I BTT TABOADELA- ROTEIROS DE SAN XOAN
Domingo, 26.09.21
Buff rapaces! Que ganiñas había xa dunha ruta de btt coma as de tempos anteriores o Covid!
Mira se había que namais saliu nas redes sociais, os Nocelos xa se foron apuntando en masa para poder participar. Xa non recordamos cal foi a última e as ganas de salir o monte e coñecer outros sitios era moi grande.
Asique, as 8 da mañan, alí estábamos no bar Mundial de Xinzo, 16 bikers co seu característico color verde. Un cafeciño rápido e arrancamos cara Taboadela. Despois das chuvias dos últimos días o terreno debería de estar perfecto para rodar e hoxe saldría o sol, a combinación perfecta!
Era a primeira vez que os de Taboadela organizaban unha ruta de btt, despois de suspender a do ano pasado, e non coñeciamos esa zona polo que tampouco sabíamos como iba ser anque as fotos que mostraban nas redes sociais pintaban moi ben… O ambiente era espectacular, con música e o DJ animando antes da saída.
As 9.30 en punto daban a saída por caixons para que os bikers non se amontonaran polas calles de Taboadela. A idea era de ir todos xuntos, as mochilas pesaban porque iban cheas de chourizos e licor… Ainda así houbo tres participantes TOP que non se resistiron a idea de dar lume e nada mais arrancar xa non volvemos a verlle o pelo.
Logo de deixar as calles de Taboadela, xa nos adentramos no monte a través de sendeiros interminables e asi transitamos os 42 kms da ruta larga, entre subidas técnicas e algunha que outra baixada de infarto realmente impresionantes sempre por sendeiros, alguns que transcorrian polo camino de Santiago e outros por zonas de sendeirismo realmente bonitas de ver e disfrutando como xa había tempo que non o facíamos. Señalización perfecta e con 2 avituallamentos ben surtidos, sobre todo cando nos chegamos, xa que deixamos ali os chourizos e o licor para que todos o puidesen degustar.
Pasamos polo pobo de Sta. Mariña de Augas Santas xusto o pé do impresionante Santuario que nos deixou abraiados… E moitos mais pobos onde a xente nos aplaudía o pasar igual que se estivesemos na Volta a España!
Entre risas, algunha caída, algunha avería pero moi bo rollo en xeral chegamos o final da ruta os últimos pero contentos, cansados alguns mais que outros, pero cun sorriso de orella a orella por ter disfrutado dunha ruta de altísimo nivel e moi, moi bonita…
Chegados a meta repuxemos forzas cunhas cervexiñas e logo chapuzon no rio de Allariz para enxougarnos un pouco, xa que logo tocaba churrascada, o domingo perfecto de calquera amante do btt, que mais se pode pedir??
Noraboa a todo o equipo de Taboadela Bike por regalarnos unha maña de BTT de grandísimo nivel cuns paixases preciosos e unha organización de 10… De seguro que voltaremos!!
Vémonos no monte…
No hay comentarios:
Publicar un comentario