiro, orvallaba un chis pero a temperatura era moi agradable. No pabellón de deportes estaba todo xa preparado, o espeaker falando e os bikers charlando uns cos outros. Recollida de dorsais, saludar os amigos do clube e colocados na grella de saída de corto e prácticamente sin chuvasqueiro, calquera o diría… As 9.30 en punto deron a saída e cerca de 150 bikers puxemos rumbo ó monte, logo de facer o paseo da Praia e callejear un pouco xa collemos sendeiro arriba prácticamente en fila india e así case o 90 por cento da ruta, por interminables sendeiros con trialeiras e baixadas que parecían auténticos single tracks… O percorrido era precioso pero bastante duro con subidas constantes, algunhas de botar o pé o chan, conscientes delo o clube Barbantia Roda habilitou alternativas nas subidas mais agresivas algo non moi común pero que me parece bastante mais sensato que poñer alternativas para as baixadas como se suele facer habitualmente, un dez para a organización neste sentido.
Como en forma física non coincidimos moito, decidimos dividirnos e ,Mingos e Pepe tiraron co coitelo nos dentes e Vallejo e Javi decidimos disfrutar da paixaxe e levar o ritmo que se podía… De vez en cando había que parar para contemplar dende arriba as vistas da ria que eran realmente espectaculares a pesar do día gris que tiñamos. Asi fomos chegando ata o avituallamento onde nos reagrupamos para sacar unhas fotiños e repoñer forzas e, por que non, buscar algún boletus… Metémoslle un pouco de todo o corpo porque por alí xa se escoitaba decir que faltaba a subida larga… vaia aquello inda non acabara… Arrancamos os catro xuntos pero pasados uns metros volvemos cada un ca súa parella de principio para acometer a subida grande da mellor maneira posible. Seguíamos entre eucaliptos, pinos, castiñeiros, paso a paso, o terreno estaba moi blando e por momentos costaba moito avanzar, con moita calma e sufrindo fomos chegando o alto dos Chans onde nos esperaba unha boa llanura, con un terreno moi peculiar entre penedos e charcos de auga e lodo que facían que andiveses con pes de plomo para ver por onde pasabas senon querías espetar as narices no chan. Había diferentes alternativas para chegar o mesmo punto polo que ese tramo se fixo especialmente divertido. Por fin empezábamos a baixar… impresionante a cantidade de carrouchos polos que pasamos, a veces xa parecían montañas rusas… Sendeiros moi pisados con firme moi bo e prácticamente sin perigo que facían quese baixase moi rápido e disfrutando moito.
Xa tiñamos Boiro ós nosos pés, xa case chegamos pero antes ainda nos tiñan preparado outro tramo a carón do río na mesma liña que os anteriores, carrouchiños estreitos con algunha que outra dificultad técnica que nos sacaba unha sonrisa constante… Os últimos metros pola nova pasarela de madeira que nos levaría a parte de atrás do pabellón de deportes para finalizar a ruta. Algo embarrados, cansados pero moi contentos e satisfeitos de pasar unha mañan que se preveía mala e resultou maravillosa…
Xa dentro do pabellón nos esperaban os pinchos a base de empanada, callos, sardiñas, mexilons, cervexa, etc que nos fixeron incluso olvidarnos da ducha e cando nos demos conta empezaban a entrega de trofeos e os sorteos de agasallos. Por suposto o trofeo ó corredor e ó clube mais lonxanos viñeron para casa ,e algún que outro regalo interesante tamén… Logo de terminar todo unha ducha ben quente e a comer un marisquiño que ben o merecemos… Despois sí, empezou a chover…
Un día máis satisfeitos de coñecer sitios distintos facendo o que mais nos gusta. Cando te tratan como se foras da casa estando tan lonxe sempre é gratificante e o ver que tamén hai xente noutros lugares que poñen interés en facer as cousas ben feitas fai que o madrugón se olvide e que o disfrute sexa o prato principal… GRACIAS BARBANTIA RODA!! Por algo o noso amigo Vallejo sempre fala de vos…
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario