RUTA MAGOSTOS 2022
Domingo, 30.10.2022
Hai unha serie de rutas anuales que facemos os Nocelos nas
que non se pode faltar, entre elas a xa tradicional Ruta do Magosto. Planificada xa cunhas cantas semanas de
antelación para que todos poidamos facer un oco nas apretadas axendas para
disfrutar do noso deporte favorito e, de paso, darlle un bo homenaxe ós
bandullos para rematar a faena.
Fomos apuntándonos a contagotas uns días antes e aínda que,
alguns faltaron, inda nos xuntamos 11 bikers no Bar Parque para tomar o
cafeciño de rigor antes de sair. A semana anterior as chuvias apareceron de
forma intensa e incluso o día antes a cousa non pintaba nada ben, pero a fecha
estaba posta e non había volta atrás. Pero milagrosamente, este domingo
amaneceu fresco pero soleado e sin posibilidades de choiva, algo impensable
unhas horas antes, o karma desta vez estaba do noso lado…
As 9 da maña (pola hora nova), arrancamos polos sendeiros de
Trasmiras con dirección a zona de Cualedro, por suposto, sin ánimo de ganar
medallas nin moito menos, xa sabemos que tipos de rutas son estas… Sempre
solemos aproveitar este tipo de rutas para ir argallando a Ruta do Cocido, que
xa está en marcha e, se a burocracia non o impide, volveremos a recuperar as
datas de sempre que serán en Xaneiro do vindeiro 2023.
Sin prisa pero sin pausa fomos adentrándonos nos montes da
zona, investigando de paso, zonas que nos podrían interesar para a próxima cita
do btt da provincia. Que no caso que o tempo siga así recomendaremos traer
cestas nas bicis para ir recollendo cogumelos que este ano salen por dúcias na
zona…
Primeira parada para foto e avituallento na capilla do
Castelo para recuperar forzas, que eran muy dispares, entre alguns que levabamos
tempo sin salir e outros que levaban o bandullo revolto por unhas pizzas da
noite anterior, por momentos case
parecíamos a Santa Compaña pero eso sí, sin perder o bo humor e as ganas de
pasalo ben.
Continuamos ata a zona de Penaverde para logo cruzar hacia
Atás con dirección a Nocelo da Pena onde xa non nos atrevemos coa trialera
famosa porque xa íbamos xustos de tempo e, sobre todo de forzas… Poucos kms
pero moito acumulado para tratarse dunha rutiña suave. Pero sempre pasa así
cando o que guía vai desbocado, menos mal que nesta ocasión eramos mais os que
tirábamos para atrás.
Chegados ó pobo xa collemos dirección a Trasmiras para pouco
a pouco ir acercándonos para tomar a cervexa a unha hora prudente, hoxe non era
o día de facer KOM, aínda que algún non
lle importaría facelo…
Cerca das 13.00 chegamos ó punto de partida con 30kms feitos
e cos mais que suficientes 750mts de acumulado nas pernas. Xa merecemos a
cervexa antes de darnos unha ducha no pabellón que, amablemente, nos cedeu o
concello de Trasmiras para quitarnos o barro e poñernos moi guapos para logo ir
o bar Calahorra en Viladerrey onde nos esperaba o resto da familia para comer e
confraternizar todos e disfrutar dunha boa paparota. Apareceron alguns bikers
mais que non se atreverán a facer a ruta pero que non se acojonaron a hora ir
comer, xa que neso estamos todos ben entrenados…
Comer, beber, conversar e moitas risadas para despedir un
gran día, soleado, disfrutando do que mais nos gusta en boa compañía, que mais se pode pedir??
A próxima cita, a Ruta de Navidad, estades invitados/as!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario