II Aventura a Cais da Regua.
Sábado, 27 de Maio 2023
Gran aventura a que nos esperaba! O ano pasado foi a
primeira vez, animados polo nosos amigos de Verín, cando probamos. Quedamos co
mel nos labios do ben que o pasamos e, por unanimidade, xa se converteu en Ruta
“oficial” do clube para facer todos os anos polo que a fecha xa estaba posta
moitos meses atrás… nos días anteriores as tormentas empezaron a soltar auga a
caldeiros, e incluso o día anterior quizás foi o peor, pero nada, a fecha
estaba posta.
Dado que a dificultade da ruta non é demasiado esixente mais
alá dos kms que ainda son ben deles, decidiuse desta vez poñer o punto de partida
dende Xinzo. Tocaba entón, madrugar…
As 6.30 da mañan, cafeciño no Bar Mundial para as 7.00 en
punto arrancar, cos primeiros raios de sol, mais ben de nubes que amenazaban
auga. 10 bikers arrancaron dirección Trasmiras onde esperaban outros dous para
subir ata Baldriz, logo dende ali xa sería todo baixar ata Verín (ou case) onde
se incorporarían o pelotón outros 3.
Como de costumbre en rutas de largo recorrido non podía
faltar nas mochilas o licor, os chourizos, salchichón, bocadillos e algo de
trapallada desa de geles e barritas, das que engañan o corpo pero quedan ben no
bolsillo dun ciclista pro… Por suposto tamen levabamos auga, anque algún logo
se deu conta de que solo valía para cargar mais peso nas costas…
Chegados a Verín, o pelotón estaba completo e collemos a
Ecovía que nos levaría dereitiños a frontera portuguesa, bueno, dereitiños de
todo non pero case. O guía desta vez fixera os deberes e non houbo moita
confusión nos cruces polo que nun chis xa estábamos no país veciño. Cruzamos
Chaves e collemos un cacho de asfalto ata chegar o verdadeiro punto de partida
da Ruta do Corgo, unha antiga vía de tren convertida nunha senda verde para disfrute de calquer
persona que aprecie a natureza. Nos como ciclistas por suposto que apreciamos a
natureza e todo o que nos da, por exemplo as cereixas, que neste tempo, xa
sabemos como están e no gps tiñamos algunha que outra marcada como primeiro
avituallamento obligatorio.
Por suposto, o ritmo era tipo excursión anque por momentos
os mais pros se lle iban as pernas e non podían aguantar as ganas de dar algo
de lume, eso si, cada vez que chegabamos a unha población era parada
obligatoria porque como xa sabedes, no ciclismo
non se pode esperar a ter sede, hai que beber ainda sin ganas para non
desidratarte e eso é algo que o temos grabado na cabeza e cumplímolo a
raxatabla e sin discusión. Asique, paradas obligatorias en Vidago, en Pedras
Salgadas (aquí choveu un chis e tivemos que meternos no bar a dar conta dos
chourizos), Vilapouca de Aguiar e Vilareal e, entre medias, se había algunha
taberna pois tamen, claro.
A todo isto as horas iban pasando e a chuvia iban dando
tregua e incluso, de vez en cando saía o sol, todo apuntaba que podríamos
chegar sin mollarnos a destino, o karma estaba do noso lado… Entre fotos,
cervezas, panachés e moita risa iban caendo os kms. Cada vez que alguns se
distanciaban paraban os poucos kms para reagruparnos…
A falta de poucos kms para a meta, xa se empezan a ver os
espectaculares paisaxes de viñedos e olivos por todo o monte que nesta época
están dun colorido que non deixa indiferente a ninguén, bueno algún que outro
si porque levaban présa e non podían levantar a vista do camiño porque é
bastante bacheado… terán que volver outro día con mais calma…
Sobre as 7 da tarde chegamos a destino e cruzamos o último
puente do tren para entrar en Cais da Regua donde logo da cervexa de
recuperación nos esperaba unha boa cena. Decir outra vez que o karma estuvo do
noso lado toda a ruta e non empezou a chover auga a caldeiros ata que nos
puxemos a cenar no restaurante, xa non había peligro… Antes unha lavadela no
río e cambio de roupa, gracias a muller do noso biker Toño, Rita, que tuvo a
amabilidade de levarnos as mochilas da roupa no coche.
Mentres ceabamos entre risas e bacallau as bicis lavábanse
fora e quedaron impolutas coma se foran sacadas da tenda, día redondo…
Logo o noso chofer de Autocares Calahorra xa nos estaba
esperando para regresar ó noso país, houbo que facer algo de Tetris para
conseguir meter todas as bicis no autobús, eso sí, as de carbono tuveron que ir
arriba cos donos non vaia ser que se raiaran…
O camiño de volta mais risadas e cántigos, a non ser o noso
presidente que iba “meditando” cos ollos cerrados xa que ó dia seguinte tiña
que ir para a mesa das votacións. Varias paradas para deixar os bikers e todos
para casiña despois dun día longo pero divertido. Alguns chegaron a casa cas
bicis enteiras e outros con rodas dun e bici de outro, o caso é que todos
levamos algo para casa e no autobús non quedou nada…
Que gran día rapaces! Unha ruta recomendable para calquera
para facer en grupo, 165km dende Xinzo dan para moitas risas, anécdotas, fotos,
paisaxes, btt, compañeirismo… en fin, anos de vida…
Esperando xa a próxima!
Vémonos no monte…