martes, 12 de noviembre de 2019

Ruta Magosto BttNocelo 2019


Domingo 10.11.2019
Outro domingo máis que tocaba madrugar un pouquiño para salir na btt, pero… era diferente. O mal tempo que se esperaba para este día non nos podía facer recuar, un evento de este tipo non se pode aplazar nin anular nin nada polo estilo… Trátase da xa tradicional Ruta do Magosto que, como todos os anos, toca por esta época, lóxicamente, e que, ainda que caian chuzos de punta, somos fieles a ruta. Supoño que a idea de logo ir a comer o churrasco todos xuntos axuda bastante…
Sobre as 8.30 da maña fómonos achegando ó noso punto de encontro, O Bar Parque en Trasmiras, patrocinador oficial e o punto recomendado polo clube para tomar café o día da Ruta do Cocido, xa que está mismo enfrente o Pavillon de Deportes. O día estaba moi desapacible e pintaba moi mal pero alí nos xuntamos nada menos que 15 bikers entre membros do clube e amigos ben achegados. Eso sí, abrigados e cos chubasqueiros ben preparados. Os do clube tuvemos a posibilidade de probar a nova chaqueta de alta gama da nova equipación que, por certo, nos deixou moi boas sensacións.
Logo de tomar café e botar as primeiras risas, puxemos rumbo ó monte. Diante, por suposto, o noso presidente Pepe Nocelojar que era o único que sabía o percorrido xa que se trataba da ruta corta da próxima Ruta do Cocido 2020 que xa andamos a argallar e aproveitamos para facer a primeira toma de contacto. Orballaba e facía fresco pero as zonas que atravesamos entre carballeiras facían que a ruta fose moi amena, así todos xuntos charlando e rindo fomos facendo kilómetros, os mais queimados non tiñan mais remedio que esperar as subidas para sacar algo de peito porque desta vez tocaba ir en pelotón en perfecta armonía… As últimas choivas facían que o terreo estivese algo pesado e esbaradizo, algún participante ainda tuvo que “baixarse da bici como lle da a gana” en algunha ocasión, por suposto, sin consecuencias. Tamén tuvemos algún que outro pinchazo e algunha avería mecánica, algo habitual cando somos moitos pero, por sorte , nada que non se puidese solventar. Así foi transcurrindo a maña, orvallando e sin excesivo frio por un percorrido realmente expectacular que non deixará de sorprender, un ano mais, ós bikers que se acerquen o 12 de Xaneiro a nosa querida Ruta do Cocido. Decir que transcurre case na súa totalidade polo concello de Trasmiras por camiños novos e algún que outro recuperado de edicións anteriores polo que non baixaremos este ano a nosa famosa Trialera pero de seguro que algo parecido faremos.
Cerca xa do mediodía, o tempo cambiou a peor, como xa decían as previsións, e o orballo convertiuse en case cicloxénese e xa empezaba a chover de lado e a facer frío de verdade, pero xa estábamos cerca da meta, un par de kilómetros máis e ruta terminada, mollados, ateridos pero contentos. Esperábanos unha boa ducha no pavillon de deportes e unha cervexa recuperadora no bar Parque para logo ir comer o churrasco na Parrillada Rancho Grande de Xinzo de Limia en compañía das familias para pasar unha agradable velada comendo ben, bebendo, charlando (alguns berrando), e por suposto botando unhas boas risas… Así entre unhas cousas e outras pasou a desapacible tarde de domingo que para nos foi perfecta, a guinda do pastel logo dunha boa ruta en boa compañía e unha boa paparotada… Así é, amigos, como se colle o verdadeiro vicio da bicicleta!
Atentos as redes sociais que pronto iremos poñendo información sobre a Ruta do Cocido 2020…

Vémonos en Trasmiras!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario