RUTA NADAL 2021 BTTNOCELO
Sabado 18 de Decembro de 2021
Desta vez non tocou madrugar, a ruta de este día empezaría
de día e acabaría de noite como é habitual nestes anos atrás. Trátase da nosa
tradicional Ruta navideña aberta a todos os membros do clube. Non importan os
kms nin o acumulado, nin de conseguir ningún KOM. Simplemente xuntarnos unha
tarde e despedir o ano cunhas risas na compaña das nosas bicis.
Asique as 4 da tarde nos xuntamos no bar Parque en Trasmiras
cas bicis perfectamente ataviadas cas luces necesarias para facer a nocturna e
tamén, por suposto, o resto das luces navideñas. Gorros de Papá Noel e demais
accesorios, cada un ó seu gusto. A tarde estaba despexada, polo que, esperábase
unha boa baixada de temperatura cando o sol se escondese…
Ainda así, uns 18 membros do clube estábamos alí dispostos a
subir ó monte. Uns poucos kms mais
arriba no Merendeiro de Nocelo da Pena, esperábamos o noso compi Jose co champan e co turrón.
A ruta iba ser lixeira pero ata chegar o merendeiro había
que subir si ou si asique ainda tocou apretar os dentes nalgún que outro sitio
pero sen perder o bo humor. Tamén aproveitamos para estrenar o Single Track que
temos xa preparado para a Ruta do Cocido 2022 que cunha lonxitude duns 2kms ten
algo de todo e de seguro que vos gustará…
Entre unas cousas e outras chegamos o destino xa ben entrada
a noite pero alí o compi Jose xa nos tiña a mesa posta co champán, licores
varios e turrón de todas as maneiras. E alí brindamos, non podía sobrar nada e
así foi… Recollemos a basura e puxemos rumbo o punto de saída, a xeada xa
empezaba a brillar no monte pero os nosos gorros de Nadal mantiñan as nosas
orellas quentes. Todos xuntos co lucerío encendido ben nos poderían confundir
ca Santa Compaña ou con algún ovni… Se nos chega a ver Abel Caballero ben nos
contrataba para pasearnos polas calles de Vigo…
Pasadas a 8 da tarde chegamos de volta o bar Parque, onde a
nosa querida Vanesa nos tiña uns bos pinchos preparados cunhas cervexas
fresquiñas. Para rematar quitámonos de bola
de Bingo e fixémos uns sorteos onde ninguén quedou sen regalo, o mellor unha
cesta de Navidad valorada nuns 100 euros que lle tocou o noso compi Sandro,
esperemos que lle aproveite xa que a meteu no coche e non lle vimos o pelo
mais…
Para o final da festa tiñamos preparados uns trofeos para o
Mais Kamikace, o Mais Escalador, o que Mais Grupo fai e o mais Festeiro
previamente botado en secreto os días anteriores.
Mais Kamikace: Beni
Mais Escalador: Roberto
O que fai Mais Grupo: Pepe Nocelojar
O Mais Festeiro: Mingos
Noraboa os agraciados!!
Agradecer tamén o noso amigo Vallejo a fabricación dos
trofeos de forma totalmente desinteresada.
E ata aquí a nosa xornada de confraternización entre os
membros do clube, unhas risadas, algo de btt, uns pinchos e uns regaliños… que
mais se pode pedir?? O ano que ven mais…
Dende o Clube BttNocelo queremos desexarlle ós nosos amigos
unha Felices Festas e un Prospero 2022. Moito sentidiño e vémonos o dia 9 de
Xaneiro na Ruta do Cocido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario